1 de fev. de 2009

Patria ou morte


Durante cinco horas, un grupo de arredor de quince persoas (por chamarlle dalgún xeito) vandalizaron a sede da Asociación Israelita de Venezuela. Logo de amordazar a dous vixilantes, destrozaron a sinagoga, profanaron a habitación onde se gardaban os libros sagrados, e escribiron nas paredes cousas coma "fuera, muerte a todos", "Israel, maldito, muerte", ou a que se le na imaxe. Cando remataron, leváronse consigo os equipos de vixilancia onde se rexistraban as gravacións da cámara de seguridade. Durante as cinco horas, de dez da noite ás tres da mañán, non apareceu ningún policía.

O vicepresidente da asociación, David Bittan, declarou que é un paso máis na escalada de acoso: "El 21 y 22 de enero un grupo motorizados estuvo haciendo unas pintas a las afueras de la estructura y lanzaron objetos hacia el interior del recinto". Tamén advertiu que algúns membros da comunidade estaban a ser fotografiados por descoñecidos cando se achegaban ás súas sinagogas.

O secretario de comunicación da Federación de Comunidades venezolana, Daniel Banaím relatou que "jamás hubo un caso semejante. Parece bien planificado. No son simplemente ladrones. Fué algo organizado. Temíamos que algo así ocurriera. La atmósfera de la prensa oficial se volvió cada vez más en contra de Israel y los judíos. Cientos de artículos y publicaciones, carteles en la vía pública, volantes antisemitas".


O día antes, o diplomático venezolano Nicolás Maduro atacou duramente ás declaracións feitas por Abrahm Levy, presidente da Confederación de Asociacións Israelitas de Venezuela (CAIV), no Congreso Xudeu, segundo as cales o goberno venezolano está a promover o antisemitismo. Segundo Maduro "es un discurso gastado cuando cada vez que algún país critica a los gobernantes de Israel pasa automáticamente a engrosar la lista de antisemitas".

Do mesmo xeito, amosouse ofendido pola suposición de que o Goberno de Hugo Chávez estivera a dar apoio a Hamás e Hezbolá, e considerouno unha "campaña perversa" de seitores vencellados a "élites que gobiernan Israel contra el gobierno del presidente Hugo Chávez por las posiciones de dignidad y justicia asumidas durante el ataque depiadado y criminal contra el pueblo palestino".



Nenhum comentário: