Cambio no réxime dos comentarios
É unha medida que me desagrada tomar, e quenes coñecen o blogue dende hai tempo saberán que nin modero os comentarios nin borro ningún despóis, xa sexa firmado ou anónimo. Sen embargo, hai algún tempo que as posibles repercusións que dos comentarios, sobre todo dos anónimos, se poida acarrexar, se convirteu nun tema a ter en conta. Con esta nova, finalmente, acabo de decidirme a dar o paso.
A partir dagora, os comentarios pasarán a ser moderados antes da súa publicación. Repito que é unha medida que non me gusta, e coma se puido comprobar repetidas veces, nin cando as formas se perderon por completo, e iso pasou con frecuencia, puxen coto á liberdade de todos os leitores. Lamento ter que mudar o réxime, pero á vista do que está a pasar pola rede adiante, prefiro curarme en saúde.
Nenhum comentário:
Postar um comentário