26 de set. de 2007

A conversión de Battiato

Veño de enterarme de que o meu prezado Franco Battiato abrazou o credo islámico. E estou algo cabreado, isa é a verdade, porque a páxina na que o lin (e que prefiro non enlazar, non merece máis publicidade) mofábanse del por iso. O blogue onde se conta, que descubrín hai apenas dous días, adoita a recoller información sobre os excesos que no mundo se cometen en nome do Islam. Coma pro-israelí e filo-xudeu que son, é un tema que me interesa. Máis mofarse dalgúen porque, libremente, decida aceitar un ou outro credo, por mor da súa evolución persoal, é unha falta de respeto en toda regra. Denota, ademáis, unha xeralización abusiva pola cal todolos crentes musulmáns son criticables só polo feito de selo. Iso non é unha crítica lexítima, iso é islamofobia. Mal imos por ahí.

Coma pequena homenaxe ao gran Battiato, queda aquí o video da canción da que tomei o nome deste blogue e a frase da cabeceira.

Nenhum comentário: