Hadas Dagul
Abondou con oír unhas poucas cancións dela, as que dei atopado na rede, para que Hadas Dagul pasara a ser a miña cantante favorita, de entre as novas voces israelíes que coñezo.
Nada en Xerusalén no 1984, xa con seis anos comenzou a tocar a guitarra, completando logo a súa formación estudando guitarra clásica na Jerusalem Academy of Music High School, un centro de gran sona no páis.
Durante o seu servizo miltiar foi destinada a unha banda que animaba os momentos de ocio dos soldados, e foi neste periodo que coñeceu a quén a había de acompañar no seu primeiro disco, o compositor de música para películas Ori Vidislavski. Co patrocinio deste útimo, Hadas publicou no 2003 o seu debut, Seret Eelem (Película muda). Algúns dese temas poden escoitarse no seu MySpace.
O seu estilo nútrese da música tradiciona grega, así coma das cancións árabes que Hadas escoitaba xunto co seu avó cando era nena. A canción que da título ao álbum, cun ritmo moi suave, di así:
Vida de actividades de verán
casas rosadas sobre montañas verdes
unidas coidadosamente;
isto é todo o que me deixastes.
Tratando de captar un momento
que existe só nas revistas;
isto é todo o que me deixastes.
No momento no que escribo isto hai tres vídeo dela no Youtube. Dous deles son sobre a súa canción Todas as cores, en sendas actuacións en directo, e o terceiro é o videoclip do seu tema Bahgdag.
Bahgdag.
All the colors (en vivo)
Nenhum comentário:
Postar um comentário