28 de ago. de 2008

As caras de Zaafra: retratos masculinos

O artista David González López (Granada, 1948), de nome artístico Zaafra leva dende a súa colaboración nas obras de restauración da Gran Sinagoga del Carrer de la Forca (Call de Girona) vinculado á recuperación e fomento da cultura xudía.

Para a sinagoga, daquela coñecida coma Centro Cultural de Isaac el Cell e que hoxendía alberga o Centro Bonastruc ça Porta, Zaafra, que conta con ascendencia xudía por vía materna, ademáis de traballar coma pintor e arquitecto técnico, elaborou para o patio dos rabinos a célebre Estrela de David. Logo desta obra, feita por encargo dos anteriores propietarios, Jordi Puig e Joseph Tarrés, o xardín pasou a ser coñecido coma o Patio da Estrela.


Autor: Xavier Tugas.

Zaafra conta cunha serie de cadros inspirados no Cantar dos Cantares que amosan, por unha banda todo o erotismo e intensidade do libro bíblico, e pola outra detalles da vida cotiá narradas no texto. Penso que non fai falla ser crente para apreciar a beleza dun texto relixioso, nin das evocadoras imaxes que o pintor extrae das escrituras.

Neste post, tócalle o turno ás imaxes da segunda clase, coma os anciáns ou os homes máis xóvenes que aparecen debaixo tocando o xofar:




Nenhum comentário: