18 de abr de 2007

Unha anécdota

Mentres non se da unha solución definitiva para o Caso Valadés, vou contar unha anécdota que demostra canta razón tiña aquela canción de Marisol.

A historia é ben coñecida; aconteceu xa hai moitos anos, cando durante unha celebración do Día da Patria un grupo de persoas lle prendeu lume a unha bandeira española. Naquel momento, Francisco Rodríguez atopábase no lugar, e foi detido por ter participado (supostamente) na queima. Convén lembra que, naquel momento, ese delito estaba tipificado con seis anos de cadea.


Naquela época, o proceso estivo rodeado dunha forte polémica; o certo é que, á marxe da opinión que cada quen teña del, non parece moi normal que ninguén vaia preso por iso. Pero o proceso estaba en marcha, e a posibilidade de que acabara na cadea era algo real. O asunto foi tratado na Audiencia Provincial da Coruña, e as testemuñas estaban divididas entre os que negaban os feitos e os que os confirmaban. Así, seis militantes do BNG declararon a favor do imputado, e outros tantos policías fixeron o propio para acusalo. As cousa estaban tan xusta que se decidiu recurrir a un terceiro imparcial, alguén de quen o tribunal estivera seguro de que non tiña interés no proceso.

O elexido para desempatar foi un xoven xornalista que daquela traballaba para La Voz de Galicia. Entre os seus compañeiros de profesión, el era a fonte máis fiable para saber cantos manifestantes había en cada mobilización e, por motivo do seu traballo, atopábase alí o día dos feitos, coma un terceiro imparcial. Os días previos á súa comparecencia, os xornais incidían na relevancia que tiña a súa testemuña, posto que, ó se-lo único que non tiña preferencia por ningunha parte, era a declaración á cal o tribunal lle ía dar máis importancia.

O xornalista acudiu a xuízo e, para sorpresa de todos, declarou que Francisco Rodríguez non estaba entre os implicados na queima. Declarou que el, que estaba alí, vira claramente coma o imputado non se atopaba entre quenes lle prenderan lume ó símbolo da unidade de España. Como consecuencia desa declaración, o tribunal dictaminou que non había probas dabondo coma para condealo, e consecuentemente, absolveu ó imputado.

A historia non tería o maior interes de non ser que ese anónimo benefactor foi Miguel Boo, que, cousas da vida, é Socio Fundador e actual Secretario da Asociación Galega de Amizade con Israel.

É unha tómbola, é.

9 comentários:

Anônimo disse...

Hai que agradecer a un xornalista que diga a verdade nun tribunal???
Que hai de tómbola nisto???
Que ten que ver esta anécdota co caso Valadés?

Julicheiro disse...

Esta pequena historia non inflúe para nada no asunto que estamos a tratar, pero non me negará que é ben curioso que quen librou a Francisco Rodriguez de ir á cadea sexa agora membro da AGAI.

E non se trata de ir contra Francisco Rodriguez, nin contra ningúen; é unha anécdota que amosa as voltas que dá a vida. Sen máis.

Joam disse...

Miguel Boo fixo o que tiña que facer, estivo a altura das circunstancias e todos gañamos co seu actuar Paco Rodríguez e os seus camaradas de partido non están a altura das circunstancias, e con xente así toda a sociedade perde. Anónimo non lle restes imporancia a testemuña de Miguel Boo, cantas veces non se fai xustiza porque as testemñas dun, polos causas mais inauditas, neganse a ir a declarar, sinten como unha agresión que se lles cite a un xuizo para declarar sobre o que viron e acabn moitas veces facendo declaracións que queren perxudicar ás victimas.
Houbo alguén que nun claro acto de apoloxia do terrorismo, pideu que Irán arroxase a bomba atómica contra o pobo de Israel. Moitos o escoitaron pero cantos estarían dispostos a declarar que asi foi diante dun Tribunal...

Anônimo disse...

Vese que te levas moi ben coa prensa, como xa tes demostrado ti e o teu amigo Valades.
Topos !!
É unha magoa que haxa xente coma vos dentro do nacionalismo. Vendidos a prensa. Seguro que estás orgulloso.
A túa xenreira hacia a UPG é tremenda.
Porque non corres aos medios a contalo como faría o Sr. Valadés.
Porque non, anda corre, que seguro que maña saes nos medios.
Que tremendo!!!

Carlos compostela disse...

Que campaña é esta de misturar BNG e sionismo. E casualidade? ¿Quen está a articular toda esta vaga no estado español apos do sionismo.
Qué obsesión con sentirse vitima, e que a gusto están algúns nese papel de vitima, é a razón da súa existencia.
A vida é unha tómbola

Anônimo disse...

E dicer cun membro de AGAI, e xornalista la Coz de Galicia, e ademáis é o contacto do Gomez Valadés para filtrar todo a prensa.
¡¡Aclarado!!!

Julicheiro disse...

Miguel Boo hai xa quince anos que non traballa en ningún xornal. Try again.

Anônimo disse...

This is not a combat. Gomez Valades does not have credibility

Julicheiro disse...

Then... that you are you doing here? :D