25 de abr. de 2007

Vintecinco de Abril

Non podía deixar pasalo; hoxe a rede énchese de craveis para celebra-la Revolución na que os portugueses se liberaron do fascismo paternalista. Un exemplo que ler, oír, e ollar.

17 comentários:

Anônimo disse...

julicheiro, é unha magoa que tu e o teu amigo Pedro Valades, estrella mediática, estedes a facer tanto daño. Quixera aclarche varias cousas, xa que entendo que tamén eres militante do BNG de Vigo:

- É miserable sacar fora da organización o que se debate dentro dela.
- É miserable facer das opinios dos militantes, as opinions do BNG.
- É miserable filtrar todo a prensa, mentiras. Estades a utilizar a organización para a propaganda de AGAI.
- É miserable que o vitismo co que se vende o Gomez-Valades.

E para rematar onde están as resolucions ou actos do BNG de Vigo onde poidamos ver esa persecución.

Isto non é máis que escenificación das miserias humanas dun home, con moito ego, sen ningún tipo de escrúpulos.
Agora haino que botar, pero non por ser sionista, senon por sinverguenza é mala persoal

J. disse...

Non; o miserable é que todo isto chegara tan lonxe.

Eu non vou disculparme por ter sacado á luz pública os entresixos desta caza de meigas, desta purga política disfrazada de ortodoxia.

Todos somos militantes do BNG e queremos o mellor para o nóso país. E esta clase de atitudes seitarias pinta pouco no país que moitos queremos construír entre todos.

O que perxudica ó BNG non é a sana discrepancia, senón a obsesión polo control duns cantos, ós que non lle importa fundi-la organización con tal de permanecer no poder.

Isto é unha tolemia dende o principio, e o máis prudente sería dalo por finalizado canto antes. Seguimos agardando.

Anônimo disse...

Xa ten demostrado vde., aquí e noutros lugares, o escaso respecto que lle ten a Anxo Quintana. Con todo, as palabras deste ("non está expedientado nin vai estar"), ¿non merecerá creto ningún?

"Seguimos agardando" é unha boa frase. Lástima que se complemente continuando a campaña en plena campaña electoral. Campaña si, que se non estamos nela, pouca diferenza haberá.

Ben sabe vostede cal é a miña posición en relación con Pedro Gómez-Valadés, o tema palestino-israelí e as diversas actitudes posibles ante el, desde a esquerda. En efecto, isto é unha tolemia dende o principio, e o máis prudente sería dalo por finalizado canto antes. Lástima que certos feitos desmintan as palabras; a estas alturas, xa non sei ben o que queren, ou peor: que é o que realmente lles importa.

J. disse...

Quintana tivo dende o principio unha atitude errática e cobarda, negándose a colle-lo touro polos cornos. O pouco respeto que lle teño é algo que el se gañou a pulso. E non creo que eso o invalide para lidera-lo Bloque, pero neste tema en concreto non puido facelo peor.

Polo que respecta ás pretensión, está claro: o único que queremos é que se garanta que non se van a tomar medidas logo das elección. Nada máis. Tampouco nada menos.

E deixeme que lle diga unha cousa; case nunca concordo con vostede, pero sempre leo con atención os seus comentarios. Quero que saiba que, anque neste tema esteamos enfrontados, non por iso deixo de sentir respeto polas súas valoracións, e que o feito de que isto chegara tan lonxe non é algo que a min nin ós membros da AGAI lles agrada. É desagradable, moi desagradable, ter que chegar a estes extremos de enfrontamento cos demáis compañeiros por un tema que podería terse resolto cunha chamada de teléfono.

Anônimo disse...

Dubido que sexa tan fácil, á vista dunhas posturas e das outras. Coido, por outra banda, que as palabras de Quintana (por certo, prudente e lúcido para min) aclaran a situación de maneira notoria. E non encontro peor momento ca este para seguir movendo o espantallo.

Que conste: co último dito non me refiro en absoluto á presenza de Valadés no acto de Madrid, iso pode ser perfectamente lóxico; que membros do BNG, xunto con outros notorios acompañantes, anden sacando aínda cartas aquí, a fins de abril, é cousa radicalmente diferente, e o dano político tan notorio que non vou insultar a intelixencia de ninguén puntualizándoo.

Por último: Abril sempre. Entro agora no blog para reparar o meu esquecemento anterior e para pedir desculpa por el. Ante a resposta, puntualizo.

Anônimo disse...

Se isto chegou tan lonxe imaxino que o Sr. Gomez Valades terá algo que ver. Falas de fundir a organización, ja, ja........non e Gomez Valadés o que non perde o tempo en filtrar con nomes opinións persoais emitidas nunha asamblea.

"eu non vou disculparme por ter sacado a luz......"
hai que se cínico e prepotente.
Fala de seitarismo.
¿Non é lícito que uns militantes consideren que non debes militar no BNG?
¿ A caso non hay un procedemento a seguir nestes casos?

Onde están as resolucións do BNG que verifiquen esa suposta persecución?

Este home non deixa de ser un poble diablo. Imaxino que este despertar sionista tivo que afectarlle a súas neuronas.
Como se pode levar o debate a prensa, hai que ser mezquino. Fraco favor lle fai ao nacionalismo e a Esquerda Nacionalista.

Sobre o respecto de Quintana decir, que o BNG non está formado por órganos unipersoais, ¿poqué ten que contestar Quintana? será, se procedra o caso os organos do BNG.
Só se entende isto, porque o señor Valades está a utilizar o BNG para o seu autobombo e para publicitar a súa asociación.
Calquera día vemolo espido en Interviu ou nalgún programa do corazón.

¡¡¡miserias humanas!!

Anônimo disse...

Como pode decir que non lle agrada que isto chegar tan lonxe,a estos extremos; ¡¡¡Hai que ter un fuciño!!!
Que capacidade para sentirse vitima.

Anônimo disse...

perdón polo de mezquino e cínico, non procede, pero non soporto a demagoxia.

Anônimo disse...

perdón polo de mezquino e cínico, non procede, pero non soporto a demagoxia.

J. disse...

A ver, imos por partes:

En primeiro lugar, prezado Lugúes: anque o dito por Quintana parecía dar a entender que non se ía a tomar medias contra ninguén, entendemos que a situación exixía un desmentido claro. Como tal cousa non aconteceu, hai uns días apareceu a carta á que alude solicitando tal cousa. E nada máis. Se logo diso algúen continúa con esta campaña, xa lle adianto que eu me desvinculo. A miña solidaridade co implicado durará ata o momento no que se garantan os seus dereitos; máis non. E Abril sempre, claro que si.

Ó anónimo que ven a continuación: di que se isto chegou lonxe foi porque Valadés tivo algo que ver. E ten razón; se isto saíu á luz pública foi porque uns cantos amigos, compañeiros, ou meros simpatizantes del decidimos que a decisión do Consello Comarcal de Vigo de tramitar a súa expulsión fose feita pública.

Non é ningún segredo; de feito, a nova adquiriu relevancia a raíz de que alguén chuzara o meu post de denuncia (http://chuza.org/historia/upg-tenta-expulsar-membro-do-bng-por-pertencer-a-asociacion-pro-israeli/). E fixémolo porque entendemos que era un asunto demasiado grave coma para que pasara desapercibido. De feito, a reacción pública así o demostrou.

Cando digo que lamento que isto chegara tan lonxe non me refiro á súa difusión pública, á que eu contribuín de maneira notoria, senón o proceso de expulsión. Primeiro pediuse por activa e por pasiva que non continuasen, pero fixeron caso omiso. Logo, comunicóuselle ó Portavoz Nacional que intervira para aplacar os ánimos, pero preferiu manterse ó marxe.

Fixese que, á altura á que lle estou a falar, o asunto era algo que comenzaba a debatirse na blogosfera galega, pero que non acadara nin de lonxe a dimensión que agora ten. Era un asunto, poderíamos decir que "local". Con paralo todo daquela, a xente tería falado disto un par de días, e logo teríao esquencido. E nós tamén.

Pode que non me crea, e comprendo que así sexa, pero asegúrolle que o desexable tería sido que isto nunca acontecera. Agora ben, unha vez que comenzou, e non foi detido a tempo, nin Valadés nin o seus compañeiros íamos quedar de brazos cruzados vendo coma a UPG pasaba por riba dos estatutos para desfacerse dun rival político. Defendemonos coa arma que tiñamos: a publicidade. De poder paralo doutro xeito, isto nunca se tería difundido. Asegúrollo.

Para o groso da militancia, este asunto foi visto dende o principio con extrañeza, para pasar logo á hostilidade conforme ía medrando a bola de neve. Non gusta no mundo BNG que as cousas saian á luz, e é comprensible, ata certo punto, tendo en conta a atitude hostil que dende certos medios de comunicación se ten cara o nacionalismo. Pero o que a xente debería analisar é quen decidiu que a pertenza de Valadés á AGAI fora un problema, comenzando así todo isto.

Di que isto se fixo para acadar publicidade da AGAI; a asociación levaba xa dous meses e medio formada cando isto estalou, tempo durante o cal a maioría da xente nin reparara na súa existencia. Acórdome de que saíra en Vieiros e en Chuza, falárase un pouco, e xa está. A inmensa publicidade que acadou foi un agasallo da UPG, que a puxo no mapa no momento en que decidiron comenza-la súa particular Intifada. Teño unha amiga que sempre di que odiar a alguén é darlle demasiada importancia. A importancia que acadou a AGAI foi consecuencia do odio que espertou, e non do seu afán por significarse.

Con respeto ós decalificativos, comprendo que estea furioso. Esto foi (está sendo) unha proba de lume para o nacionalismo galego. A presión que o BNG está soportando está a ser moita, e é moi fácil botarlle a culpa á cabeza visible da polémica. Sen embargo, os responsables disto son os membros do Consello Comarcal de Vigo que decidiron por en marcha esta iniciativa demencial. Só que eles cubríronse ben de saír na prensa, mentres que Valadés non tivo problema en acudir a onde fora para falar da súa situación.

Logo de tantos anos sufrindo o acoso da prensa, no BNG adoitamos a actuar coma na lexión: cando nos atacan, todos a un, teña ou non razón. Cando Valadés sinalou co dedo ó Consello Comarcal de Vigo, a reacción natural do BNG foi facer unha piña ó redor de dito Consello. Sen embargo, habería que pensar quén comenzou isto, e non quen se defendeu coma puido. Discrepar cunha decisión arbitraria dun órgano do BNG non é ser mal militante, nin mal patriota; en todo caso, penso que é mellor que seguir a raxatabla o que digan os órganos, porque por moi democráticos que sexan, todos nos equivocamos, coma penso que é o caso.

Deixeme que lle diga que creo que a UPG xogou moi ben a carta de alporizar ós militantes, presentando a queixa pública de Valadés coma unha agresión ó Bloque. "Se che meto un dedo no ollo e te queixas eres un chivato"; ese foi o razoamento.

Por último, Vigués: o seu comentario xa aparece respostado arriba. Se entendeu que o que me desagradaba era que a difusión chegara tan lonxe, normal que crea que son un carota. Ademáis, sería un moi mal mentiroso, porque so hai que mirar os post dos últimos dous meses para ver ata que punto, dende este blogue, eu mesmo contribuín a divulga-la situación.

Anônimo disse...

Ah! o de Madrid con Rosa Diaz, Múgica, Pilar Rahola,etc. Todos recoñecidos pola súa fidelidad e comportamento exquisito coas súas organización respectivas.

! E que xuntanse todos !
E o pobreciño do Gomez Valadez, dando pena e soltando bagoas nas súas ombreiras.

" Ahí llega el galleguito perseguido por los Torquemadas. Que valiente, un aplaudo!! Y para que lleve mejor las penas le ha tocado un VIAJE A ISRAEL.......
¡¡BRAVO!!

En fin.....

Anônimo disse...

É treemnda a caàcidade de facer demagoxia que algún ten. Non gusta a nova... matamos ao mensaxeiro e punto. Quintana? Quin non é ninguén sen a publicidade da súa vicepresidencia e sen o DOG. Ninguén. Os que o teñen secuestrado si son os donos do chiringuito. Hai algúns anos decidin darme de baixa do BNG precisamente por todo isto. Non me sorprende a actitude totalitaria e fundamentalista da UPG e dos seus satélites. En absoluto. O que me jode é o silencio do resto. Porque agás casos moi, moi contados (Rama Trillo no Correo é un dos poucos) ninguén ten a valentía de dicer que todo esto é unha barbaridade, impropia dun partido no goberno da Galiza. Votarei BNG porque non me queda outra. Ese, esa é a desgraza do noso país. E por último, non sei como interpretará Valadés a circustancia de que ate despois das municipais non se resolva o affaire... a min tenme moi mala pinta. Se o expulsan, fágome socio de AGAI. Feliz 1º de Maio.

Anônimo disse...

Simple xudeofobia disfrazada de antisionismo. Pura e simple. Pero como pode un nacionalista non ser solidario co nacionalismo xudeu? Hai sionismos de dereitas, de centr, de esquerdas, pero para o nacionalismo galego ningún vale. Eu son galego, son nacionalista e como tal, solidario co pobo de Israel. Un saúdo polo 59 cabodano da súa Independencia.
Xoan Salgado

Anônimo disse...

Repito, non atopo quen defenda o xeisto de actuar de Gomez Valadez
- É miserable sacar fora da organización o que se debate dentro dela.
- É miserable facer das opinios dos militantes, as opinions do BNG.
- É miserable filtrar todo a prensa, mentiras. Estades a utilizar a organización para a propaganda de AGAI.
- É miserable que o vitismo co que se vende o Gomez-Valades.

Por certo, non mudemos de tema, o da upg e outro debate.
Claro que da moitos apoios dicir, que un e vitima da upg.
E despois andan a pactar, cos do movemento pola base, (escision da upg, por entender que esa abraza a socialdemocracia).
Pero claro non interesa decir que o Sr Gomez Valades pacta co movemento pola base, cando son eles os que piden a apertura de expediente (algo lexítimo).
Hai un dito galego para definir o comportamento do PGV "Vai con uns a feira e volta con outros".

Anônimo disse...

Sr. Xoan Salgado, o debate para nosa desgracia xa non é: Israel si, Israel non.
O debate é o comportamento que está a ter o SR. PGV citando nomes de militantes que falan nas asembleas -acertado ou desacertadamente- e ben os seus nomes ao día seguinte na prensa.

Anônimo disse...

Sr. Xoan Salgado, o debate para nosa desgracia xa non é: Israel si, Israel non.
O debate é o comportamento que está a ter o SR. PGV citando nomes de militantes que falan nas asembleas -acertado ou desacertadamente- e ben os seus nomes ao día seguinte na prensa.

J. disse...

Desviar o tema é o que se está a facer estes últimos días. Agora xa non hai que votalo por sionista xenocido de nenos; agora é porque filtra nomes á prensa. En todo caso, por disidente, por traidor.

E que o da UPG sexa outro debate é a primeira noticia que teño; quen comenzou isto, quen fixo disto un problema?. Agora resulta que eles pasaban por alí e a culpa é de que Valadés é socialdemócrata pero pacta co MpB porque vai con uns á feira e volve con outros. Ah, e ademáis é un demagogo que calquera día posa no Intervíu (espero que non, a estima que lle teño no chega tan lonxe). Sí, iso ten moito máis sentido.

Unha vez perdida a batalla mediática sobre a súa pertenza á AGAI, hai que meter baza por outra banda. A min ocúrreseme unha excusa moito máis boa que a de que filtra nomes (en todo caso, cónstame que non é el quen os filtra, pero da igual). A ver esta: hai un fulano en Vigo que, encabezando unha candidatura alternativa á da UPG ás eleccións comarcais resulta que obtén nove membros de vinte posibles, isto é, o 45%. Vamos, que estorba. Porque se sumando UPG, MpB, e Quintanismo non se barre, haberá que buscar unha solución, non? É unha boa teoría, eh?

Por suposto, calquera parecido coa realidade é pura coincidencia.