28 de jul de 2008

Cales son os países que máis aplican a pena de morte?

Ademáis de descubrir que o contintente americano estaría libre da pena capital se non se aplicara nos EUA, e que Bielorrusia é o único país europeo en manter esa sanción, o último informe anual da asociación Que ningúen toque a Caín, encamiñada a conseguir a abolición da pena de morte, amosa outros datos que non por agardados son menos terribles. Segundo os datos presentados pola deputada italiana e redactora do informe Elisabetta Zamparutti:

Os países mantedores da pena de morte son agora 49, eran 51 en 2006 e
54 en 2005. Maila iso, aumentou o número de execucións a escala mundial,
pasando de 5.494 en 2005, a 5.635 en 2006 e a non menos de 5.851 en 2007. A causa deste significativo incremento débese en especial á escalada das execucións en Irán -onde aumentaron nun terzo- e en Arabia Saudí, onde se cuadruplicaron. (...)

Dos 49 países mantedores da sentenza capital, 39 teñen gobernos dictatoriais, autoritarios ou iliberais, nos que se cometeron polo menos 5.798 execucións, equivalentes ao 99% do total mundial. Sobre o terrible podio dos grandes executores figuran tres de éstos países: China, Irán e Arabia Saudí. (San Antonio Newspaper)


Estas son as cifras oficiáis, máis hai que ter en conta que determinados Estados ocultan as estadísticas reáis dos executados, co que é posible que o número definitivo sexa maior.

Nenhum comentário: