21 de jul. de 2008

Información versus propaganda

É a nova do día: o vídeo que amosa a un soldado israelí disparando unha pelota de goma no pe dun mozo palestino atado de mans e cos ollos tapados. É unha vulneración clara dos dereitos dun detido, sexa quén fora o autor ou a vítima. O soldado que cometeu a agresión, coma en calquera país democrático que se prece, xa foi detido e será xulgado polo seu abuso.

Antes de seguir, aclarar que son favorable á campaña de distribución de cámaras da ONG Bet Selem. Coido que é necesario que, cando se producen abusos por parte das IDF, éstes sexan recollidos. Maila que darlle cámaras aos palestinos é arriscarche a que che monte un (outro) Pallywood, coma é habitual, se en ocasións serven para recoller estos feitos indesexables e lograr probalos en xuízo, terán un efecto positivo. Dixen e manteño que en ocasións é necesario recurrir á violencia, máis que a crueldade é por definición rexeitable, e a acción deste soldado do Tsahal entra de cheo no terreo do reprobable.

Acontece coa laboura das ONG israelíes, coma de xornáis que leo e me gustan coma o Ha´aretz, que recollen e tratan temas duros cunha tónica hipercrítica co Estado porque parten da base de que todo o mundo ten un coñecemento real da situación. Cando un israelí le as críticas furibundas que se recollen nese ou noutros xornáis contra o seu Goberno, xa está afeito ao terrorismo palestino, o islamismo sirio-iraní, ou a podredume da ANP, por poñer tres casos. Son autocríticos pero ao mesmo tempo son plenamente conscientes de que a maior parte da responsabilidade está no bando árabe. Pola contra, cando os medios de comunicacións ocidentáis recollen esta clase de feitos tenden a descontextualizalos para amosalos coma a proba definitiva da maldade sionista. Xa non é unha atitude criminal no marco dunha guerra, senón, coma apuntaba un compañeiro de fatigas hai unhas horas, unha instrumento para deslexitimar a todo o exército e, indirectamente, ao conxunto das institucións dun Estado que, non convén esquencelo, segue estando moi por riba de calquera dos seus veciños.

En todos os titulares que lín sobre o tema se omiten dous datos cruciáis: por unha banda, o disparo efectuóuse cunha pelota de goma, coma as que empregan os antidisturbios na miña cidade, ou en calquera outra de Europa cando teñen que disolver unha manifestación violenta. Por outra, que se lle disparou no pe, e non no tronco nin na cabeza. O resultado é a magulladura que a vítima ensina nesta fotografía do Yedioth Ahronot:

Pola contra, calquera que lera os titulares da prensa española levaría a impresión de que o home rematou moito peor do que se ve na imaxe. Sen ir máis lonxe, no da Cadena Ser (Vía Chuza!): "Una ONG revela un vídeo en el que un soldado israelí dispara a bocajarro a un palestino".

A verdade espída é que, mentres se disolvía unha manifestación, un soldado cometeu un abuso inaceitable. Coma é normal na democracia israelí, o soldado xa foi detido e será xulgado polo que fixo. O que aconteceu non foi moi diferente a cousas que, por degraza, non ocurriran xa antes en calquera democracia europea. É un abuso das forzas e corpos de seguridade, máis non o delito de lesa humanidade que están a presentar os medios.

Mentres tanto, a reacción da sociedade israelí foi de vergoña e condea. Se o soldado fora de Hizbolá ou de Hamás, xa lle terían posto o seu nome a unha escola. Mal que lles pese aos nosos nazis, a un extremo ou outro do espectro ideolóxico, hai unha diferencia sustancial entre a sociedade (e o Estado) que condea a quén actúa cunha violencia inxustificada e quenes celebran con entusismo o sadismo máis extremo.

Eu entendo que un xornal é unha empresa, e que polo tanto viven de vender noticias. Entendo tamén que, nese comercio, hai que ofrecerlle ao público o que éste demanda. Máis aínda sabendo todo isto, a tabloidización da nosa prensa é un fenómeno ao que non consigo habituarme.

Onde queda, en casos coma éste, a ética profesional que se lle supón aos xornalistas?

Nenhum comentário: