23 de jul de 2008

Un goberno de unidade para Israel?

A Ministra de Asuntos Exteriores israelí e candidata ao liderazgo do Kadima, Tzipi Livni, acaba de lanzar un órdago que pode supoñer un auténtico revulsivo na política do seu país. Livni declarou o pasado martes que, se gaña as primarias no seu partido, fará un chamamento a Netaniahu e a Barak para formar un goberno de unidade xunto cos laboristas e o Likud.

A idea é formar unha gran coalición entre as tres grandes forzas políticas israelíes, na liña da gran coalición entre socialdemócratas e democristianos en Alemaña. Con esta medida Livni intentaría superar a crise institucional e a falta de credibilidade na clase política que atravesa o país dende a Guerra do Líbano, e máis en concreto, dende o varapau que para o Goberno de Olmert supuxo o informe da Comisión Winograd.

Nas mesmas declaracións, a candidata fixo valer os seus méritos na súa labor diplomática, fronte ás acusacións de non ser quén de traballar baixo presión, ou pola súa suposta pertenza ao Mossad no pasado:

My life story is open to everyone, including my political and security experience. In recent years I was a partner in the government to reaching significant political and security decisions, including Resolution 1701, and I wish to be judged on the basis of those decisions (Ha´aretz)

3 comentários:

Fernando disse...

Parece que Livni se peleó con Olmert. Ayer él la llamó una "mentirosa traicionera". Y hoy en Haaretz había salido uno diciendo que su pasado en Mossad no era "tan espectacular". Están peleando decididamente por la oficina del Primer Ministro.

Igual me parece que entre Olmert y Livni, ella gana por goleada :)

Xoán Salgado disse...

Que Livni fora do Mossad paréceme un magnífico dato que avala ainda máis a súa capacidade para porse ao fronte do goberno.

Julicheiro disse...

Concordo con ambos. Entre Livni e Olmert non tardo un segundo en escoller :)