9 de jun. de 2007

O cordón sanitario


Copipego parte da breve cronoloxía das medidas aillacionistas adoptadas respecto dos xudeos que fai O Liador:

"Em 1876 a revista católica alemã Germânia, apelava ao “Kauft nicht von Juden!” (Não comprem nada aos judeus!).

Em 1879, propunha-se abertamente a exclusão dos judeus da função jurídica e do ensino.

Em 1912, académicos alemães recomendavam que os judeus deveriam ser excluídos de todos os cargos públicos e proibidos de servir nas forças armadas, gerir bancos, possuir bens fundiários, etc."

No 2007, agora que o antisemitismo sen tapuxos é reprochable, a ira contra o xudeo agóchase baixo a sempre cómoda falacia do antisionismo. Así, a Campaña Palestina para o boicot académico e cultural a Israel segue extendéndose polo mundo. A última adhesión a esta iniciativa foi a decisión da British Union of Colleges and Universities (UCU) de boicotear a Israel. A excusa é a causa palestina, a mellor que xamáis soñaron os paladíns dun mundo limpo de xudeos. En breve, conta O Liador, sumaránselle un sindicato de funcionarios, o UNISON , e a National Union Journalist, ambas organizacións inglesas.

Reprocharáseme que non ten nada que ver o conflicto árabe-israelí co odio ós xudeos que, misteriosamente, se evaporou de Europa logo da Shoá. Nada ten que ver o antisemitismo "vello" co novo antisionismo; son odios distintos, provocados por situacións distintas. O antisemitismo é reprochable por irracional, máis o antisionismo é un odio que está seriamente xustificado; é, ademáis, propio das xentes de bóa fe, comprometidas e solidarias. Sen embargo, se un comenza a contrastar os argumentos dos antisionistas cos que emprega(ba)n os antisemitas de toda a vida, pode que se leve algunha sorpresa. Podo entender que Israel sexa criticado por determinadas políticas, pero non esa paixón que leva a identificalo co Mal absoluto. Extráñame.

Podería enteder que o fillo dun republicano represaliado odiase con saña ó bando franquista, e fora incapaz de face-la menor crítica respecto do bando do seu pai, do mesmo modo que podería enteder que a unha muller bosníaca non estaría en condición de facer ningúnha análise obxetiva do acontecido nos Balcáns. Ata aquí todo normal: hai situacións que, por sufrilas tan de preto, impídennos xulgalas racionalmente. É normal, somos humanos. O que xa me costa máis enteder é cóma, de entre tódalas desgracias que sacuden ó mundo, as únicas que chegan ó corazón dos europeos son as que lle afectan ós árabes en conflicto con Israel (particularmente ós palestinos), e só e cando as súas desgracias sexan imputables a Israel. Unha solidaridade moi oportuna, non é certo?, aquela que só se promove contra segudo qué vítimas. Así, a bote pronto, ocrórreseme unha ducia longa de países que vulneran os Dereitos Humanos e contra os que non están nas axendas dos solidarios selectivos, ou só cando algunha barbaridade os pon, temporalmente, no mapa. Logo esquéncense, e volven ó odio noso de cada día.

Solidaridade, por certo, ben curiosa, aquela que no canto de promover iniciativas que axuden a tender pontes entre as sociedades, prefiren aillar (ou tentar aillar) a unha das partes do conflicto. Na mellor tradición do cordón sanitario (coma o que promoveu Aznar, durante a súa segunda lexislatura, contra os partidos nacionalistas no Estado español; é que xa olvidamos?), os posuidores da Autentica Superioridade Moral permitense condear a toda unha sociedade polas políticas que detestan do seu Goberno.

Algúen se imaxina que un profesor de instituto ruso fora vetado para impartir unha conferencia en Francia pola política do Kremlin en Chechenia? Porqué esta clase de razoamentos de sentido común non se fan cando na frase aparece a palabra Israel? É que, así coma hai un Alto Comisionado das Nacións Unidas específico para os refuxiados palestinos (e outro para o resto dos refuxiados do mundo), tamén hai dous sentidos comúns: o normal e o de xulgar a Israel? Sen embargo, os motivos que se dan para adoptar esta medida illacionista non son tan ruíns, faltaría máis. Así, segundo explican:

"Con el régimen de apartheid en Sudáfrica, ya se aplicó el boicot cultural, económico, deportivo y turístico. Las sanciones impuestas por la ONU y la respuesta internacional propiciaron el cambio democrático."

A iniciativa é loable, pero se o que pretenden é que, mediante o boicot, Israel pase a ser unha democracia, o máis suave que se me ocorre é que chegan un chisco tarde. Por outra banda, sería o primeiro caso da Historia na que unha medida aillacionista conseguira promove-la democracia nunha sociedade. Ou é que algún dos que defende este boicot está tamén a favor da infausta Lei Helms-Burton? Sen embargo, neste caso todo está xustificado, porque se fai con moi bóas intencións:

"El boicot no va dirigido a los artistas israelíes como individuos, ni a un pueblo; va dirigido a las instituciones estatales y oficiales que sustentan la política segregacionista de Israel."

Para non ir dirixido contra eles, resulta que son eles os que o están a padecer. Sen dúbida, haberá quen crea que é exaxerado equiparalos, pero se o antisemitismo e o antisionismo son tan diferentes, hai que recoñecer que, na práctica, non é doado distinguir o un do outro.

6 de jun. de 2007

Tres cousas

Tres cousas, tres:

1- Acabouse. E algúns parece que se alegran de ver confirmada-las súas teses. Pero están moi equivocados se cren que se pode acabar coa violencia etarra "sin cuartel y todos juntos". Quedarán coma salvadores de cara á galería, pero a obriga dun gobernante é solucionar un problema, e non facer inútiles exhibicións de forza. Zapatero intentouno, é iso é algo que o honra. O fracaso do proceso, en todo caso, é só imputable a quen vulnerou unilateralmente calquera esperanza de solución dialogada.

2- Esta carta, publicada n´O levantador de minas ilustra ben ás claras cómo actúa un rexime ditatorial, que é o calificativo que mellor lle acae ó Reino de Marrocos. A nova nin sequera aparece no propio xornal, senón que foi enviada por algúen á sección de novas enviadas polos usuarios. Seguro que mañá comenza un boicot contra os productos marroquíes (comenzando pola súa industria hoteleira, claro), ó marxe de que se dite, xa mesmo, unha desas resolucións-churro que a ONU aproba con tanta alegría noutros casos. Si, esa clase de medidas deben estár ó caer. Anque, de todos modos, é comprensible que apenas lle deamos importancia. Ó fin e ó cabo, só son árabes masacrando a outros árabes, nada que nos interese. A gran desgraza dos saharauis é que o Sahara non linde con Israel; iso abondaría para esperta-la nosa solidaridade.

3- Era previsible que o tema de Reganosa ía marcar un antes e un despóis na relacción entre o BNG e a sociedade. Na Comarca de Ferrolterra, as eleccións demostráronno con creces. Recapacitar? Autocrítica? Iso non entra no vocabulario dalgúns. Agora, moito me temo que vimos de cruza-lo punto de non retorno.

4 de jun. de 2007

Hoxe, en La Vanguardia

Lin varios textos elexíacos dun e doutro bando, pero de entre tódalas crónicas que estou a ler estos días, co gallo do corenta aniversario da Guerra dos Seis días, recomendo, pola súa ecuanimidade, o artigo de Henrique Cymerman publicada hoxe no xornal catalán La Vanguardia. Estivenno buscando, pero vése que non colgan na edición dixital os artigos do mesmo día; de tódolos xeitos, se mañá, ou dentro duns días, está dispoñible, colgareina no blogue.

Actulización: ó artigo só poden acceder os suscriptores. Si estaban dispoñibles outros artigos de Cymemrman, co que mirarei dentro duns días, a ver se só é de pago durante algún tempo.

O gardían da paz

Hai uns días, saía na prensa a última ameaza do presidente a República Islámica de Irán, Mahmud Ahmadineyad:

Os pobos da zona arrancarán de raíz Israel se volve a ataca-lo Líbano

Non tiña pensado escribir sobre a súa enésima bravuconada, pero hoxe enterámonos, segundo a axencia IRNA, que Ahmadineyad profetiza que todos seremos testigos do fin de Israel.

Por partes.

A Guerra do Líbano do pasado verán comenzou logo de que, despois de varios meses provocando pequenas escaramuzas nas poboacións do norte de Israel, a milicia paramilitar Hezbolá entrara en territorio israelí para atacar un pequeño destacamento do exército, matando a oito militares e secuestrando a dous deles. Non é ningún segredo que Hezbolá é armada, financiada e entrenada polo réxime iraniano, o país da zona ó que mellor lle acae o calificativo de “imperialista”. Obviamente non o é, porque todo o mundo sabe que ésa é unha circunstancia na que só poden incurrir os países occidentáis, (e Israel).

O réxime iraniano, o mellor exponenete de goberno teocrático que pode atoparse en Oriente Medio, ten a súa besta negra no florecente Estado de Israel, unha auténtica illa de perversión, libertinaxe, e dereitos civís na rexión. Coa súa nociva influencia, é posible que o exemplo das democracias occidentáis se extenda pola zona. De feito, o goberno de Teherán está poñendo todo a carne no asador para boicotear, a través do financiamento das milicias, calquera atisbo de negociación tendente a senta-las bases do Estado Palestino.

Cando tal Estado xurda, non será un réxime á imaxe e semellanza do país dos aiatolás. Será un Estado nado sen a carga da inxerencia da relixión, sen a perniciosa tradición que mantén, para desgraza da súa población e satisfacción do estamento relixioso, a gran parte do mundo árabe mergullado no medievo. Un Estado cos tres poderes separados, a imitación dun modelo xurdido en Europa, sen que por iso sexa menos universal, é un exemplo perigosos de máis. Hai moitos intereses en que a xente non comprobe as vantaxes dunha sociedade aberta.

Non é nova o interese de Teherán por desestabilizar a Israel. A agresión do seu brazo armado, que detonou a Guerra do Líbano é, de momento, o último capítulo dunha sucesión ininterrumpida de ataques máis ou menos velados. Por iso, cando leo que o presidente dese país se erixe coma defensor dos intereses dos “pobos da zona”, a primeira palabra que me ven á mente é cinismo. En realidade é a segunda; a primeira prefiro non escribila no blogue.

Que un home que, dende o inicio do seu mandato, se erixeu coma a salvagarda dos valores do Corán fronte á sempre odiada Modernidade se destaque cunha ameaza deste calibre non é o peor. O peor é comprobar coma un fanático fundamentalista se está a converter, dun tempo a esta parte, no novo ídolo dunha certa esquerda que, cegada polo odio, é incapaz de comprender os intereses contrapostos que mergullan nunca espiral de violencia a esa tan complexa rexión do planeta coñecida como Oriente Medio.

1 de jun. de 2007

Munich

Non hai moito, estiven vendo Munich. Como é sabido, a película de Steven Spelberg relata a operación segreda dos servizos de intelixencia israelís, que tiña por obxeto executar ós autores da matanza, nas Olimpiadas de Munich do 1973, de once atletas israelís. Os asasinatos foran cometidos por un comando de Septembro Negro que se colou na Vila Olímpica. Ós erros na seguridade da mesma, uníuselle unha chapuceira operación de rescate improvisada polas forzas de seguridade alemanas no aeroporto da cidade, no transcurso da cal morreron os atletas que non foran abatidos nas instalacións olímpicas. Despois da matanza, nunha decisión difícilmente explicable, o mesmo país que apenas vinte anos atrás masacrara a seis millóns de xudeos, decidiu que o acontecido non era motivo dabondo coma para suspender as Olimpiadas.

A película narra a historia dun heteroxéneo grupo ó cal se lle encomenda a vinganza. Ó longo do seu periplo polo mundo, na súa busca dos autores da matanza, van descubrindo a outra cara dos autores da mesma. Atópanse na tesitura de ter que matar as persoas ás que estan acostumados a ver coma terroristas, no seu contexto familiar, en circunstancias que os levan, en máis dunha ocasión, a dubidar da moralidade da súa misión. Conforme avanza a operación, as dúbidas medran no seo do grupo. Ó mesmo tempo, comenzan a sentirse cercados. Para quen non vira a película, prefiro non entrar en detalles.

Hai unha escea pola que xa paga a pena ver a película. No transcurso da súa operación, recalan nun piso franco nunha cidade árabe (creo que Estambul, agora non estou seguro), o cal xa estaba alugado a outro comando árabe, que non sabe a identidade dos primeiros. Un dos árabes e o lider do grupo israelí, Avner, saen, cando xa é de noite, a fumar ás escaleiras. Coma quen non quere a cousa, este último saca o tema da guerra eterna contra Israel. Intenta convencer ó palestino de que teñen milleiros de sitios nos que vivir, mentres que os xudeos só contan co terreo no que se asenta Israel. En calquera outro lado serán extranxeiros, por moito tempo que pasen. O palestino enfurécese, o israelí deixa o tema, todo queda en calma. Dous homes fumando nunha escaleira non é nada doutro mundo. Polas circunstancias de cada un, ese encontro casual tornase noutra cousa. Máis alá da loita que os enfronta, da súa etnia ou relixión, só son dous tipos fumando, nada máis. A escena é fermosa toda ela, cargada de contido, maila súa sinxeleza.

Se algo queda despois de ver Munich é un pouso de senrazón ó redor deste conflicto. Os intereses non son tan diferentes, ambos queren ter un país de seu, e no canto de comparti-lo terreo, levan máis de sesenta anos na tarefa imposible de intentar que o outro desista antes. Queda, tamén, unha sensación de rexeitamento cara os tan tristemente famosos asesinatos selectivos. E, incluso máis que por calquera consideración ética, que tamén, polo simple feito de que son contraproducentes. É apaga-lo lume con gasolina.

Por moito que xa o supesemos, ó ver nunha trama tan ben recreada as consecuencias que provoca esa moi criticable política do Goberno israelí, non queda se non opoñerse a ela con índa máis claridade. Non é doado decirlle ós familiares dos falecidos nos frecuentes atentados terroristas que, dende sempre, sacuden Israel, que o Goberno non vai a tomar medidas contra os asasinos do seu fillo, muller, pai,… Pero, por incomprensible e doloroso que sexa para eles, o Goberno debería deixar de promover unha medida que, a cambio de satisfacer temporalmente á opinión pública, contribúe gravemente a enconar o conflicto.

Máis alá da media hora do final que lle sobran a tódalas películas de Spilberg, Munich é unha obra honesta, que supón unha oportunidade inmellorable de coñece-los entresixos do conflicto árabe-israelí dende os ollos dalgúns dos seus máis directos implicados.

30 de mai. de 2007

Discriminación positiva

Hai anos, en Nova Iorque fundarase unha escola que ía admitir sóamente a nenos e nenas homosexuáis. A dirección da escola xustificaba que, ó criarse fora dun entorno homófobo, os nenos medrarían sen as incomodidades que habitualmente padecen por mor da súa opción sexual.

Estos días coñécese un caso similar. Esta vez é un hotel de Melbourne o que ven en gañar en xuízo o dereito a negarse a aloxar a clientes heterosexuáis e a mulleres homosexuáis. O motivo, desta vez, é que a clientela gay se queixara de que non se sentía cómoda compartindo o establecemento cos colectivos citados. No seu pronunciamento, a Comisión de Dereitos Humanos de Vitoria saudou a medida coma positiva, "por estar en liña coa defensa dos dereitos dos grupos suxeitos a discriminación".

Pregúntome cantas veces se terán negado a aloxar nun hotel a gays polo mesmo motivo. Agora que cambian as tornas, enténdese que é unha medida progresista?

Agárdanse comentarios.

29 de mai. de 2007

Eleccións e transparencia

A estas horas, xa todo se ten dito dos resultados do domingo. Por iso, e antes de que volva a esquencerse ata as seguintes, quero facerme eco dalgo que, maila todo, non varía dunha eleccións a outras.

O Movemento polos Dereitos Civís ven de facer público un informe no que denucia as irregularidades detectadas nas recentes eleccións locais, tomando en consideración únicamente aqueles casos que acadaron relevancia mediática; obviamente, son moitos os que quedan no tinteiro. Non son feitos aillados; é unha praga, un desastre que non se da erradicado, na medida en que son moitos os intereses que move o racionalismo. A corrupción institucional frustra tódalas esperanzas dunha xestión óptima e imparcial dos recurso públicos. Estar atento a estes feitos é a mellor maneira de detectalos e, chegado o caso, evitar que se repitan.

Visto en Calidonia.

27 de mai. de 2007

O xogo limpo do PP

Mentres non se pechan os colexios electoráis, vou contar unha anécdota que me contaron esta mañá. Unha pequena historia que, na miña opinión, amosa máis das miserias da política deste país que calquera estudo sociolóxico.

Os feitos ocorreron unha vila das Rías Baixas, pero creo que se poderían extrapolar a calquera punto do país. O Concello, gobernado dende hai moitos anos polo Partido Popular, organizou para o pasado venres unha gala do deporte para os rapaces do pobo. Nela, aqueles nenos que participasen nalgunha das atividades ofertadas polo consitorio (voleibol, tenis, fútbol, ...) estaban convidados ó evento, no cal, acompañados polos seus páis, os rapaces participaron nun simulacro de entrega dos Oscar. A escena é a seguinte: pabellón de deportes, dous días antes das eleccións. Centos de nenos e nenas, ante a mirada orgullosa dos páis, acercándose, dun en un, ó centro da pista, para recoller o galardón que merece a súa entrega e sacrificio: un reloxio de agasallo, pagado, claro, con fondos públicos. Estoumo imáxinando: os páis, emocionados, grabandoo en vídeo, os rapaces desbordados de entusiasmo, os comendadores do PP facendo contas da asistencia... Todo moi na liña da nosa particular política local...

Pero a historia ven agora. Agora imáxinadevos a un rapaz de trece anos, que leva dende que apenas levantaba un palmo xogando ó tenis, que chega á súa clase do sábado á mañá. Entra nas canchas, saúda ós amigos, e ve que todolos demáis nenos están uns para outros amosándose os seus reloxios novos. Ó ver ó rapaz desconcertado, o seu profesor de tenis acercaselle e lle explica:

"É que onte tivemos unha gala do deporte, pero a ti xa non che avisamos porque eres do Bloque."

O pai dese rapaz vai nas listas do Bloque. O fillo, que índa é un neno, choráballe á súa avóa:

"Pero se eu nin sequera voto..."

26 de mai. de 2007

A falta de cheques

Se fósemos do PP, ofreceríamos recalificacións, empregos, ou cheques para comida. Coma estamos en contra deses texemanexes, no canto diso, ofrecemo-lo noso compromiso cuns concellos máis honrados e transparentes. Que, nos tempos que corren, non é pouco.



Quen queira estar enterado dos resultados provisionáis, segundo vaia avanzando a xornada, pode consultalos nesta páxina.

Lembra; mañá hai que ir a votar.

22 de mai. de 2007

Ultraortodoxos



... e tamén ...



Grazas, Pedro ;-)

Sobre o artigo de onte de X.L. Barreiro Rivas

Nun artigo publicado no día de onte en La Voz de Galicia, o politólogo Xose Luís Barreiro Rivas reconducía a responsabilidade polos últimos enfrontamentos entre milicias na Franxa de Gaza á existencia do Estado de Israel. O xornal no que dito artigo saíu publicado é o de maior tirada e o máis influínte de todo o país e, polo tanto, a súa capacidade de crear opinión é infinitamente superior á que calqueira de nós poida ter dende un blogue. Sen embargo, gustaríame comentar, para quen puidera telo lido, os acontecementos que ós que el alude e que tan alegremente lle imputa a Israel.

Dende hai varias semanas, o xa crónico enfrontamento entre a milicia islamista de Hamás e a guardia armada de Al Fatáh recrudeceuse na Franxa de Gaza. Veñen sucedéndose, dende enton, tiroteos entre eles, así coma asesinatos de leáis a unha ou outra facción. Ademáis dos milicianos abatidos, varios civís morreron por causa do fogo cruzado; en total, ó redor de medio cento de persoas perderon a vida nos enfrontamentos. A situación, coma é claro, é moi mala para os habitantes da Franxa.

Logo de varios días combatendo, a milicia islamista de Hamás decatouse de que ía perdendo e, de non facer nada, pronto se vería cercada por Al Fatáh. A solución foi a habitual: disparar cohetes sobre territorio israelí para forzar a intervención do exército. Anque a resposta inicial do Tsáhal foi bombardear as posicións desa milicia, os cohetes continuaron caendo sobre poboacións fronteirizas. Como consecuencia, o Ministerio de Defensa da a orde de entrar na Franxa con tanques, as hostilidades cesan, e a facción acurralada gaña algo de tempo para repoñerse. En todo caso, só é unha solución temporal.

Anque ningunha guerra é simple, este é, sen dúbida, un conflicto especialmente complexo. Logo de máis de sesenta anos de loitas diarias, o conflicto árabe-israelí acadou unha cotidianeidade que ningún outro enfrontamento ten. Nel, as situacións repítense: os homes e mulleres-bomba, os internamentos nos campos de refugiados, os tiroteos. É, ademáis, o conflicto que maior cobertura mediática acadou ó longo de toda a Historia. Con estas circunstancias, o lóxico sería crer que estamos máis que informados do que alí acontece. E, sen embargo, a impresión que teño é xusto a contraria. Que hai tanto barullo ó redor que non o vemos con claridade.

Deixando ó lado o feito de que tratar ós palestinos coma débiles mentais, incapaces de asumi-la responsabilidade dos seus actos, é unha mostra de racismo coma outra calquera, por moito que se disimule de solidaridade, o que me intesa sinalar é outra cousa: que todo o que lle aconteza ós palestinos (e, por extensión, ós demáis árabes), por remoto que sexa, pode ser reconducido ó pecado orixinal de Israel.

Que dúas faccións paramilitares se disputen a tiro limpo o control da Franxa non move ó columnista a solidaridarizarse coa aterrada poboación da mesma, senón que aproveita para sinalar co dedo acusador, non ás milicias, senón a Israel. Porqué? Porque existe. O argumento é burdo, pero tremendamente eficaz.

Preguntome se Xose Luís Barreiro Rivas será consciente de que esta atitude paternalista (“pobres mouros, non saben o que fan”) é a mellor maneira de perpetua-lo conflicto. No canto de distribuír as responsabilidade da contenda entre uns e outro, segundo corresponda en cada caso, é moitísimo máis doado pintar no mapa cunha cor ós bós e, coa outra, ós malos. Está claro que aforras moito tempo pensando.

A diferencia de calquera outra situación que el poida comentar dende as páxinas de La Voz, para entrar a analisa-lo conflicto árabe israelí non fai falla, nin moito menos, saber nada do mesmo. É máis, canto máis laxo sexa o teu coñecemento da realidade de Oriente Medio, máis doado será repeti-los clichés que se repiten, invariables, dende á barra do Avante ós editoriáis de EL PAIS.

Que un analista político tan relevante, e polo xeral serio e informado, fale con tanta lixeireza e prexuízos dalgo que é patente que descoñece, só pode darse nun ámbito da realidade onde a información seria e contrastada é, por desgraza, a excepción, e non a norma.

21 de mai. de 2007

Linguas cruzadas

Este sábado estiven vendo na galega un documental sobre o situación do galego entre a xente nova. Nel, rapaces de todo o país, daban conta do idioma que empregaban, así coma se o usaban sempre, ou só con segundo qué persoas. Nel reflectíase o que xa é sabido; que o galego goza, de momento, de bóa saúde no rural pero, se falamos da súa implantación na cidade, xa cambia o conto.


O que máis me chamou a atención foi o que dixo un dos rapaces. Segundo el (ou era ela?. Agora non estou seguro), para moita xente, o galego só o falaban os "da aldea" ou os que ían de intelecuáis. Que hai xente que pensa así xa o sabía, pero será certo que son, se cadra, a maioría?

Maila todo o esforzo realizado, o galego está condeado a ser unha lingua de vitrina? O único que mantén vivo a un idioma é que se fale. Por moito que enchamos bibliotecas con libros escritos en galego, ou traducidos ó mesmo, nada diso ten sentido se perdemos de falala día a día.

Se algúen está pensando en cambiarse ó galego, pediríalle que non tivera reparos por medo a cometer grallas (incluso os que levamos toda a vida falando nos equivocamos), nin pola extrañeza que supón coas persoas ás que sempre tratou en castelán. Que pense que o galego non é unha excusa para celebrar xuntanzas de escritores. E que, coma no anuncio de reloxios, o galego non é noso: noso é o pracer de custodialo ata a seguinte xeración.

20 de mai. de 2007

Declaración de principios

Esto non pretende ser unha xustificación, sobre todo, porque creo que non teño porqué dalas. Sen embargo, polos comentarios que estou recibindo últimamente, creo que é conveniente deixar claras algunhas cousas.

Cando, hai cousa de oito meses, se me ocurreu abrir un blogue, non tiña máis intención que falar das cousas sobre as que quixera da-la miña opinión. Naquel momento, non tiña en mente falar de nada en concreto. Non pretendía facer un blogue sobre política, nin sobre Israel, nin sobre nada en particular; só ir comentando as cousas que a min me pareceran de interese. Sen embargo, por obra e graza dos acontecementos, estes últimos meses, o blogue acabou tratando básicamente de dous temas: o célebre caso e, en menor medida, da miña visión de Israel.

Agora que o primeiro está en suspenso, falo máis polo miúdo do segundo. Sen embargo, calquera pode comprobar que, nos post anteriores ó affaire, era un tema que non trataba en absoluto. Anque daquela xa me importaba, nunca me dera por comentalo no blogue.

Acontece que, cando todo isto explotou, unha das cousas que comprobei foi, ademáis de que hai xente que só cre na liberdade de expresión cando se emprega para dárlle-la razón, que o descoñecemento sobre o tema era maiúsculo, impropio dun conflicto que leva de actualidade xa máis de medio século. Puiden comprobar coma moitísima xente tiña unha información moi escasa e, ademáis diso, distorsionada, confusa. Non estou decindo con isto que se a xente dispuxese de información dabondo sobre a realidade de Oriente Medio fora a coincidir coa miña opinión. Teño amigos, xente informada e culta, que desaproba a mera existencia do Estado de Israel, e cónstame que o seu coñecemento da situación non é, nin moito menos, inferior ó meu.

Por motivo dos nosos caracteres particulares, da educación que cada quén recibiu, ou de calquera outra condición que marcara as nosas vidas, as ideas e coñecementos que ímos adquirindo ó longo do tempo non asentan do mesmo xeito nunca persoas que noutra, sen que iso implique unha formación menor nuns casos que noutros. Pero non me estou refirindo a iso. Refírome ó feito, puro e simple, de que hai moita xente que carece de información.

Por iso, dun tempo a esta parte, amoso especial interese en dar un debate que eu considero urxente. Creo que é moi necesario que os diferentes puntos de vista sexan expostos para que o debate sexa o máis plural e aberto posible e, dada a escasa (pero valiosa) presencia de blogues galegos que se prouncian sen tapuxos en defensa dos dereitos e intereses da sociedade israelí, si é posible que, por veces, adoptara un tono menos elaborado do que me gustaría.

Oxalá tiveramos neste tema, como si é posible sobre tantos outros, multitude de voces entre o branco e negro, para que a cada un de nós lle fose posible atopa-lo tono de gris que máis se adecuara á súa natureza. Encantaríame poder entrar a debatir sobre por onde deberían discurrir as fronteiras de Xerusalén, ou cal sería a solución máis acaída para os tan estratéxicos Altos do Golán. Pero cando o debate se reduce á dicotomía de Israel si ou Israel non, daquela eu posiciónome sen ambagaxes pola opción afirmativa. Como decía Bertrolt Brecht, cando plantas lirios, hai moi pouca variedade.

Coma é obvio, este blogue non é de obrigada leitura para ningúen. Se hai a quen non lle gusta coma trato este tema, ou outros, non ten porqué seguir lendoo. De feito, non sei moi ben qué é o que fai léndoo agora. Se realmente hai quen pensa que as miñas opinións son “asquerosas”, ou que, por calquera outro motivo, non deben ser tidas en conta, non entendo qué clase de satisfacción lle proporciona le-lo que escribe alguén a quen despreza tanto. Ademáis, se hai quen cre que a súa opinión é máis valiosa (que é probable que así sexa), ningúen lle impide abri-lo seu propio blogue, para dar nel a súa visión dos acontecementos.

Non ten sentido extenderse máis neste punto. Chegados a el, o único que cabe engadir é que, xa que as miñas ideas están claras, se alguén quere ler este blogue, que o faga sen acritude. E, se lle parece oportuno, que puntualice ou rebata aquelo no que non concorde; mentres sexa con educación, estarei encantado de respostarlle. Dado que a miña capacidade para influír no conflicto é nula, nada do que aquí se comente vai contribuír nin a mellorar nin a empeora-la vida de ningúen.

O que aquí se reflicten son opinións persoais e, coma tales, o único valor que as mesmas teñen é aquel que cadaquén lle dea. Ó fin e ó cabo, é só algo de ruído.

18 de mai. de 2007

Mapa de Israel

Non me resisto a enlazalo; este mapa de Israel é unha auténtica virguería. Haberá algo parecido sobre o noso país?

13 de mai. de 2007

Catorce de Maio


O catorce de maio de 1948, cumprindo a resolución das Nacións Unidas que establecía un Estado para o pobo xudeo e outro para o pobo árabe, David Ben Gurion proclamou o nacemento do moderno Estado de Israel, culminando así un proceso milenario de retorno á patria. Cumpríase, así, o antiquísimo soño da nación hebrea de retornar á terra da que noutrora foron expulsados, e na que, a través das aliás, foran pouco a pouco retornando. Logo de fracasar os seus intentos de integración, e apenas catro anos despois de que os europeos intentásemso exterminalos, os xudeos dispuñanse a loitar polo único anaco de terra onde poderían vivir en paz, sen acosos nin guetos.

A salomónica decisión das Nacións Unidas, que dividía a rexión á metade, foi boicoteada pola Liga Árabe, disposta a aceptar só as resolucións que lle favorecesen. Froito desa atitude comenzou o conflicto máis lonxevo da actualidade.

Sen embargo, no imaxinario colectivo (onde se mestura o antisemitismo de toda a vida, só que agora na esquerda, co sensacionalismo dos medios e os intereses dos Estados árabes), a culpa (a vella culpa!) é dos xudeos, e ademáis éo en exclusividade. Claro que sí! Se un xudeo xa é sospeitoso, qué se pode esperar dun país cheo deles?

Coma adoitan a decir os israelíes, "eles atácannos, nós defendémonos, e o mundo acúsanos de agredilos". Non hai accións bóas ou malas; hai bós e hai malos, e os papeis xa hai tempo que foron asignados. Nin se atende á Historia, nin ós datos, nin ás atitudes, só ós prexuízos. Especialmente sangrante é, tendo en conta o uso capcioso que se fai das cifras de refuxiados palestinos, que se omita o éxodo xudeo cara o oeste; ese non existeu, o único que conta é o árabe. Nunca veremos unha reportaxe sobre eles en EL PAIS.

Por iso, dende este blogue, vaia a miña felicitación ó pobo de Israel no día da súa Independencia, agardando polo pronto nacemento do tan ansiado Estado palestino, que contribúa a normaliza-la situación de crise na que, dende hai máis de medio século, vive a terra máis codiciada.

10 de mai. de 2007

Unha escaleira a Europa


Dende que me enterei, teño ganas de ir a vela e, con estas referencias, a cousa pinta máis que ben. Irei, máis que con afán historicista, para cargarme de argumentos de cara ó futuro; coma eles, nós tamén deberíamos volver atrás para coller impulso.

7 de mai. de 2007

Eleccións municipáis

Se agora dende este blogue pido o voto para o BNG nas próximas eleccións municipáis, moitos pensarán que son un cínico, outros consideraranme incoherente, e haberá quen vexa niso unha velada petición de perdón á organización política na que milito.

E todo porque, anque dende o principio deixei ben claro que o que eu criticaba era unha decisión arbitraria dunha parte moi concreta da organización (mellor dito, dun dos partidos que a integran), o vendaval foi presentado coma unha traición, unha afrenta ó conxunto da organización, e non unha crítica a unha decisión dun dos seus órganos. Non coma crítica, senón coma disidencia.

Por iso haberá quen pense que, agora que se achegan as eleccións, nada me gustaría máis que ver coma a dirección quedase desautorizada nas urnas. Anque eses foran os termos (que non son), non me gustaría ver tal cousa. E non porque sinta especial estima polo grupo dirixente, senón porque, independentemente de que os que están agora me gusten máis ou menos, o Bloque Nacionalista Galego é a única formación política coa que conta este país para supera-lo seu atraso crónico, as vellas formas de facer política que postergan índa a chegada da cidadanía a gran parte da poboación.

Por primeira vez na súa historia, o BNG concorre en tódolos concellos de Galiza, igualando dende a súa modestia ós dous grandes partidos do Estado. O fito é consecuencia dun traballo de implantación dificil, cheo de atrancos e, con frecuencia, ingrato e anónimo. Traballo ilusionante que non merece caer en saco roto, que non debemos desperdiciar por moito que haxa cousas da organización que molesten.

En Galiza hai dous partidos-sucursais e unha organización xurdida de nós que, coas taras e os acertos, merece todo o noso apoio, o noso entusiamos, as nosas ganas de mudar unha sociedade que algúns quixeran ver sumisa e nós debemos amosar ergueita.

6 de mai. de 2007

Eurofobia

A próxima vez que alguén me diga que está en contra da Unión Europea, porque apoiala é ir en contra dos principios do nacionalismo, comentareille isto.

3 de mai. de 2007

James Brown

A nova máis importante do día non aparece nos xornais. Se non o levara a morte o pasado Nadal, o Rei do Funk cumpriría hoxe 74 anos, cargados de sexo, droga, e o ritmos máis sensuais.

Sen máis, vaia por el esta modesta homenaxe.

28 de abr. de 2007

Punto e aparte

Dende hai xa varios semanas, e exceptuando a anécdota de Francisco Rodríguez, decidín deixar de falar de nada que tivar que ver co xa cansino asunto. E fíxenno, coma dixen, para demostrar que nosa intención é rematar con isto canto antes. Pensei que, alomenos na parte que me toca, se rebaixaba a tensión, habería algúna resposta enfronte. Ó fin e ó cabo, non fumos nós quenes empezaron con isto, e se algúns iluminados de Vigo tiveran consultado coa almofada, este proceso demencial nunca tería sido máis que un deses delirios que ás veces che pasan pola cabeza (pero non realizas). Que lle tiñan ganas a Valadés? Pois botas un par de xuramentos, falas mal del no bar e punto. Isto non, isto é meter ó Bloque no medio.

Sen embargo, os comentarios recibidos estes últimos días demostran que o tema non está, nin moito menos, sofocado. Demostran tamén que, na visión maniquea que algúns teñen do mundo, non hai persoas que toman decisión acertadas ou erróneas, segundo o caso. Hai malos e hai bós, e quenes manteñen esa visión infantil do mundo sempre se reservan para si o papel de bós e oprimidos. Ou, o que é o mesmo, nunca asúmen a reponsabilidade dos seus actos. Por iso, resulta case cómico ler algunhas das acusacións que agora se lle fan a Valadés. Poque, se o que agredes eres ti, cómo podes acusar ó agredido de vitimismo? É o que ten ser unha vítima profesional; nada pode incomodarche máis que o feito de que te acusen de agresor, que te fagan responsable.

Os que tanto sofocan os debates coa manida excusa de que "iso é malo para a nosa imaxe", non tiveron reparos en comenzar un enfrontamento fractricida que nos fixo quedar coma talibáns diante de todo o mundo. E continúa.

Por iso hai que dixar ben claro que as consecuencias negativas que isto acarrexe ó BNG son culpa de quen decidiu comenzar, máila que se lle pediu que non o fixera. Que agardaban, que íamos quedar calados? Daquela sí que seríamos bós e xenerosos? O que dana ó Bloque non é que estas cousas se denuncien, senón o feito de que acontezan. O que o beneficia non é aparta-la vista, senón sinalalo e correxilo.

Vouno decir de novo para que non haxa lugar a dúbidas: ningun de nós quere que isto continúe. Que se garanta que non se van a tomar represalias contra ningún dos membros da AGAI cando pasen as eleccións, e esta historia pasará ás hemerotecas. Polo que a este blogue respecta, xa adianto que a miña intención é non volver a falar disto ata que a organización se pronuncie.

Que prime o sentido común, e todos saíremos gañando.

25 de abr. de 2007

Vintecinco de Abril

Non podía deixar pasalo; hoxe a rede énchese de craveis para celebra-la Revolución na que os portugueses se liberaron do fascismo paternalista. Un exemplo que ler, oír, e ollar.

23 de abr. de 2007

Gustavo Daniel Perednik

De entre os divulgadores da cuestión xudea, poucos acadaron tanta notoriedade a nivel mundial coma Gustavo Daniel Perednik. O escritor, profesor e xornalista arxentino, que actualmente reside ás aforas de Xerusalen, é coñecido polas súas análises sobre a cuestión xudea ó longo da historia, así coma as relaccións da mesma coa modernidade.


Dende finais dos oitenta, leva impartidas conferencias en cen cidades de cincuenta países, e esta semana estará en Galiza para falar do conflicto de Oriente Medio e a xudeofobia. Para quen estea interdado na cuestión xueda, seguro que será interesante ir, pero eu recoméndaríallo máis a quen sinta escasa simpatía polos xudeos ou por Israel. Que vaian, atendan, e logo rebatan e discutan. Que escoiten de primeira man o que supón ser xudeo e israelí, para poder facerse unha opinión máis ampla e persoal do conflicto, sen os prexuízos cos que normalmente se aborda esta realidade. As datas e lugares son os seguintes:


A Coruña:

Día 24 de abril martes ás 20:00 horas, no Auditorio de Caixanova na Avenida da Mariña (esquina rúa da Fama). Título: "Maniqueismo e pensamento único sobre o conflito de Oriente Próximo"

Santiago de Compostela:

Día 25 de abril, mércores, ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas da USC. Tíulo: "Xudeofobia, antisemitismo e antisionismo".

Vigo:
Día 25 de abril, mércores, ás 20:30 Salón de Actos do Círculo Mercantil de Vigo, rúa do Príncipe, 44. Título: "Da xudeofobia ao antisionismo: a demonización europea de Israel"


Posese atopar máis información sobre el nas páxinas da AGAI e do Programa de educación e esclarecemiento acerca do rol do xudeo no mundo, que leva o propio Perednik.

19 de abr. de 2007

A pantasma polaca


















Alterados pola deriva fascista que está a toma-lo goberno polaco, e co obxetivo de denunciar os atropelos que os homosexuais están a sufrir nese país dende a chegada ó poder dos infaustos irmáns Kaczynski, un grupo de blogueiros portugueses ven de promover o envío masivo de correos á embaixada polaca en Portugal.

A idea, que foi posta en marcha en Desvaneios Desintéricos, difundiuse en pouco tempo pola blogosfera portuguesa e, axiña dou o salto á brasileira. Penso que debería ter continuidade na galega, e por iso animo a todo o mundo a facelo propio, enviándolle un correo á embaixada polaca no Estado español.

Se esta clase de cousas é inadmisible en calquera parte do mundo, nun Estado integrado na Unión Europea resulta especialmente intolerable.

Para quen non queira pasa-lo traballo de pensar no texto, colgo aquí a traducción ó español dunha das cartas-modelo que se están a enviar as embaixadas polacas en Portugal e Brasil.

"Excelemtísima Sra. Embajadora de la República de Polonia:

Es con profunda indignación que me veo forzado a escribir esta carta.

Las recientes noticias de que el Gobierno que vuestra Ex.a representa se prepara para aprobar un conjunto de leyes y normativas orientadas a prohibir a los ciudadanos polacos homosexuales el acceso a cargos públicos constituye una violación de los Derechos Humanos y de los derecho de no discriminación y de igualdad de los ciudadanos europeos, garantizados por los Tratados de la Unión, que su País firmó con ocasión de su entrada en la UE.

Durante los gobiernos del general Jaruzelski, los años 80, el Presidente de Polonia, Lech Kaczynski fue miembro destacado de movimientos democráticos anti-comunistas. Un luchador por la libertad y por la solidaridad, detenido varias veces bajo la acusación de ser «un elemento anti-socialista». El hermano gemelo del Presidente, Doutro Jarostaw Kaczynski, actual Primer Ministro de Polonia, también fue un activista del Solidaridad y opositor al antiguo regímen comunista. El coraje del Presidente y del Primer Ministro de su País contra la barbárie y la persecución, son un ejemplo para todos que luchan hoy contra la intolerancia y los abusos de poder, practicados por el Gobierno y autoridades politicas de su País.

Lo más chocante, Señora Embajadora, es que los perseguidos de ayer, se transformaron en los perseguidores de hoy, en una Polonia cada vez más integrista e intolerante. Como consecuencia de la política de descriminación de los derechos de los homosexuales en Polonia, han surgido actos de violencia.



Recientemente, el periódico inglés The Independent, informaba acerca de ataques organizados por grupos de cabezas rapadas contra homosexuales, en Varsóvia. Los actos de violencia contra homosexuales se han multiplicado en Polonia, en gran parte debido al discurso intolerante e irrespetuoso hacia los derechos humanos, de los responsables políticos de su País.


Europa creció en la convicción de ser una espacio de libertad y democracia, un espacio de respeto y defensa de los derechos humanos, entre los cuales el derecho de cada uno vivir libremente su propia sexualidade. Europa no puede aceptar la persecución de los homosexuales en Polonia.


La defensa de los derechos de los homosexuales es parte integrante de la defensa de los derechos humanos y de los ciudadanos: no defender unos, es no defender los otros. La politica discriminatória llevada a cabo por el Gobierno que V. Ex.a representa es una clara violación de los derechos humanos. Un país que persigue ciudadanos suyos a causa de su preferencia sexual, no merece pertenecer a una Europa que deseamos cada vez más libre y tolerante.


Excelentísima Sra. Emabajadora: pactar con la discriminación de los homosexuales, como aquella que ha ocurrido en Polonia, es pactar con la violencia y la injusticia.


Estoy seguro de que V. Ex.a quiere que el Gobierno que V. Ex.a representa desean una Europa más justa, más tolerante y más democrática. Y también creo que quiere V. Ex.a quiere que el Gobierno que V. P.ej. a representa, concordará en que no es posible promover una Europa más democrática y más justa persiguiendo ciudadanos, con base a sus preferencia sexuales, o a cualquier otra.


La Polonia que persigue ciudadanos polacos homosexuales avergüenza la memoria de aquellos millones de ciudadanos de su País que, durante décadas, lucharon por una Polonia más libre, más justa y más tolerante.


Estoy convencido que los ciudadanos polacos, que en el pasado no tuvieron miedo de levantarse contra la intolerancia que se abatió sobre su País, sabrán levantarse hoy contra la intolerancia practicada por el Gobierno polaco, en nombre de Polonia más justa y más respectuosa con los derechos humanos.


Así lo espero.


Atentamente:


(Nome e DI)"


Animo a todo o mundo a tansmitirlle a súa crítica ás autoridades diplomáticas polacas. A embaixadora polaca no Estado español é Grażyna Bernatowicz, e a dirección de correo é embajada@polonia.es.

18 de abr. de 2007

Unha anécdota

Mentres non se da unha solución definitiva para o Caso Valadés, vou contar unha anécdota que demostra canta razón tiña aquela canción de Marisol.

A historia é ben coñecida; aconteceu xa hai moitos anos, cando durante unha celebración do Día da Patria un grupo de persoas lle prendeu lume a unha bandeira española. Naquel momento, Francisco Rodríguez atopábase no lugar, e foi detido por ter participado (supostamente) na queima. Convén lembra que, naquel momento, ese delito estaba tipificado con seis anos de cadea.


Naquela época, o proceso estivo rodeado dunha forte polémica; o certo é que, á marxe da opinión que cada quen teña del, non parece moi normal que ninguén vaia preso por iso. Pero o proceso estaba en marcha, e a posibilidade de que acabara na cadea era algo real. O asunto foi tratado na Audiencia Provincial da Coruña, e as testemuñas estaban divididas entre os que negaban os feitos e os que os confirmaban. Así, seis militantes do BNG declararon a favor do imputado, e outros tantos policías fixeron o propio para acusalo. As cousa estaban tan xusta que se decidiu recurrir a un terceiro imparcial, alguén de quen o tribunal estivera seguro de que non tiña interés no proceso.

O elexido para desempatar foi un xoven xornalista que daquela traballaba para La Voz de Galicia. Entre os seus compañeiros de profesión, el era a fonte máis fiable para saber cantos manifestantes había en cada mobilización e, por motivo do seu traballo, atopábase alí o día dos feitos, coma un terceiro imparcial. Os días previos á súa comparecencia, os xornais incidían na relevancia que tiña a súa testemuña, posto que, ó se-lo único que non tiña preferencia por ningunha parte, era a declaración á cal o tribunal lle ía dar máis importancia.

O xornalista acudiu a xuízo e, para sorpresa de todos, declarou que Francisco Rodríguez non estaba entre os implicados na queima. Declarou que el, que estaba alí, vira claramente coma o imputado non se atopaba entre quenes lle prenderan lume ó símbolo da unidade de España. Como consecuencia desa declaración, o tribunal dictaminou que non había probas dabondo coma para condealo, e consecuentemente, absolveu ó imputado.

A historia non tería o maior interes de non ser que ese anónimo benefactor foi Miguel Boo, que, cousas da vida, é Socio Fundador e actual Secretario da Asociación Galega de Amizade con Israel.

É unha tómbola, é.

17 de abr. de 2007

Yom HaShoah


Onte conmemorouse o Día da Shoá (יום השואה) en Israel. Anque o Dia Internacional da Shoá é o 27 de Xaneiro, data na que Auschwitz foi liberado polas tropas soviéticas, en Israel, a data de conmemoración da matanza de seis millóns de xudeos rememora un día de loita. Foi o 16 de Abril de 1943 cando os xudeos recluídos no Gueto de Varsovia iniciaron a revolta contra os nazis, que estalaría definitivamento tres días despois. Dos preto de 380.000 xudeos que inicialmente foron recluídos nel, aqueles que lograran sobrevivir a tres anos de cautiverio comenzaron unha batalla desigual contra os seus captores, que lograrían acabar con eles no prazo dun mes. A tarefa de reprimir a sublevación foi encomendada ó xeneral Jürgen Stoop, que encabezou a represión da revolta ata que esta rematou, o 16 de Maio. O propio Stoop anotou:

"180 xudeus, bandidos e subhumanos foron destruídos. O sector xudeu de Varsovia xa non existe. As operacións a gran escala finalizaron ás 20:15 horas ao facer estoupar a sinagoga de Varsovia. O número total de xudeus co que se actuou foi: 56.065, incluíndo xudeus capturados e xudeus cuxa exterminación pode ser probada."

O Gueto de Varsovia xurdira tres anos antes, cando no outono de 1940, as autoridades nazis ordearon cerca-lo barrio xudeo da cidade cun muro rematado en arame de espiño. Era o paso previo á solución final que Hitler ideara para o pobo hebreo, ó cal culpaban de tódolos males do mundo (niso non cambiamos tanto).

Na imaxe, tres dos capturados logo da revolta, cando as tropas nazis lograron entraron no gueto.

Nota: Mentres buscaba os enlaces comprobei que as datas varían dun sitio a outro: parece ser que o día correcto coincide co primeiro día do Pesaj, polo cal se optou por traslada-la conmemoración a outro día. Ademáis, é posible que se produzan desaxustes entre o calendario hebreo e o gregoriano que empregamos en occidente.

14 de abr. de 2007

O que non quixeramos saber

"Todo o mundo serve para a guerra. Se non serve para matar, serve para morrer"

Manuel Rivas, Os libros arden mal

Por moito que saibamos que as guerras son aberrantes, índa hai novas que sorprenden pola súa crudeza; esta é unha delas. Dubidei se poñe-la ou non, pero sempre opinei que era mellor saber, e pasalo mal, que vivir nun prácido espellismo. E índa así, é dese xeito coma vivimos. Cómo íamos soportar, senón, saber que pasan estas cousas e seguir coma se nada?

13 de abr. de 2007

Viñeta de Maside


Nos paneis que o Barco da Memoria contiña atopábase esta viñeta de Carlos Maside sobre unha folga acontecida en Bouzas no ano 1932. O texto di:

"Vos teredes a razón, pero a fame está da nosa parte".

Anque a fame estaba da parte dos patróns, houbo quen quixo muda-las cousas por medio da loita obreira. Sobre o movemento asociativo mariñeiro, recomendo este texto de Dionisio Pereira.

10 de abr. de 2007

Recordatorio


Mañá, en Vigo, é a conferencia de Josep Carles Laínez "Israel coma exemplo de nacionalismo europeo."

7 de abr. de 2007

Shalom

Este sábado de Cuaresma é unha das datas máis importantes do calendario litúrxico para os cristianos. Hoxe é o día no que se celebra a resurrección de Xesucristo, logo de ter sido crucificado polos romanos.

Esta festividade conmemóras en todo o mundo, e a cidade na que pasei o día estaba tomada polo éspírito desta celebración cristiana; por iso, entre altares, bonecos de nazarenos nos escaparates e innumerabeis bandeiras moradas, chamoume tanto a atención un pequeno detalle no que nunca antes reparara. Xa tiña visto o local, pero nunca me fixara no seu nome.



O salón de té Shalom atópase na rúa Campo das Hortas, na zona vella da cidade portuguesa de Braga. Por falta de tempo, non entrei nel desta vez. Pero, polo que vin dende afora, creo que cando volte á cidade fareino cun novo sitio que visitar.

Shalom significa paz, pero "non é só a ausencia de conflicto ou a desaparición da hostilidade, senón que o shalom aparece cando se equilibra o que está descompensado, ó promove-la xusticia e a igualdade íntegral".

Logo de tantos días de ruído, valga este post como unha pausa, coa esperanza de que o shalom chegue pronto á noso maltreita casa común. Sabemos que a paz non é a ausencia de conflicto pero, para poder chegar a ela, o primeiro paso é que cesen as hostilidades. Estamos agardando.

3 de abr. de 2007

Declaracións de Anxo Quintana


Despois dun mes e medio coa cabez metida baixo terra, o Portavoz Nacional do BNG ven de pronuciarse sobre o proceso de expulsión do militante que preside a AGAI. Xa se lle pedira, antes de facelo público, que intervira para que isto non chegara a maiores. Coma daquela dou a calada por resposta, e ante a posibilidade da expulsión coma algo real e incluso probable, algúns decidimos divulga-la situación. Despois, volveuselle pedir, esta vez xa en público. Non era o desexable, pero foi a opición que nos quedou.

E agora que xa levamos varias semanas, nas que o tema estivo en ducias de blogs, na prensa, e sobre todo na rúa, aparecen hoxe nos medios unhas declaracións nas que, en primeiro lugar, nega que exista ningún proceso de expulsión. Con dous collóns.

"Non houbo nin hai ningún expediente de expulsión contra ningún compañeiro do BNG por pertencer a ningunha asociación. Polo tanto, eu espero que cese calquera campaña de vitimismo infundada"

Home, infundada, o que se di infundada, eu diría que non é. Chámenme suspicaz, pero a min dame que algo si que pasou, non? Se cadra, se non chegou (aínda) a haber expediente, igual é porque o tema saíu á luz e xerou máis polémica da que imaxinaban.

A continuación, desaira ó servizo diplomático do Estado de Israel, que previamente lle enviara unha carta, non amenzante, coma dixo Aymerich no noso Pravda enxebre, senón para informarse de primeira man sobre o que estaba a acontecer, e na que amosaba a súa preocupación porque algúen puidera ser expulsado por amosar simpatía cara o seu pobo.

O noso ínclito Portavoz aproveita para darlle leccións de diplomacia ós servizos diplomáticos israelíes, co desparpaxo do gañán de aldea que corrixe ó farmacéutico en temas de botica, nunhas declaracións populistas encamiñadas a busca-la simpatía do sector máis ortodoxo (o que o mantén), cunha pose de neno de quince anos que lle berra ó mundo: "Mirade todos coma me enfrento ós malos!".

Algúen pensará que digo isto porque Quintana non é santo da miña devoción, pero o certo é que un Vicepresidente do Goberno non pode responder a unha misiva oficial dun Estado cun desplante tabernario ante os medios de comunicación. Anque el non o crea, a Xunta non é súa; é dos galegos, el está de paso. Polo tanto, e polo respeto que o cargo merece, o correcto sería que retificase unhas declaracións que humillan ás nosas institucións tanto coma ó individuo que as pronuncia. Anque el estará todo cheo, seguro.

Di algo que non entendo: invita a Valadés a "obrar en consecuencia" logo de que a "asamblea democrática" na que o lincharon o venres pasado "recriminou a actitude dun compañeiro por ter determinadas actitudes ao respecto do conflicto de Israel con Palestina". "Obrar en consecuencia"; acaso agarda unha desas auto-inculpacións dos contrarrevolucionarios que tanta furor causaron durante o estalinismo?. Valadés na Praza América, amarrado sobre unha pira de leña berrandolle á xente:

"Por favor, que algúen prenda un misto, antes de que siga contaminando ó mundo!".

Seguro que Torquemada estaría por alí, sentado nunha cadeira de praia...

Tamén di que o que lle pasa a Valadés é consecuencia non da cerrazón, a intransixencia ou o fanatismo, senón, nin máis nin menos que da pluralidade. Así, o noso Portavoz apunta:

"Claro, os que defenden o pluralismo non poden botar as mans á cabeza porque despois ese pluralismo opte, democraticamente, por recriminar determinadas actitudes".

O acoso, os insultos, a tentativa de expulsión, todo, son cousas que hai que tolerar en nome da pluralidade. Está ben sabelo. E digo eu; se a asamblea democrática soberana decide pasealo por Vigo cunha orellas de burro, tamén hai que acatalo, se a maioría así o aproba? Se cadra son un brando, pero creo que ata para os sionistas ten que haber un límite.

Logo de ler tantos despropósitos nunha sóa páxina, que podo pensar, senón que temos un lider de trapo? Puidendo aproveitar para erixirse coma representante do conxunto do BNG, de todos e todas nunha organización plural e aberta, Quintana prefire actuar coma un malote de sala de xogos, que ataca ó débil para parecer máis forte.

Despóis de botar semanas eludindo da-la cara, o mínimo tería sido un pronunciamento claro e inequívoco onde expuxese sen rodeos se é posible militar no BNG e simpatizar co pobo de Israel. Sen máis. No canto diso, unhas declaracións confusas nas que fai gala dunha gran prepotencia e nas que parece botarlle a culpa a Valadés da súa situación.

Se, despois de varios anos postulándose coma o artífice dun BNG renovado e plural, Quintana ten algúna intención de impulsar esa reforma, non se entende esta atitude errática que, lonxe de cimentar o seu liderazgo na confianza do militante individual, contribúe a aumenta-la sensación de cobardía e sumisión que moitos temos hoxe del.