12 de jan. de 2007

Sodoma e Gomorra


O xornal El Periódico publicou o pasado domingo unha reportaxe acerca das motivacións que levan a mozos musulmáns nados e educados en Europa a sumárse ás filas da yihad, con motivo da publicación en Francia do libro "Os novos mártires de Alá", do iraniano Farhad Josrojavar. O autor, residente no país galo, é especialista en Irán e no mundo islámico, así coma director de estudios da École des Hautes Études en Sciences Sociales.

O seu libro parte dunha vintena de entrevistas realizadas entre outros tantos musulmáns detidos por presunta vinculación con Al-Quaeda. A través delas vaise analisando porqué uns xóvenes educados en Occidente acabaron apoiando a quen propugna abertamente que a súa meta é destruí-la sociedade occidental, sustituíndoa por unha prolongación dos dominios do Islam. Os rapaces sinalan coma detonante a exclusión social á que se ven sometidos pola sua relixión, o cal me parece unha queixa lexítima. Moitas persoas viven unha situación de marxinalidade que as conduce a adoptar posicións radicais fronte á sociedade que as exclúe, e unha sociedade impermeable á inmigración, ou que só a asimila formalmente, é o mellor caldo de cultivo para a nefasta cultura de guetos. Unha vez asumido que dende occidente poderíamos ter feito máis por integralos, preocupame cal é, ós seus ollos, a solución a este problema:

"Unha cousa ofusca ás radicais: o que ven como a depravación moral dos occidentais, que os fai merecedores de ser castigados. "Deus lapidou as cidades de Sodoma e Gomorra e agora vai ocorrer o mesmo con Europa", alerta Osman. Para Ahmad, "En Europa estase todo o tempo tentado polo prohibido: a sexualidade, o alcohol, a droga...".

Ahsen, outro radical, di: "Quero loitar na yihad para que reine a lei divina. Quero poñer fin a este mundo depravado onde as mulleres saen con mulleres, os homes con homes, onde se copula cos animais e se viola aos nenos. A mulleres convértense en homes e os homes en mulleres. É monstruoso". "O que máis me choca --segue Ahsen-- é a homosexualidade. Hai que prohibila. É unha enfermidade para a que hai que atopar un medicamento".

Ademais, denuncian que a tolerancia de Occidente coa liberdade sexual tórnase intolerancia para o islam. "Aquí toléranse todos os travestimos, pero ao islam impídeselle todo", di Hasán. Osmán coincide con el: "Pódese ir espido, pero unha muller que queira cubrirse co veo para respetar a Deus sofre todo tipo de humillacións".

O resultado é que hai que combater a Occidente, berce dunha depravación que está contaxiando aos países islámicos e que subvierte as leis naturais ditadas por Deus. "Hai que facer a yihad contra Occidente --clama Ahsen-- porque a raíz do mal está aquí, que é onde se inventan as depravacións".


Unha amiga parisina contábame que o problema está precisamente nos emigrantes de segunda xeración, posto que foron educados coma franceses na escola, pero ó incorporarse ó mercado laboral se atopaban con que o resto da socieadade non os trataba coma semellantes. Sen embago, non parece que os polacos ou os angoleños, que tamén pasan por problemas desa índole, respondan coa violencia coa que o fan estes razaces.

En Francia integráronse os xudeos, os polacos, os angoleños e os galegos; porqué con eles tería que ser distinto? Un dos entrevistados danos unha pista:"Co islam, Occidente enteiro respéctanos. Teñen medo de nós, trátannos de fanáticos, de tolos, de divos, de xente violenta que non dúbida en morrer e en matar a outros, pero xa non nos desprezan máis." Dificilmente poderá ser integrado quen coida que o recurso á violencia é válido, xa non para que respeten os seus dereitos, senón para acadar algo tan etéreo e intanxible como a dignidade. Martin Luther King encamiñou a revolta pacífica dos negros estadounidenses para acada-la equiparación dos dereitos civís cos que ostentaban os cidadáns brancos, pero o que esta xente busca non é calibrable obxetivamente. Buscan a súa dignidade, ser respetados, ser temidos:"Os musulmanes conseguiron unha nova dignidade que reposa sobre este medo que inspiran nos occidentais".

Espero e desexo que dentro do mundo árabe se dean os pasos necesarios para que a integración en Europa sexa efectiva, encabezada polo sector máis dialogante do Islam, que existe e debe considerarse un interlocutor válido, e non capitalizada por estos prantexamentos xenófobos que só buscan laminar as conquistas sociais acadadas nas actuais democracias occidentais.

Por se alguén ten interés, o texto íntegro pódese atopar en El Periódico.com

3 comentários:

Colectivo GZ-Israel disse...

Nunha recente conferencia en Compostela, Shlomo Ben Ami falaba entre outras cousas das diversas modalidades de "integración" que Europa adoptou cos cidadáns musulmans. O modelo Frandés, de creación de grandes guetos nas periferias das cidades e vilas. O modelo británico, de integración total, do que denominariamos facendo un símil limgüístico "inmersión" cultural e o que el máis que denominar preguntaba en voz alta: O modelo español?. O dramatico é ver coma cidadáns británicos de orixe musulman, de segunda e incluso terceira xeración, son os autores dos terribeis atentados jihadistas do metro de Londres. Cal pode ser a vía de integración? U-lo modelo?

Tariq Ramadán, un islamista moi ben visto pola progresía europea e a esquerda de boutiq, fala abertamente da "redefinición do nosoutros" en canto europeos. Discrepo radicalmente. Para min, o xeito de integración do islam en Europa e por extensión en Occidente ten que basearse no total e absoluto respecto por parte dos chegados, da natureza, do SER europeo. Baixo ningún concepto Europa debe claudicar e por exemplo limitar, autocensurarse nun dereito que custou séculos, como é o da Liberdade de Expresión.

J. disse...

Por desgraza eu tampouco vexo que esto teña unha solución doada. A particular natureza da inmigración musulmana con respecto ós demáis movementos migratorios chegados ó continente estriba, dende o meu punto devista, en que estos outros tiñan unha presenza limitada no territorio no que se asentaban, o cal os puña nunha situación na que para eles era posible integrarse pero non alterar o status quo. Isto, coa presenza masiva do islam, non sei ata que punto é posible. O exemplo que vostede pon é paradigmático. Ata Sarkozy está disposto a renegociar os dereitos civís da República francesa coas autoridades relixiosas musulmanas; se Francia, paradigma do laicismo, está disposta a ceder, qué non pasará en países onde a división Estado-igrexa é tan feble coma no noso? Se por medo a parecer racistas acabamos tolerando unha merma efectiva nas calidades das nosas democracias, recortando a liberdade de expresión ou tolerando actitudes que vulneran o libre desenrrolo individual da personalidade, por moito que se faga alegando o multiculturalismo, estaremos a promover algo moito peor e irreversible.

Colectivo GZ-Israel disse...

Corrección de erro meu: Os modelos de integración son a inversa. O francés busca a inmersión nun estado laico (lei do velo por exemplo) e o británico é o respecto multicultiral ao máximo que poden ser deturpar as súas raigames británicas. De todos xeitos, non funciona ningún dos dous.