17 de fev de 2007

Execución en Cisxordania















O pe de foto só mencionaba o lugar, e o primeiro comentario aludía a política militar de George Bush. Sen pensalo dúas veces supuxen que o soldado era israelí.

Logo entereime de que están a tirotealo porque sospeitan que podía estar colaborando co exercito de Israel. Os tres son árabes; probablemente, os tres palestinos.

As persoas que saímos en defensa do Estado de Israel non o facemos por xenreira cara os palestinos. É precisamente a íntima convicción de que a paz chegará cando ambas nacións teñan o seu Estado o que nos leva a esta posición. Cremos, ademáis, que sí hai unha vontade de paz por parte de Israel. Vendo cousas coma esta, o único que un quere é que a ANP dea os pasos necesarios para acadar o seu cometido. Nin os israelíes nin os palestinos merecen un só día máis de sufrimento.

4 comentários:

max disse...

"Nin os israelíes nin os palestinos merecen un só día máis de sufrimento".

Nem mais!

Anônimo disse...

Evidentemente, se os vergugos fossem (como de costume) soldados israelitas, nem mereceriam espaço no teu blogue...

Julicheiro disse...

Prezado anónimo: o que quixen ilustrar é que a maneira na que se nos presenta a mairía das veces a información fai fincapé en que a violencia procede do bando israelí. Onde están os titulares cando ésta procede de Hamas contra a poboación civil palestina? Ou é que só conta a violencia cando vai dos israelíes ós palestinos?

Pedro Morgado disse...

Completamente de acordo!

Choca-me todo e qualquer tipo de violência...