O matrimonio homosexual convírtese en legal en Israel
Unha decisión da Corte Suprema de Israel convirte a este Estado no novo membro do reducido elenco de países no mundo que admite o casamento entre persoas do mesmo sexo. Coa oposición dos ultraortodoxos ("We don’t have a Jewish state here. We have Sodom and Gomorrah here”), e o satisfacción da Asociación polos Dereitos Civís en Israel, a decisión do alto tribunal conmina ó Goberno a por fin ás discriminacións que ata o dagora existían en materia de recoñecemento de matrimonios.
Hai que ter en conta que actualmente en Israel non exite o casamento civil, o cal supón un anacronismo dificilmente xustificable tendo en conta o nivel de libertades e dereitos dese Estado. Na práctica, o que a xente adoita a facer é ir a casarse ó extranxeiro, e logo o Ministerio de Interior recoñece o casamento. De feito, polo que teño oído, existe unha industria turística moi importante na illa de Chipre arredor destes matrimonios.
No caso das parellas homosexuáis, estas deberán casarse nalgún Estado que teñan recoñecida esta modalidade de casamento, coma é o caso do Estado español. Quen sabe; pode que algunha parella hebrea recale na Galiza para contraer aquí matrimonio...
En todo caso, todo o que contribúa a derrubar barreiras nese senso é unha boa nova pola que todos debéramos felicitarnos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário