Eleccións municipáis
Se agora dende este blogue pido o voto para o BNG nas próximas eleccións municipáis, moitos pensarán que son un cínico, outros consideraranme incoherente, e haberá quen vexa niso unha velada petición de perdón á organización política na que milito.
E todo porque, anque dende o principio deixei ben claro que o que eu criticaba era unha decisión arbitraria dunha parte moi concreta da organización (mellor dito, dun dos partidos que a integran), o vendaval foi presentado coma unha traición, unha afrenta ó conxunto da organización, e non unha crítica a unha decisión dun dos seus órganos. Non coma crítica, senón coma disidencia.
Por iso haberá quen pense que, agora que se achegan as eleccións, nada me gustaría máis que ver coma a dirección quedase desautorizada nas urnas. Anque eses foran os termos (que non son), non me gustaría ver tal cousa. E non porque sinta especial estima polo grupo dirixente, senón porque, independentemente de que os que están agora me gusten máis ou menos, o Bloque Nacionalista Galego é a única formación política coa que conta este país para supera-lo seu atraso crónico, as vellas formas de facer política que postergan índa a chegada da cidadanía a gran parte da poboación.
Por primeira vez na súa historia, o BNG concorre en tódolos concellos de Galiza, igualando dende a súa modestia ós dous grandes partidos do Estado. O fito é consecuencia dun traballo de implantación dificil, cheo de atrancos e, con frecuencia, ingrato e anónimo. Traballo ilusionante que non merece caer en saco roto, que non debemos desperdiciar por moito que haxa cousas da organización que molesten.
En Galiza hai dous partidos-sucursais e unha organización xurdida de nós que, coas taras e os acertos, merece todo o noso apoio, o noso entusiamos, as nosas ganas de mudar unha sociedade que algúns quixeran ver sumisa e nós debemos amosar ergueita.
5 comentários:
Unha aperta e ao choio.
Ao choio,¿a que choio? ¿quen se pode fiar de PGV? ¿Cando voltará a actuar de topo a prensa?
Sr. Anónimo: se lle parece, déixeo. Se non, pola miña banda vouno deixar e pedirei, particularmente ao titular do blog, que non se entre ao trapo deste tipo de comentarios.
Estamos de eleccións, Julicheiro; vostede ben me entendeu. A por elas.
:) Outra aperta para vostede, e mans á obra. Se a enerxía que algúns gastan en purgas a empregaran en chegar á sociedade, ningún partido estatal podería superar a entrega e o entusiasmo do nacionalismo galego.
Estou totalmente dacordo, a magoa é que alguns poñen tanto entusiasmo en chegar a sociedade que enseguida contan todo aos medios.
Pola miña banda tamén vouno deixar, SR. Lugués.Un saúdo,
Ánimo e a por el@s.
Postar um comentário