Discriminación positiva
Hai anos, en Nova Iorque fundarase unha escola que ía admitir sóamente a nenos e nenas homosexuáis. A dirección da escola xustificaba que, ó criarse fora dun entorno homófobo, os nenos medrarían sen as incomodidades que habitualmente padecen por mor da súa opción sexual.
Estos días coñécese un caso similar. Esta vez é un hotel de Melbourne o que ven en gañar en xuízo o dereito a negarse a aloxar a clientes heterosexuáis e a mulleres homosexuáis. O motivo, desta vez, é que a clientela gay se queixara de que non se sentía cómoda compartindo o establecemento cos colectivos citados. No seu pronunciamento, a Comisión de Dereitos Humanos de Vitoria saudou a medida coma positiva, "por estar en liña coa defensa dos dereitos dos grupos suxeitos a discriminación".
Pregúntome cantas veces se terán negado a aloxar nun hotel a gays polo mesmo motivo. Agora que cambian as tornas, enténdese que é unha medida progresista?
Agárdanse comentarios.
2 comentários:
Complicado. Son un firme partidario da Discriminación positiva coma único xeito de mudar (ou tentalo) desigualdades fortemente arraigadas. Non hai outro xeito de corrixir, non hai. Neste caso acho que o que se debe perseguir con firmeza é a discrminación por motivos de orientación sexual. Por exemplo nun hotel. Ninguén pode negar un cuarto a ninguén pola súa condición sexual, racial, etc...
Non permitir o aloxamento de heterosexuais ou lesbianas non me parece atinado e sobre todo, paréceme contraproducente. Guetiza ainda mais ao colectivo gay.
Efectivamente, Pedro; esa é tamén a miña postura. A discriminación positiva, en todo caso, debe estar orientada a integrar nun ámbito a colectivos tradicionalmente marxinados. Pero esta medida, coma a da escola á que aludo no post, non van nesa liña, senón na que ti apuntas de guetizar a un colectivo.
O que quería sinalar é coma, baixo un pretexto aparentemente loable, o que se produce non é discriminación positiva, senón discriminación pura e dura.
Postar um comentário