22 de mai. de 2007

Ultraortodoxos



... e tamén ...



Grazas, Pedro ;-)

5 comentários:

Anônimo disse...

Ás veces, teño a impresión de que vostedes simplemente aspiran a ser os herdeiros en Galiza do testamento "político" de Pim Fortuyn: eurocentrismo provinciano, arabofobia rampante, defensa elegantemente subtil do choque de civilizacións (coa conseguinte utilización da cuestión gay con fins espurios), caracterización de Israel como o "noso" bastión cultural e político no medio da marea yihadista,...
Estou seguro, iso si, que o líder de masas holandés nunca tería empregado o Play Boy como criterio de modernidade e cosmopolitismo.
Pero claro, infelizmente, isto é Galicia e non the Netherlands.

J. disse...

Penso que os prexuízos están na súa cabeza, non neste blogue. Maila as súas críticas a Israel, eu nunca caería tan baixo de acusalo de antisemita. Sen embargo, para vostede, defender a Israel significa odiar ós árabes.

Ante unha acusación tan grave, o mínimo sería indicar un só comentario meu, neste blogue ou en calquera outro foro no que afirme que os árabes son desprezables, ou inferiores, ou que había que matalos a todos, coma sí que leo tódolos días con respecto ós xudeos. En nome da solidaridade, faltaría máis.

Odiar a Israel , ó revés que no resto dos odios, conleva unha carga de prestixio intelectual dificilmente explicable. Odiar ós árabes (a todos, do primeiro ó último) é reprobable (normal). Pero odiar ós xudeos israelíes (anque vostede negará que os odia, faltaría máis; só quere que o seu país desapareza), é un signo de inequívoco progresismo. De pseudoprogresismo de cartón pedra, na miña opinión.

Penso que a súa perspectiva a que adoece dese provincialismo que me reprocha a min, provincialismo que o leva a crer que a defensa dos dereitos humanos é unha mostra de "eurocentrismo", ou "occidentalismo", e non unha premisa de validez universal.

Segundo vostede, defender os dereitos dos homosexuáis é unha táctica para impoñer as ideas occidentais no mundo. Un argumento tan cínico non merece máis que o meu desprezo. Seguindo a súa liña de pensamento, aquelas sociedades que crean que a homosexualidade é un pecado deberían seguir guiándose por eses criterios, sen facer nada por tratar de introducir nelas a modernidade que vostede se atribúe alegremente.

Por último, non creo que Play Boy sexa signo de modernidade nin de cosmpolitanismo. Pero, no pérfido país dos sionistas, existe a liberdade de organizar esta clase de eventos que tanto desagradan a tódalas relixións monoteístas. Coma tamén pode organizar manifestacións en contra do goberno, ou foder con quen queira, ou levar vida de ultraotodoxo. E non pasa nada.

Claro que difundir estas cousas non agrada a moita xente, na medida en que bota por terra os seus prexuízos sobre un país ó que consideran unha anomalía que debe desaparecer canto antes.

Anônimo disse...

Non se altere tanto home, que isto é só un pouco de ruido. A ver:
1. Claro que teño prexuizos; coma todo o mundo.
2. Vostede afirma que eu odio aos xudeos israelíes. Ou sexa, que aínda que non o queira recoñecer, si que me chama antisemita.(Segundo o DRAE antisemita é o "enemigo de la raza hebrea, de su cultura o de su influencia"). Non vou negalo, entre outras cousas porque creo que me resultaría imposíbel convencelo do contrario. Vostede xa me sentenciou. De calquera xeito, paréceme unha acusación grave. Debería indicar un comentario meu no que afirme que os xudeos son seres desprezabeis, inferiores ou que hai que matalos a todos. É sobre todo: dígame, por favor, cándo afirmei eu que desexaría a desaparición do Estado de Israel.
3. A súa arabofobia (probablemente como o meu antisemitismo ou a homofobia do PP)nunca é tan explícita ou zafia. Ou sexa, reñocezo que non é rampante. É máis ben unha mensaxe subliminal, unha idea subxacente que se manifesta por exemplo na perenne contraposición/comparación Israel/Occidente-Países Árabes, no pánico irracional á incorporación de Turquía á Unión Europea, na identificación implícita árabe= fanático terrorista, na rotunda oposición ao que o árabe teña calquera estatus oficial en Europa (a pesar de ser unha língua falada por millóns de cidadáns do continente), na utilización constante da palabra ameaza,...Un exemplo concreto? Pois, por exemplo, cando di que se Israel se retirase dos territorios ocupados, os PAÍSES ÁRABES aproveitarían para atacar impunemente Israel (¿todos os países árabes? ¿todos os países musulmáns?).
4. Sabía vostede que só a ocupación belga do Congo ocasionou 10 millóns de mortos? E cómo calificaría vostede a invasión anglo-americana de Irak? Como unha operación en prol dos dereitos humanos? Non entendo como persoas que se declaran de esquerdas ignoran conscientemente o papel deste vello/novo imperialismo. E non entendo cómo esas persoas reproducen e eloxian as diatribas filo-racistas dun tipo como André Glucksmann (un dos valedores "intelectuais" de Sarkozy, como vostede saberá). E non entendo cómo se pode argumentar que os marines ingleses secuestrados por Irán estaban actuando como parte dunha forza multinacional cun mandato explícito da ONU para protexer as instalacións de petróleo (sic) e impedir o contrabando de armas a Iraq.(resic).
5."Seguindo a súa liña de pensamento, aquelas sociedades que crean que a homosexualidade é un pecado deberían seguir guiándose por eses criterios, sen facer nada por tratar de introducir nelas a modernidade que vostede se atribúe alegremente."
????????????? Creo que debería ler mellor o que escriben os seus interlocutores. Pim Fortuyn afirmaba que el non tiña nada contra os árabes. Ao contrario, segundo el, moitos pasaran pola súa cama. Pois iso.
6. "Pero, no pérfido país dos sionistas, existe a liberdade de organizar esta clase de eventos que tanto desagradan a tódalas relixións monoteístas. Coma tamén pode organizar manifestacións en contra do goberno, ou foder con quen queira, ou levar vida de ultraotodoxo. E non pasa nada."
O que non poden os gais israelíes (nin os heteros nin os bisexuais nin os transexuais) é negarse a disparar contra outros gais.
7. Creo que antes de que isto se convirta nun intercambio continuo de ataques "ad hominem", deberiamos deixalo, ¿non lle parece?
Que vostede siga ben.

Anônimo disse...

¡¡ que se biquen !!!
¡¡ que se biquen !!!

J. disse...

Recoñezo que, cando lin o seu comentario, me pillou co pe cambiado. Xusto despois de deixa-lo ordenador me arrepentín de ser tan brusco, pero cando lin o de "arabofobia", "provinciano", ou "emprega-la cuestión gay con fins espúreos" cabreeime moitísimo. Pídolle, pois, desculpas; perdéronme as formas.

En case calquera tema é dificil establecer un límite claro entre a mera crítica e o ensañamento. Cando o tema é Israel, o límite é case imposible de atopar, especialmente para as persoas que simpatizamos co nacionalismo hebreo. No medio dun mar de críticas provintes do antisemitismo de toda a vida (agora baixo a mascarada da solidaridade cos palestinos), non poucas veces se lle fan ás institucións de autogoberno do pobo israelí críticas que están dabondo xustificadas. O outro día, en Chuza, alguén me reprochaba que en Israel non existe o matrimonio civil; esa é a clase de críticas, máis que xustificadas, que se lle poden facer a ese país. É máis, neste caso, eu mesmo o tiña criticado, hai algún tempo, neste mesmo blogue.

Mire, eu non vou a xustificar nunca, nin o imperialismo europeo "clásico" nin unha invasión coma a de Irak, feita co único ánimo de esquilma-las reservas de petróleo do país mesopotámico. Atribuírme a defensa desa hecatombre, polo feito de simpatizar (anque sexa de modo tan vehemente, coma ás veces é o caso)con Israel, é un prexuízo coma outro calquera. Prexuízos nos que, sen dúbida, eu tamén caio á hora de tratar temas tan espiñentos. E aquí podería entrar a rebatir os que vostede me atribúe (e vostede entraría de novo), pero coido que non ten sentido facelo, polo mesmo que di: isto vaise convertir nun enfrontamento contra a persoa, non contra os argumentos.

Mellor deixámolo para outro día, con calma.