21 de jul de 2007

Este domingo, Dutifri en Israel


Este domingo, ás 21:30, o programa de viaxes Dutifrí, presentado por Javier Sardá, estará adicado á cidade de Xerusalem. O xornalista catalán fará o percorrido acompañado de Pilar Rahola e do cantante Ramoncín (o de Rahola é evidente, pero non teño nin idea de cal é a relacción que hai entre este último con Israel).
.
O programa cubrirá a boda do fillo dun rabino, a celebración do Shabat cunha familia que perdeu un fillo mentres cumpría o servizo militar, e as opinións dun ex-soldado disconforme co exército.

5 comentários:

Anônimo disse...

Que pasa que só che interesa o sionismo. Non serás a mesma persoa que o tan manido Pedro Valadés?

Anônimo disse...

OHHHHHHH !!! Ramoncín que grande intelectual.
O Rei do polo frito, xunto coa Pilar Rahola. Deus os cria e xa se encargan eles de xuntarse.

Julicheiro disse...

"Que pasa que só che interesa o sionismo". (Sic) É unha mágoa que a policía vaia casa por casa para comprobar que se está a ler este blogue. Tratei de evitalo, ten que crerme, pero a brutal opresión xudea é poderosa de máis. Xa sabe; eles son omniscientes.

E non, non son Pedro. Por incrible que pareza, hai máis dunha persoa que non só non odia a Israel, senon que incluso sinte simpatía por ese país. Si, o mundo é un lugar extraño.

Agora en serio: porqué hai tanta xente que odia o que escribo, e sen embargo ven a lelo? Supoño que se deberá á necesidade de identificar ó Mal, para telo controlado. Pois nada; póñanse cómodos, porque o blogue segue adiante.

Carlos disse...

Heche a ostia con algunha xentiña. Hai blogs e máis blogs que satanizan Israel e que non ocultan (é progre) o seu antisemitismo e claro, eses blog son normais. Pero, PERO se alguén sinte simpatía por Israel...zasss!!! salta o mono acusando de sionistas e tal e tal. Pois si, eu son galego. son nacionalista galego e se fora israelí sería sionista. Como se fose vasco sería abettzale.

cossimo disse...

Carlos, e se fose iraní, sería entón gardián da revolución?
E se vivise nos territorios ocupados (se me permite a expresión)?
E se tivese nacido en Utah, qué sería? Un belicoso mormón republicano?