6 de jul de 2007

Un chovinista da lingua

"Eu não sou um chauvinista do país, mas sou um chauvinista da língua. O hebraico é um maravilhoso instrumento musical. É um vulcão em erupção. Eu já criei palavras que estão no dicionário. É o mais próximo da imortalidade a que se pode chegar"

Amós Oz

Visto en Verdes Trigos.

2 comentários:

Lugués disse...

Cando lin o título, antes da cita, pensei que ía sacar vde. un texto a prol do decreto para uso do galego no ensino. Desde logo, non pretendo orientar a súa escolla de temas (non faltaba máis), pero no momento en que andamos -o españolismo explícito organízase contra o establecemento de espazos realmente normalizadores- penso que galeguistas e nacionalistas deberían manifestarse en forma igualmente explícita.

Desculpe se o incomodo. A cita de Amos Oz, fermosa; sen ironía.

Julicheiro disse...

Se lle son sincero, últimamente orientei tanto o blogue cara a conxura sionista que me esquecín un pouco de falar do noso país.

E por suposto que ten toda a razón en que aquí si que se está a dar unha conxura de verdade, a que pretende evitar que en Galiza se dea unha política normalizadora verdadeiramente eficaz, e non o malfalado "bilingüismo harmónico" que está levando o noso idioma ó cadaleito. Saúdos.