13 de jul de 2007

O traballo pendente de Cunqueiro

Anque xa hai meses que está colgado en varios sitios na blogosfera galega, aínda non vira a entrevista feita no 78 a Álvaro Cunqueiro que Pedro descubreu e colgou no seu blogue. Concretamente, veño de ve-la na Rúa Xudea que Xoán Salgado mantén aberta para que poidamos segui-la pegada sefardí no noso país, e na cal podemos atoparnos con tesouros coma estes dous artigos de Luís Seoane.

A entrevista dura máis dunha hora, pero é xusto ó final cando o mestre revela os seus proxectos. Descoñezo se chegou a completa-la tarefa, anque penso que non tivo tempo dabondo coma para recolle-las andanzas deses xudeos que, na Galiza medieval, conviviron cos galegos naquelas tranquilas vilas de interior que tanto gustaban ó escritor de Mondoñedo.

2 comentários:

Anônimo disse...

¿Como se titula ese libro sobre xudios en Galicia?. Gracias.

Julicheiro disse...

Sinto non poder axudalo, pero non sei se chegou sequera a escribilo. Polo que di na entrevista, era un dos traballos pendentes, pero na lista dos seus libros publicados non vexo ningún que cadre con esas características.

Sen vexo que tal libro existe (oxalá!), deixarei aviso no blogue. Saúdos.