5 de jul. de 2007

Sen termo medio

O outro día, mentres cambiaba de sitio os exemplares atrasados da revista Tempos Novos, estiven lendo de novo o artigo Democracia, relixión, e liberdade de expresión, de Miguel Vázquez Freire (número 106) no que se reflicte ben a dualidade coa que se trata ó Islam na actualidade.

O artigo, escrito no contexto da polémica polas caricaturas de Mahoma, incide nas contradiccións que actualmente dominan o tratamento do Islam que se fai en Occidente, especialmente, engadiría eu, por parte daqueles persoas e medios de comunicación autodenominadas progresistas.

"Da vella islamofobia que, sen dúbida, predomina aínda en bóa parte da cultura occidental (velaí están os estudos prácticamente inapelables do palestino Edward W. Said: Orientalismo, Libertarias 1990; Cubriendo el Islam, Debate 2005), correse o risco de pasar agora, ben a unha artificiosa islamofilia forzada, atrapados no falso dilema de optar obrigatoriamente entre o rexeite xenófobofo do Islam ou a súa aceptación acrítica, ou ben - máis frecuente - a unha autocensura alimentada a medias polo temor a caer no políticamente incorrecto e no medo físico a ser potencial vítima da agresividade fanática. En calquera dos casos, non estaríamos a falar da única superación da islamofobia compatible e coherente cunha posición democrática e igualitaria: a de considerar, a todos os efectos , a quen practican a relixión islámica como cidadáns suxeitos dos mesmo dereitos e deberes que calquera outros, e ás ideas nas que cren como dignas do mesmo respeto pero tamén do mesmo escrutinio democrático".

Nenhum comentário: