14 de jul de 2007

Unha avóa veneciana


Hugo Pratt

Tiña eu catro ou cinco anos, tal vez seis, na época na que a miña avoa me pedía que a acompañase ó Vello Gueto de Venecia. Iámos a visitar a unha das súas amigas, a señora Bora Levi, que vivía nunha casa vetusta. Chegábase ó cuarto desta señora por unha escaleira exterior de madeira, chamada a «escaleira tola», a «escaleira das ratas de sumidoiro», ou tamén a «escaleira turca». A boa muller dabame un peladillo, unha taza de chocolate espeso e ardente e dous biscoitos sen sal que non me gustaban nada. Logo, a miña avóa e ela adoitaban a sentarse a xogar ás cartas, sorrintes, murmurando frases para min incomprensibles. Para entreterme, só me quedaba o recurso de pasar minuciosamente revista a cada un dos cen medallóns, colgados na parede forrada de terciopelo roxo escuro, que me observaban detrás do seu óvalo de cristal. Digo que me observaban, porque aqueles medallóns contiñan vellos retratos de severos cabaleiros con uniforme dos Hasburgo, ou retratos de rabinos confinas trenzas negras e sombreiros de ancha ala. Todos parecían mirarme cunha insistencia cercana á indiscreción.

Xa un pouco violento, ía á ventá da cociña e contemplaba dende alí unha praciña salpicada de herba e un pozo con brocal cuberto de hedra. O seu nome: Patio Segredo, chamado Arcano. Para chegar a el había que abrir sete portas, cada unha das cales tiña grabado o nome dun shed, demo da caste dos Shedim enxendrada por Adán cando éste foi separado de Eva despóis do seu acto de «desobediencia». Cada unha das portas amosaba ó abrirse unha palabra máxica: Sam Ha, Mawet, Ashmodai, Shibbetta, Ruah, Kardeyakos, Na´Amah.

Un día, a señora Bora Levi tomoume da mane levoume ó Patio Secreto, aluemeando o noso camiño cunha menorah, o candelabro de sete brazos. Cada vez que ela abría unha porta, apagaba unha vela. O patio estaba cheo de esculturas e de graffiti: un rei armado de arco e frechas ensartando a un deus, un recén nacido, unha cazadora tamén con arco e frechas, unha vaca cun só ollo, unha estrela de seis puntas, un círculo trazado no chan para facer bailar nel a unha rapaza espida, os nomes dos ánxos caídos: Samuel, Satael, Amabiel. A dama xudea falábame de tódalas cousas e contestaba ás miñas preguntas. Logo, abría unha porta ó fondo do patio e conducíame por un caleixón no que medraba alta a herba, e que levaba a outro patio maravilloso. Crin voltar a velo moito máis tarde, cheo de flores, nunha casa da Xudería de Córdoba.

Lembro dque no Patio Secreto había unha señora moi fermosa, sempre rodeada de nenos e de adolescentes que xogaban arredor dunha xigantesca mariposa feita de anacos de cristal de cores. Era Aurelia, a mariposa gnóstica. A gnosis presentándose a si mesma coma fonte inagotable de sabiduría e ofrecemento, en mil reflexos coloreados, o que desexa cada cal.

Estas dúas prazas, unidas entre si por este caleixón escondido, de nome «Pasaxe Estreito da Nostalxia», constituía o centro fabuloso no que se fundían dous mundos secretos: un, o das disciplinas talmúdicas; o outro, o das disciplinas filosóficas esotéricas xudeo-greco-orientáis. Todo aquel laberinto de escaleiras, ruas, patios e prazas chamábase «Serrallo das Belas Ideas», ou ben «Serrallo dos Hebreos». En tan espléndido lugar, eu xogaba no nenos xudeos que mesmo sabían cantar as cousas dos tempos antigos que escalar as tapias prohibidas. As nenas tiñan, ademáis, inquietantes sorrisos que eu lía nos seus ollos, á sombra dourada dos desváns. Todos eles foron os primeiros en facerme descubrir os Abraxas de Basílides e os símbolos pitagóricos, as serpes en crecente de lua e os debuxos de Menandro e de Saturnino. Foi alí onde por primeira vez, oín os nomes de Simón o Mago, Manes, Oríxenes, Arrio, Valentín, Xustino, Carpróctares, Epifanio, Tertuliano, Agustín, Hipatia e tantos outros. Foi nese mundo fascinante donde se me falou da Clavícula de Salomón e da esmeralda de Satán, a cal, segundo a tradición hermética, teríase desprendido da fronte do anxo do mal para convertirse no símbolo da «ciencia maldita» entre os homes.



Ó cabo dalgún tempo, a miña avoa decidía que xa era hora de voltar a casa (nos viviamos ó outro lado da cidade, na Bragora), e con verdadeira dor física separábame daqueles misteriosos amigos. Eu era todavía xoven demáis para que os meus país me deixaran saír só e tiña que agardar toda unha semana, ás veces máis, para voltar ó ghetto. No camiño de volta pasabamos polo Rio della Sensa, na madonna dell´Orto, donde se atopan empotradas, nos muros do antigo «Fontegno degli Arabi», as estatuas de tres irmáns sarracenos: El Rioba, Sandí e Afani. CAndo eu preguntaba quénes podían esos persoaxes vestidos «á grega», a miña avoa respostaba que eran mouros, mamelucos turcos, dándome a enteder que aquelo era algo do que non había que falar. Despóis do cal, ela ía xugar un número da «loto», segundo a cábala veneciana das loterías.

Aquelas preguntas sen resposta acerca de turcos, sarracenos e árabes excitaba a miña curiosidade ata o punto de levarme a pedir explicacións ós moitos membros da miña familia. Así me enterei de que os Genero, por parte da miña nai, procedían da cidade española de Toledo, e eran de orixe xudeo-sefardita, convertidos ó cristianismo á raíz das crueis persecucións de 1390, en España. Os Genero tiñan lazos de parentesco cos Toledanos, os Greggyos e os Azim; estos últimos eran sopradores de vidro bizantinos en Murano.

Na familia falábase a miúdo de mercaderes ou de espías árabes chegados a Venecia en busca do que os piratas venecianos lles quitaran. Pódese decir que este era incluso un tema cotiá entre nós. Lémbrome de que, un día, un dos meus tíos levoume a unha praza escondida moi preto de San Marsilian e ensinoume un morcego de mármore verde nun nicho de alabastro. Explicoume que era o símbolo dunha seita de aventureiros sarracenos relaccionados cos Templarios e os Cabaleiros Teutónicos. Foi pasando o tempo. Comencei a ir só ó ghetto, e frecuentaba cada vez con máis asiduidade ós amigos que vivían nas dúas prazas e tamén as súas casas.

Despois, os acontecementos leváronme a África. En Etiopía, en Addis Abeda, atopeime o mesmo ambiente veneciano na comunidade greco-armeno-xudeo-exipcia. Nas bibliotecas de Debra Marcos, Debra Ghiorighis, Debra Mariam, nos libros e nas representacións coptas da raíña de Saba e do rei Salomón, descubrín que sempre están as sete portas segredas na vida dos homes que queren saber. Vin que as fórmulas máxicas sempre son sete, que os diáños son sempre os mesmos, que os libros ocultos parécense moito e que os anxos caídos son algo máis numerosos. Na literatura copta atópanse historias antigas con aditivos apócrifos. Os meus novos amigos de África oriental, un pouco máis vellos, contábanme historias maravillosas sobre os viaxes de Enoch e os Xardíns do Edén. As rapazas tiñan o mesmo sorriso inquietante que as nenas do ghetto, pero os ollos de maiólica das unhas eran moi diferentes dos ollos venecianos das outras.


Chegou a guerra e pasei algún tempos en Dancalia e en Ogadén, entre camelos e contrabandistas. Un cameleiro ensinoume que para entrar en Al-Jannha al-Adn, o xardín do Edén, hai que abrir sete portas no deserto, e que para iso hai que coñecer os nomes dos sete anxos terribles da tribo dos Shaitans, ou ben ir acompañado dun poeta que teña unha chave de ouro debaixo da lingua. Logo, un árabe eritreo informoume de que o Adriático se chamaba Giun Al-Banadiqin, o «Golfo dos Venecianos» e de que os exipicios denominaban a Venecia Al-Bunduqiyyah.


Cando regresei a Italia, índa non rematara a guerra: as casas do ghetto de Venecia estaban pechadas, e os xudeos que fuxiran delas escondíanse nas casas dos venecianos. Pola noite, en voz baixa, contábanse outra vez antigas historias hispano-árabes, falábse dunha cidade cabalística de Sefarad en Palestina, donde se atopaba a tumba de Simón Ben Yohai, a quen se lle atribúe a autoría da Zohar, o «Libro dos Esplendores». De novo, os días de festa, eu comía os biscoitos con sal que non me gustaban.

Acabou a guerra. Dende entón vou e veño polo mundo, case sen rumbo. Pero sempre acabo voltando a Venecia. Paséome polos seus caleixóns, cruzo os canais, detéñome nas pontes e decátome de que, nas ribeiras, xa non se ven esos cangrexos que, pola tarde, lacazaneaban ó sol. Xa non existe a «escaleira tola», nin tampouco está a señora Bora Levi. As ventás da súacasa aparecen tapiadas: é outro sitio. As miñas preguntas quedan sen resposta, ben porque os xóvenes non saben, ben porque os vellos non se queren lembrar.
Un día, atopei o nome da vella señora xudea que da daba o peladillo e a taza de chocolate ardente, grabado nunha placa de mármore xunto ó portal da antiga Schola Española, cos de outros xudeos deportados que non voltaron ó final da guerra. Estos nomes non son moi numerosos, pois Venecia agochou ós seus xudeos. Escondeunos nos seus «Patios Segredos», nos seus «Arcanos». Patios ocultos aínda hoxe detrás de celosos muro, os números dos cales cambian ante a ollada insistente de máis dun profano. Quedan os nomes vestustos que se van borrando nos seus grandes rectángulos brancos orlados de negro, coma esquelas mortuorias, e os gatos atigrados que parecen prantexar unha adiviñanza e suxerir que todo está alí, coma antes. Trátase de buscar. Dende o outro lado da Ponte Ebrea, pódese chegar ás tabernas onde aínda se xoga, coas antigas cartas árabes, á sarracena, á mahometana, á bela xudea. Xogos de oriente e de España. Os xudeos sefarditas conservaron as súas cartas, e as vellas chaves das súas casas españolas nos marcos das portas venecianas. Coma unha promesa para á diáspora debida á Inquisición española. Tamén na miña casa había unha chave española de Toledo; deixouma en herdanza a miña avóa, á vez que o seu fatalismo irónico e que un xogo de cartas árabes, que seguramente son máxicas.
Na Fondamenta que vai cara a Madonna dell´Orto e San Marsilian, hai un pazo cunha cruz teutónica, unha rosa e un camelo de pedra. A moita xente, iso non lle dirá nada; pero, cando se é veneciano de corazón, compréndese axiña que detrás dun símbolo teutónico agóchase seguramente un enigma; unha roseira que se enrosca ó redor dunha cruz virá a engadir misterio. A presenza dun camelo acabará por seducir do todo a alma dun veneciano, infinitamente inclinado cara canto supoña intriga.



Anque naceu preto de Rimini, Hugo Pratt sempre se considerou veneciano. Foi alí onde transcurreu a súa infancia, en parte narrada neste texto, que serve de prólogo a Fábula de Venecia, outra das aventuras do seu célebre persoaxe Corto Maltés.

O Ghetto de Venecia é o máis antigo de toda Europa. Foi creado no 1516, e nel estiveron obrigados a residir os xudeos venecianos ata que Napoleón decretou a igualdade de tódolos cidadáns no 1797. Ó marxe da praca á que alude Pratt, Venecia lembra ós seus xudeos perdidos na Shoah cunha serie de sete baixorrelevos, obra do lituano Arbit Blatas, que tratan a traxedia. Entre eles unha execución, traballos forzosos nunha canteira, a Revolta do Gueto de Varsovia, ou un dos trens nos que os deportaban.
.
Coma ben di, Venecia agochou ós seus xudeos. Maila todo, foron deportados aquí dous centos corenta e sete, dos cales, ó remata-la guerra, só oito voltaron a casa. A día de hoxe todavía unha trintena viven nel, dun total de cincocentos que residen na cidade.

Um comentário:

Colectivo Galiza-Israel disse...

Precioso texto do gran Hugo Pratt. Máis unha vez a alma xudea de Europa.