6 de fev. de 2008

A tamén vella (e útil) banalización do mal

(...) será que, no nome dunha pretendida solidariedade cos palestinos, hai partidos de esquerdas que desprezan o horror nazi, que non senten ningunha piedade polas vítimas xudías e que son os culpábeis da banalización actual do holocausto. Máis aló das simpatías de cada cal cos protagonistas dun sanguento conflito que dura décadas, os millóns de europeos asasinados son vítimas puras, e o seu desprezo é unha vergoña lacerante.

Pilar Rahola.

16 comentários:

Anônimo disse...

Canta falsedade e demagoxia hai, se o dí polo BNG, que o dí, esqueceuse explicar cales son os motivos polos que non están de acordo con ese "manifesto". O resto está dentro do marco de demagoxia e vitimismo do señor PGV.
Que por certo faltoulle tempo en montar unha rolda de prensa.

Anônimo disse...

Ninguén nega a memoria de nada, o que non se pode asinar é un manifesto que non recoñeza o comportamento dos xudeos cos palestinos, etc. etc.

Colectivo GZ-Israel disse...

AGAI fíxolle a proposta ao BNG de que emitiran DÚAS declaración diferentes. Unha referida ao día (lembremos que o 27 de Xaneiro é o DÍA INTERNACIONAL DE RECORDO DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO que fai referencia ao 27 de Xaneiro de 1945 cando as tropas soviéticas entraron en Auschwitz) e outra declaración, separada, sobre o conflito árabe-israeli nos TERMOS QUE O BNG QUIXER. A resposta do Sr.Aymerich foi negativa e innegociábel. Esta é a realidade. O demais é demagoxia e intoxicación. O BNG non aceptou asinar unha declaración de condena do Holocausto nazi e punto. Cada quen que logo tire as súas reflexións ao respecto.

Anônimo disse...

Porque dúas propostas? Usades o BNG para publicitarvos, se tan mal está o PGV que se vai dunha puta vez.

Anônimo disse...

Porque non podes fincapé en explicar porque non asinou. O que vos interesa é sair nos medios.

Pedro Gómez-Valadés disse...

Caro anónimo:

Pois non marcho do BNG porque é o meu BNG. Que desde a dirección se cometan barbaridades inxustificábeis como o veto a condena do Holocausto non muda a realidade. O BNG é o que hai. Por certo, a decisión do grupo parlamentar non pasou por ningún organismo.

Anônimo disse...

Aclarar que segues a usar o BNG e ta túa militancia para o autobombo. Segundo dicir que a postura do BNG arespeito do conflito Palestino está totalmente clara en multiples resolucions aprobadas por ¡¡UNANIMIDADE!! nas súas asambleas.
Terceiro, porque non falas da proposta presentada polo BNG? Non che interesa verdade?

El BNG propuso un texto de condena del nazismo y de la presión del Estado israelí sobre Palestina, pero no lo apoyaron ni PSOE ni PP, por lo que decayó. La iniciativa era la siguiente:

"A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixiónouideoloxía,dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos".

Anônimo disse...

Quedarse con que o BNG non condena o Holocausto, é unha postura interesada pola túa parte que deixa ver claramente cales son as verdadeiras intencions. Se non non utilizaras ao BNG ninguén sabería que existides.

J. disse...

E que se da a circunstancia de que non o condeou. Que agora se veña con excusas de mal pagado, sinalando a terceiros, non vai subsanar este erro capital.

Para aforrar máis respostas, quen queira a seguir dándolle voltas ao asunto pode ver o que xa se falou en Chuza aquí e aquí.

Anônimo disse...

Non terxiverses, non votou a favor do teu manifesto, a ben seguro que ti tampouco votarías a favor do deles, que por certo é reflexo da realidade do que acontece.
Xa te encargaches ti de que fose un "erro capital" faltouche tempo en convocar roldas de prensa e perder o cu por aparecer na prensa, que é o que verdadeiramente buscas, non sí?

Anônimo disse...

Ja,ja,ja........¡¡LIBERTAD DIGITAL!!, visto isto (Chuza) xa sabemos cal é a túa prensa de cabeceira.
Agora xa sabemos a que xogas e con quen xogas.

Anônimo disse...

Libertad Digital, no é de Federico Jimenez Losantos, gran xornalista da ultradereita española?

Anônimo disse...

Imos ver Xil. Podes dicir o que queiras amparándote no pseudo-anonimato. Mais eu e ti sabemos que non cres nin gota do que dis con tanta gracia e salero. Ben sabemos que gustas de estas brincadeiras provocadoras. Así que non cho tomo a mal.

J. disse...

Polo décimo e decimoterceiro comentario vexo que aínda hai xente que cre imposible que haxa máis dun proisraelí no Bloque. Moitos non somos, pero máis dun eu diría que si.

No meu caso, nin os meus compañeiros de localidade (salvo algúns moi próximos) saben de qué pe coxeo, e mentres as cousas non cambien, prefiro que siga así.

Anônimo disse...

IP incorrecto.
Non te desquicies.
"Cuán tormentoso é ver asasinos, a racistas asistir ás cerimonias do Holocausto Xudeu. Iso é necrofilia inconsciente da psique racista Europea. Necrofilia do etnocentrismo europeo, retrograda supremacía. Cerimonias na que asisten tamén seres feridos e marcados por aquel horror, pero porqué esa dor terminou prostituíndose nas mans do sionismo?"

Susana Khalin

Xoán Salgado disse...

Moito doen as verdade. Parabéns a Pilar Rahola