5 de fev. de 2008

A vella (e útil) histeria colectiva

O linchamento público que está a sufrir Abel está a ter o mesmo efecto que se reventasen os sumidoiros da cidade: toda a merda agochada sae coma un geyser á superficie. Que o Grupo Parlamentar do BNG se desmarque da lembranza institucional da Shoah é un mazazo en toda regra, pero que ademáis haxa tanta xente disposta a apoiar a súa atitude racista é coma para pensar moi en serio cantos retrógrados non camiñarán contigo en Compostela o Día da Patria.

Levo días discutindo na rede, intentando que a xente entenda que unha cousa é a Shoah e outra o conflicto árabe-israelí, pero vese que quizáis só sexa perder o tempo. Se non se matiza nalgo a Shoah, se non se culpa ao xudeu na mesma declaración, daquela mellor deixalo pasar. Total, tampouco é para tanto. O máis demoledor desta clase de atitudes é que revela que, por desgraza, maila a mudanza nas formas, a base social do nacionalismo galego segue a ter un nucleo rancio, provinciano, e profundamente xudeófobo. Podemos ollar cara outro lado, pero o certo é que quenes están dispostos a negar a memoria do Holocausto seguen a ser demasiados, se é que non medra co paso do tempo.

Se o que pretendía Aymerich e compañía era facer piña a dous meses das elecións, está claro que o conseguiron. Que para iso tiveran que botar man do odio grupal máis antigo do mundo, non pareceu importarlles en absoluto.

Se esta é a esperanza do País, triste futuro nos agarda.

[Máis: Carta de dimisión; entrevista en Galicia Hoxe; Blogue do BNG de Neda; e a nova en: Vieiros; El Faro de Vigo, Agencia Judía de Noticias, Chuza; El correo Gallego; La Opinión de A Coruña; La Voz de Galicia; A Nosa Terra; Libertad Digital Opinión: Pilar Rahola; Escaño 351; Jon Juaristi; Hermann Tertsch; Noggia (en inglés); Comunicat da Associació de relacions culturals Catalunya Israel: Shema Israel; Herut (1, 2, e 3)]

3 comentários:

Anônimo disse...

A actitude do BNG non ten ningún tipo de xustificación. Eu non matizo o Holocausto. Non creo que tamaño crime admita algún tipo de paliativo. Punto e final.

Anônimo disse...

Por suposto, pero o do xudeos cos palestinos non é menor.
Ou condenamos todo, un nada, porque os dous son condenables, non hai vitimas de primeira e outras de segunda.

J. disse...

Non é so infinitamente menor, senón ontolóxicamente distinto. Entre Israel e os palestinos hai un conflicto territorial, e pode critirar o que lle pete os métodos que Israel emprega, ou mesmo o oportuno ou non de que algunha vez o crearan, pero enmerdar a lembranza da Shoah por un conflito nado cando aínda non se sabía sequera se ese Estado chegaría a existir é xudeofobia pura e dura.

O demoledor disto é comprobar coma, para tanta e tanta xente á que se lle enche a boca coa palabra "memoria", a Shoah só foi unha matanza máis, coma a dos hutus e os tutsus. Na Shoah quedou tocada de morte a propia idea de civilización e quen non comprenda iso ou é un idiota ou quere vía libre para que ese fracaso se dilua.

Xa vai sendo hora de que deixemos de valernos dos palestinos, que dabondo teñen cos seus problemas, para dar saída a fobias moi nosas que seguen tan vixente a día de hoxe coma entón.