17 de mar. de 2008

Ante todo, sinceridade


"[Os enemigos de Alá] non coñecen que o pobo palestino desenrrolou os seus [métodos] de morte e búsqueda da morte. Para o pobo palestino, a morte convertiuse nunha industria, na que sobresaen as mulleres, e todo o pobo que vive nesta terra. Sobresaen os máis vellos nisto, e tamén o fan os muxahidíns e os nenos. É por isto que formamos escudos humanos de mulleres, nenos, anciáns e muxahidíns co obxetivo de desafiar á máquina de bombardear sionista. É coma se lles dixeramos a os sionistas: “
Nós desexamos a morte como vós desexades a vida."

Fati Hammad
, parlamentario de Hamás.


Pois norabóa.


[Máis: a nova orixinal; o vídeo coas declaracións]

9 comentários:

Anônimo disse...

Vostede está enfermo. Esa ligazón nunha palabra tan fermosa como noraboa é unha das cousas máis indecentes que teño visto en bastante tempo na rede.
Non se moleste en rebatirme. Eu tampouco o vou molestar máis a vostede.

J. disse...

Discrepín moito con vostede, máis nunca o considerei unha molestia. É libre de decir e facer o que lle pete, maís, se mo permite, a indecencia non está en recoller eses atitudes, senón no feito de que se produzan. A outra opción sería ollar cara outro lado, e iso non fará á realidade menos atroz.

Se quere, dígame só unha cousa; qué foi o que lle molestou, que o truxera a colación, ou ben a forma sarcástica de tratalo?

J. disse...

Sabe qué? Pensandoo ben, creo que ten razón. Hai maneiras e maneiras de tratar este tema, e o xeito no que o fixen foi, efectivamente, indecente. Podería telo enfocado dunha maneira moitísimo máis respetuosa. No canto de denunciar a barbarie de quén emprega a nenos coma escudos humanos, o tono do post pode lerse coma unha burla cara os propios nenos, e iso é obxetivamente deleznable.

Agora que o vexo claro, sinto terme expresado desta maneira, e gustaríame pedirlle sinceras desculpas aos leitores, comenzando por vostede mesmo. Non o digo por quedar ben, senón que comprendo que o seu enfado está xustificado.

Anônimo disse...

Cando o sabio sinala a lúa o imbecil mira o dedo. Coñecido refán chinés que dedico ao amigo valente anónimo. Un auténtico enfermo no sentido político do termo. É moi fácil agocharese no anonimato. Moi fácil.

J. disse...

Ola Carlos. En realidade, Cossimo non é ningún extraño, xa que leva moito tempo comentando no blogue. Si, emprega alcume, coma tamén o uso eu, pero non por iso o calificaría de anónimo.

E creo que esta vez ten razón, non porque me arrepinta de sinalar co dedo aos que empregan a civís coma escudos humanos, senón porque a maneira de enfocalo, cargada de sarcasmo, foi moi pouco respetuosa para coas vítimas inocentes.

Anônimo disse...

Creo que Cossimo está exagerando. Sinceramente no comprendo su ataque de indignación. En todo caso entiendo que no es responsabilidad de los autores de este blog, la responsabilidad por muy dura que sea el titular es de los terroristas que utilizan niños como escudos humanos. No de los autores del blog. Un poquito de seriedad.

Anônimo disse...

Esta declaración está manipulada, non foi iso o que dixo realmente esa persoa. Pero iso a ti dache igual, claro.

Anônimo disse...

Houbo moito que rebuscar para atopar iste texto, estou de acordo con cossimo, pero engado: reducir o conflito palestino a Hamas amosa a súa indecencia.

Anônimo disse...

morte ao estado de israel. Nunca haberá un estado palestino lexítimo.