13 de mar. de 2008

Do Iemen a Manhattan


Noa, nunha actuación en Stuttgart. Foto: don´t expect art.

"Tiven a idea de investigar e recuperar as cancións iemenitas que lle oíra cantar á miña avoa cando era nena. Escoitei un senfín de sorprendentes cantantes, de Aharon Amram, Zion Golan, Shoshana Damari, Shlomo Dachyani e Miriam Tzafri, ata Ofra Chaza. As fermosas melodías e maravillosas voces tocáronme profúndamente e sonrroxáronme grandemente, máis ningunha me atravesou tanto coma a da avóa Raquel,... ela é a número un, todo vai sobre a súa base. Tiña claro que unha moza nada en Israel e criada en Nova Iorque, onde as cancións iemenitas desaparecen, e son sustituídas por Joni Mitchell e Paul Simon, tiña que atopar o seu propio camiño para atopar ese fabuloso lugar (....)"


A cantante Achinoam Nini, mundialmente coñecida polo seu nome artístico, Noa, encabeza así a presentación do seu último traballo, Genes & Jeans, que coma se di no texto, é unha recuperación do cancioneiro popular iemenita e hebreo, pasada polo tamiz da cultura urbana neoiorquina.


Noa, que se dou a coñecer polo tema principal da premiada película A vida é bela, de Roberto Benigni, aborda neste novo disco o dificil reto de conxugar dúas linguaxes musicáis tan distintas. Cantando en inglés e en hebreo, busca traer aos nosos días as antigas cancións que oíra cantar de nena en Israel, intentando non desvirtualas no proceso. O resultado é, na miña opinión, satisfactorio, a xulgar polo que estou a oír nestes momentos.


A través das dezasete pezas do disco, a voz afortunada de Noa e unha instrumentacion austera conxúganse con naturalidade para acadar unha particular mistura de estilos. Non é, xa o advirte ela, unha recuperación arqueolóxica, senón un achegamento dende a súa cultura de adopción e a dos seus devanceiros. Se alguén busca unha achádega purista, é probable que Genes & Jeans o decepcione.


Por unha desas raras casualidades, o lanzamento do disco ven acompañado dunha grata sorpresa: a presentación do disco aquí, en Sefarad, terá lugar mañá, venres, en Santiago de Compostela. Noa dará un pequeno concerto acústico, ás seis da tarde, na Igrexa da Compañía (ver mapa), tamén coñecida coma Igrexa da Universidade, ubicada na zona vella, entre a Facultade de Historia e a Praza da Universidade.


Non se venden entradas, senón que o acceso é cun convite que se agasalla coa compra do disco nas tendas Gong. Eu xa o adquirín, xunto coa conseguinte entrada, e mañá á tarde alí estarei, disposto a escoitar (a poucos metros, por certo, de onde residía a comunidade xudía compostelana) un tranquilo concerto de quen trae á Galiza aires doutras terras, e doutro tempo.



[Máis: Igrexa da Universidade, Praza da Universidade, s/n. 15704, Santiago de Compostela, Teléfono: 981 563 100; ext: 11020; Gong Discos]

11 comentários:

MAR disse...

A versión de Noa de Ierushalaim shell zahav é desas cancions que eriza o cabelo e chama as bágoas de emocion aos ollos. Teño envidia sana do deleite que te espera mañá. Xa nos dirás

J. disse...

Contaba con ir acompañado, co que lle pedin ao da tenda dúas entradas. Ao final a outra persoa non pode vir, co que se che apetece e podes (supoñendo que vivas preto), a outra vai para ti.

Anônimo disse...

Deberíamos boicotar todos os artistas do Estado Racista de Israel que non condenen claramente o Apartheid contra as e os palestinos.

Colectivo GZ-Israel disse...

Curiosa proposta do an�nimo. Supo�o que ese boicot incluir�a a Ir�n, China, Siria, Cuba, Arabia Saud�...

Anônimo disse...

Non vexo a relación. Ainda así, responder co "e ti máis" denota escaseza de argumentos.

A diferencia radica é que non falamos de gobernos ou políticas concretas, senón de que a propia natureza de Israel é intrinsecamente racista. É un Estado construído en base ao xenocidio doutro.

Sudáfrica demostrou que reximes deses tipo só poden caer en base á presión e o boicote.

Así que temos que organizalo!

Anônimo disse...

Acho és nacionalista galego. Trabúcome? Un estado galego sería "racista" segundo fios argumentais semellantes ao teu. E non só de españolistas españois. Non. Incluso galegos negan o dereito e a necesidade dun estado galego propio.

Anônimo disse...

¿Que tal está o novo disco?

J. disse...

Está moi ben. É tranquilo, sen moita instrumentación nin arranxos que tapen a súa gran voz. E o concerto foi unha gozada.

Por certo, xa tardaban os iluminados en pedir medidas aillacionistas... Deus dé a quén sinalar co dedo, para tapar as miserias propias...

MAR disse...

Moitas gracias, Julicheiro, pero leo tarde e mais eston lonxe.
Ao Anonimo que pensa que Israel se fizo sobre un xenocidio a outro Estado, que non sufra: A Gran Bretaña, Estado ocupante das terras que formaron Israel, non morreu

J. disse...

:D Moi bóa!

Marta Salazar disse...

Gracias! No la conocía pero me encantó! busco ahora mismo más de ella en YouTube!