10 de mar. de 2008

Thinking Blogger Award

Hai uns días, Marta Salazar, a mantedora de Alemania: Economía, Sociedad y Derecho, (entre outros blogues), tivo a ben agasallarme con dous premios-cadea, que teñen coma obxetivo reforzar os vínculos na blogosfera entre aqueles blogueiros que xa nos coñeciamos, anque só sexa a través da rede, así coma establecer novas relacións con aqueles e aquelas que, sen ter trato previo, menteñen bitácoras que atraen o noso interes.

Os premios foron, respectivamente, o Thinking Blogger Award, adicado a aqueles blogues que nos expoñen que nos fan pensar (que creo non merecer, sen falsa modestia), e o Blogger Sapiens Award, que premia a blogues "que tocan, tratan, tematizan temas serios, pero sen perder o humor. Trátase un pouco de que manteñamos sempre o bo humor, tamén cando falemos de temas serios". E anque en ocasión aquí tratanse feitos dos que, pola súa gravidade e proximidade no tempo, resulta dificilísimo desdramatizar, asumo a necesidade de facer un achegamento a realidades tan duras sen perder un chisco de humor. Doutro xeito, sería insoportable.

As regras son claras; cada un dos premiados, se queren continuar a cadea, deberá, á súa vez, outorgar o premio a aqueles blogues que escolla (seis no primeiro caso, e entre catro e oito no segundo), e enlazar este post, no que se lle dou o premio. Se queren, poden ensinar a imaxe do premio, enlazando o post no que continúan a cadea.

Se alguén non quere continuar, polo motivo que sexa, é perferctamente comprensible. Non sempre hai tempo ou ganas para andar con estas cousas. Aos que sí queiran seguir con isto, vaian xa por diante os meus agradecementos. A todos eles, a miña simpatía e o meu recoñecemento.


Thinking Blogger Award


  1. A rúa xudea. Dende hai xa algún tempo, Xoán Salgado mantén aberta esta vía, na que vai acollendo aqueles artigos, novas e información en xeral sobre a presenza xudía en Galiza. Pioneiro nestas lides, o seu sitio convirteuse nun lugar de referencia para todos e todas os interesados na pegada hebrea no noso país.
  2. Europa-Europa. Outro blogue pioneiro, e polo tanto merecedor de recoñecemento. Cando a fináis de outrubro do 2006, Europa Europa botou a andar, algúns saudamos con entusiasmo unha ventana aberta a Europa dende un país e un ambiente non especialmente propenso ao proceso de integración comunitario (pero onde non se discute ningunha alternativa). Botando un ollo ao blogomillo, aínda a día de hoxe non se atopan moitos máis sitios deste tipo (e ben que se botan en falla).
  3. Im-Pulso. Decíao hai pouco alí mesmo; dende que comencei a seguir este blogue, sempre valorei a capacidade do seu autor por manter posicións progresistas sen ataduras dogmáticas. En temas coma as nunca ben resoltas relacións entre as confesións relixiosas e o Estado (nomeadamente nas inxerencias da mal acostumbrada Conferencia Episcopal española), no tratamento da vida política do país, do Estado e do Mundo, e en xeral pola súa capacidade para analisar, contextualizar e dubidar (premisa que se cumpre).
  4. Desnuda ente un espejo. O cuarto premio quero darllo a unha recén chegada, pero cun blogue que promete moito e que, polo pronto, xa está agregada ao meu leitor. Con artigos tan interesantes coma o que lle adica ao poeta sefardí Yehyda Halevi, ben seguro que este novo espazo vainos deparar máis dunha alegría.
  5. PequenEuropa. O quinto vai para outro blogue ao que podo facer extensibles os motivos alegados a prol de Europa Europa; é un dos poucos, escasos, sitios do país onde os europeístas podemos atopar artigos sobre a materia. Leva tamén moito tempo funcionando, postea en varias linguas, e adoita a colgar textos de certa profundidade e durabilidade, no canto de comentar o día a día.
  6. O bazar de Nes. Con este último blogueiro nunca tiven ningún trato, máis quero enviárlle a el esta cadea. Porqué? Pois por reflexións tan atinadas coma esta. Poque non só abonda con querer ser nación; tan importante ou máis é encher esa idea de contido. E porque no tempo das redes, a propia idea de nación ten por forza que reformularse. E cando algúen se pregunta iso en alto ben, merece ser oído.
Se calquera dos nomeados non ten tempo ou ganas para seguir a cadea, pois o dito, sen ningún compromiso. E polo que toca aos outros premios, os Blogger Sapiens Award creo que quedan para outro día.

Saúdos a todos!

7 comentários:

MAR disse...

Hola!! Duas cousiñas:
1) O enlace que me deixaste no comentario no meu blog non funciona :(
2) Graciñas polo premio!!!!!! Faime moita ilusión por que o meu space é pequeno e aínda cheira a plástico coma os primeiros días os coches que se estrenan. Seguirei a cadea.
Bicos

Im-Pulso disse...

Carallo!, grazas polas túas palabras. Unha aperta.

J. disse...

Nada ho, non dixen nada que non fora certo. Un bico, Mar, e unha aperta, Felix.

Anônimo disse...

Grazas polo sen dúbida inmerecido recoñecemento.

J. disse...

Os que te coñecemos sabemos que é pouca cousa por todo o que ti tes feito para rachar tabús, medos e dogmas neste petit pays.

Andrés disse...

Gracias pola deferencia, pero neste momento ando a outras cousas e teño "O bazar ..." algo abandonado.

Como alguén que vai á cidade e volta á casa só por vacacións, así está O bazar polo momento. Posteando esporádicamente.

Saúdos e Saúde!

PD: si tivera que facelo, por suposto enlazaría un dos meus blogs favoritos: Lantania

J. disse...

Non hai fallo, non é máis ca un pasatempo. Grazas por respostar, e anímoo a seguir posteando cando teña máis tempo. Apertas!