3 de fev. de 2009

El frotar se va a acabar

O FSM propón un boicot a Israel igual ao que acabou co apartheid

Defende a vía do bloqueo que rematou coa segregación surafricana ·· Porque mentres executa a limpeza étnica, Israel convértese no primeiro país non latinoamericano en asinar un acordo de libre comercio con Mercosur ou en mellorar o pacto de asociación coa Unión Europea, entre outras prevendas


E aínda haberá quen pregunte porqué non me tomo en serio esta clase de prensa. E si, os demáis datos do artigo tamén están sacados de Rebelion.

[Actualización: Logo dunha conversa off the record coa autora do artigo, a miña impresión mudou considerablemente. Descúlpome aquí pola atitude prepotente e nada constructiva coa que critiquei o seu texto]

2 comentários:

Anônimo disse...

Ola, son Marga. Non é necesario que publiques esta mensaxe. Só che quero falar, sen ningunha intención de desagrado, desa nova. Os datos, os meus e os de Rebelión, son os de Naomi Klein, a autora da carta aberta publicada en The Guardian e unha das impulsoras das campanhas altermundialistas cercanas ao FSM, especialmente, si, as de boicot a Israel. Entendo o teu malestar e acepto a crítica por ter empregado frases agresivas nas que se deixan ver opinións. Tes razón niso e pídoche desculpas como lector. Á marxe, creo, desde cerca do problema, que existe unha realidade, complexa e de difícil solución, que somete a Gaza a unha situación insostíbel e si, próxima á limpeza étnica.E isto nada ten que ver cos cidadáns, cos xudeus,cos israelís. Gustaríame amosar tamén a túa visión do asunto, se che parece oportuno. Podes contactar comigo en mtojo@galicia-hoxe.com

J. disse...

A maiores do correo que lle enviei, quero agradecer públicamente o tono conciliador do seu comentario.