19 de fev. de 2009

Será Bibi

Pensaba (léase "quería crer") que Tzipi Livni sería a vindeira Primeira Ministra, pero finalmente Avigdor Lieberman apoiará ó Likud para que forme goberno:

Far-right Israeli politician Avigdor Lieberman endorsed Benjamin Netanyahu for prime minister on Thursday, all but guaranteeing that Mr. Netanyahu will be the country's next leader. (WSJ)
Ao igual que o Avodá, a candidata do Kadima xa anunciou que o seu partido non formará parte del:
Hours before President Shimon Peres was expected to complete his consultations with party representatives and decide who to task with forming the next government, and after Israel Beiteinu chairman Avigdor Lieberman said his party would back Likud leader Binyamin Netanyahu, Kadima leader Tzipi Livni said that her party would not sit in a Likud-led government. (Jerusalem Post)
Hai dous motivos polos que se rexeita ese ingreso. O primeiro é táctico; no que toca ó seu mercado eleitoral, subordinarse ó Likud do que procede conduciría a este partido camiño do esmorecemento. Asi o expón de xeito lapidario Meir Sheetrit, actual Ministro de Interior, que en declaracións a Radio Israel afirmou que "se Kadima se une a un goberno coma este, baseado nestas directrices, Kadima será barrido do mapa político". 

Pola outra banda, o parlamentario tamén afirma que "Kadima pode ser a única alternativa ó reinado do Likud no futuro", e máis agora, coa debacle dos laboristas. Nesa liña se expresou Livni, que xa anunciou que seguiría defendendo a idea dos dous Estados dende a oposición:
"Kadima will continue to fight for its beliefs and its path - an agenda based on two states for two peoples, and one that also includes dealing with vital civilian issues.
A idea dun goberno de unidade, pois, queda ben lonxe do panorama actual.

8 comentários:

SIMON BAR KOCHBA disse...

Veredes como, ao final, Livni fazerá o que lhe mandem Olmert e companhia -quer dizer, integrar-se num gabinete de unidade nacional.

Para o meu ponto de vista -e dado o endével do seu ideário político- se Kadima sai da esfera do poder desaparece em questão de meses devorada pela oposição a cara de cão que está obrigada a fazer Avodah, e pela saída em estampida face os seus respectivos partidos de procedência do resto dos parlamentários de Kadima.

Ao tempo.

J. disse...

Pode ser,... e de feito Peres chamouna a unha reunión mañán con Netanyahu. Anque persoalmente creo que non o fará. Ti falas da oposición a cara de can dos laboristas, pero por moito que fagan pasará aínda tempo ata que recuperen o seu espazo político, e mentres tanto Kadima seguirán sendo "os menos malos" para moita xente desencantada da esquerda.

Colectivo GZ-Israel disse...

Slowly. Ainda van dar moitas voltas as negociacións. Mantéñome na miña opinión de que a primeira ministra será Tzipi Livni nun goberno de unidade nacional. Os retos enormes que debe afrontar Israel, retos incluso existencias, obrigan a todo o mapa político a ser especialmente responsábel. E non teño ningunha dúbida da responsabilidade histórica demostrada por todas as forzas políticas israelies. O que deberamos deixar para JMMuñoz son as análises catastrofistas sobre as conversas -normais en calquera democracia- e sobre a posíbel plasmación na composición do goberno. E xa que estamos permítaseme unha nota ao pe. Se o candidato con 28 escanos fose Shaúl Mofaz... Shaúl Mofaz sería xa o primeiro ministro con Bibi no gabinete e sen moita máis discusión que o reparto de carteiras.

Colectivo GZ-Israel disse...

Declaracións de onte de Avidor Lieberman nas que advertiu que o seu apoio ao Likud estaba condicionado á formación dun «goberno amplo» que debe incluir a Kadima, ao seu xuízo, única fórmula capaz de facer fronte «aos desafíos económicos e a amenaza de Irán».«Dígolle a Netanyahu que renuncie a súa idea de formar un Executivo estreito, porque só será un Executivo de supervivencia, e dígolle a Livni que esqueza a idea da rotación, porque contén en sí mesma un elemento de inestabilidade» Continuemos atentos ás nosas pantallas.

J. disse...

E hai outro dato que avala esa tese. Coma teñan que botar man dos partidos relixiosos, a ver coma fai Lieberman para levar a cabo as medidas laicistas do seu programa eleitoral.

SIMON BAR KOCHBA disse...

1. Netanyhau será o próximo 1º Ministro porque é o único que aritméticamente reúne os apoios precisos para sê-lo (65 contra 28).

2. Lieberman não puxo como conditio sine qua non a presença de Kadima no Governo; ao igual que Bibi, estám jogando –e muito bem- a baça oportunista de ficar como muito “centristas”: “se a unidade não é mais ampla, não será por culpa nossa…”.


3. Sejamos sérios: não se precisa para nada a presença de Kadima no Governo. Se amanhã se desata um conflito com Iran, não vai apoiar Kadima às IDF? Vam-se declarar em rebeldia contra o Estado de Israel? Vam-se aliar Kadima e Avodah –como os energúmenos de Baal e da Lista Árabe- com o inimigo do país? Um pouco de porfaplís.

4. Também não nos ponhamos, no que toca ao “debate religioso” demasiado estupendos. Nem Lieberman é Friedrich Nietzsche redivivo, nem aos partidos religiosos –nomeadamente a Shas e UTJ- lhes importa demasiado ceder o que for necesario a câmbio da suficiente pasta. Exemplos que ilustrem isto os temos em todas e cada uma das legislaturas anteriores.


5. Saúdos, e não esqueçades vitaminar-vos e mineralizar-vos! ;-)


6. P.D.: Uma aposta, a título pessoal. Embora finalmente não creio que Kadima nem os laboristas apoiem um Governo encabeçado por Netanyahu, vaticino que sim que estará formando parte do gabinete um conhecido político cujo nome começa por Ehud e o seu apelido por Barak.

J. disse...

Ben, ahí quedan os teus vaticinos. Os meus, feitos noutro foro e nun momento de euforia (cando un ve o que quere ver!) están mortos e enterrados.

Sobre o punto catro, chámame quisquilloso pero non estou dacordo, non porque os partidos relixiosos non teñan querencia a mudar os seus prantexamentos en función de intereses máis espúreos (para iso son partidos, ou?), senón porque se as reclamacións dos rusos triunfan, xa me dirás ti de qué bazas van a dispoñer no futuro. Iran dosificando as cesións, supoño.

Por certo, se ese laborista anónimo entra no Goberno, igual no seu partido afrontan dunha vez un recambio xeneracional máis ca necesario (entre outras moitas reformas que foron pospoñendo sine die, xa se ve con qué resultados). Apertas.

J. disse...

Touché, Simón!:

"Los matrimonios civiles no son nuestra primera prioridad", dijo este lunes el líder de Israel Beiteinu. Avigdor Lieberman sugirió que este "muy controvertido tema" se encuentra en una tercera posición tras la atribución de derechos adicionales para los reservistas y un rediseño del sistema de gobierno.