23 de mar. de 2009

Vals con Sísifo

Jonatan Yudelman expresa no seu artigo Walz with Sisyphus a súa opinión sobre a efectividade real  da hasbará. Segundo o seu xuízo, intentar explicar a situación de Israel en toda a súa complexidade é mesmo contraproducente:

(...) Fora de América, poucos países occidentais se identifican con Israel. Para eles, ser occidental é, ante todo, non ser acusado de infrinxir sufrimentos. Israel parte da repulsa de Occidente cara o sufrimento. Tal vez pensa por esta razón que coas súas bágoas se gaña a súa simpatía. De feito, elas alentan ós seus enemigos e confunde ós partidarios. A amarga verdade é que a hasbará non é en absoluto propaganda, senón unha necesidade moral particular da psique israelí. E a necesidade de Israel de ser coñecido, coas súas verrugas e todo, non convence ós occidentais da xustiza da súa causa. (...)

3 comentários:

Im-Pulso disse...

A traduzón de "hasbará" ao galego, ao castelán, a outras línguas latinas, eslavas ou xermánicas é imposible.
A maioría dos europeos son anti xudeos -mesmo son anti cultura xudea- "grazas" á Igrexa, e teñen moitas dificultades para comprender cousas e feitos que aínda que non o saiban forman parte da súa identidade, DA NOSA IDNTIDADE E MESMO DO NOSO XEITO DE SENMTIR E PENSAR. E a "hasbará" é unha delas.
Hai europeos de cultura anglosaxona e xermánica que asimilan "hasbará " cun xeito de "lobby"; outros, ao sul do continente, entenden a "hasbará" como unha militancia.
Eu, na miña humildade, diría que a "hasbará" é, por riba de todo, fidelidade.
Non coñezo unha voz en galego, castelán, catalán ou francés -que son as línguas que coñezo- que condense os significados da "hasbará": compromiso cos teus, respeto ás crenzas e aos criterios da túa colectividade -as que sexan, mesmo as ideolóxicas e as relixiosas-. En resumo, "hasbará" é FIDELIDADE a un mesmo e á coletividade da que un forma parte.
É difícil que na Europa do individualismo sexa comprensíbel o significado da "hasbará", de feito o sentido de colectividade é un "ben" en perigo de extinción (e por favor, que ninguén confunda "hasbará" con gregarismo ou monolitismo ideolóxico).
Nese escenario é moi difícil que a "hasbará" sexa comprensíbel.
Unha aperta.

J. disse...

A traducción máis semellante, polo que teño entendido, sería "esclarecemento", pero esa palabra non recolle ese aspecto de fidelidade ó que aludes e que tamén o ten. Sería coma decir "a miña colectividade ten aspectos que parecen mellores ou peores, pero expoñéndoo todo verase que cada acción ten o seu sentido". Nese sentido, tamén é un "dar a cara por os meus", pero non acríticamente ("coa lexión, teñan ou non razón") senón explicando porqué se chegou ó que se chegou, que está detrás do que pasa, aceitando o grupo ó no que un se ubica coma algo cos seus pros e e os seus contras, e que un quere mellorar dende dentro.

Ben mirado, si que é significativo que non teñamos unha palabras nas linguas europeas (polo menos, eu tampouco a coñezo) para describir a mesma idea.

Apertas.

Im-Pulso disse...

A J.
Certo, a traduzón "literal" ou académica que é esclarecimiento. Pero "hasbará" vai moito máis alá. E máis que coñecer ou dar a coñecer. Eu diría que, nese senso, sería "presentar o que somos e ao que somos fideis".