21 de set. de 2008

Un desexo infantil

Martin Amis, no XL Semanal:

P: Ve puntos comúns entre os dous totalitarismos do século pasado - o nazismo e o comunismo - e o islamismo que denuncia?

R: A diferenza fundamental é que Al Qaeda non é un Estado. Díxose en ocasións que é un Estado virtual, nado da era de internet. Máis Al Qaeda non posúe avións, nin dispón dos medios e recursos dun Estado. Coma movemento, comparte cos totalitarismos unha mesma lóxica emocional, un mesmo romanticismo baseado na autocompasión, un mesmo desexo infantil de destruír. Tende a valerse tanto do arcaísmo, coma da modernidade. Utiliza todo o que o mundo moderno pode ofrecerlles, ao mesmo tempo que ensalza unha utopía con catorce séculos de antigüidade. O odio ás sociedades occidentáis, ao individualismo, a obsesión polo sacrificio e a búsqueda do martirio, a obsesión por unha pureza xamáis alcanzada e un antisemitismo exacerbado son outros tantos puntos comúns. Fundamentalmente, trátase de ideoloxías que dan as costas á razón e á moral. Algo que, a corto prazo, é moi liberador: todo se volve posible, desaparecen as prohibicións, sínteste de súpeto cheo dunha incrible enerxía.

P: Para os islamistas, a morte é desexable.

R: Si, é o principio mesmo do martirio. Pero hai algo irrisorio en este tipo de sacrificio. (...) o yihadista está concenvido de non morrer realmente: o acceso ao paraíso é inmediato e precede ao instante da morte. Non existe outra forma de ascender tan rápidamente ao reino dos ceos. (...) Non sei o que ocorre en España, máis aquí, en Gran Bretaña, sempre amosamos unha gran inocencia racionalista sobre esta cuestión. A xente sempre tende a convencerse de que os kamikazes que morren ao explotar a bomba que levan adosada constitúen a única arma da que dispoñen os pobres e os oprimidos. Non conseguen ver que o islamismo radical é en realidade unha seita, un fenómeno patolóxico.

2 comentários:

Im-Pulso disse...

Só unha letras para avisar que o logo-ligazón que tedes no blog da Asociación galega de amizade con Israel non funciona (dirixe ao internauta a una páxina .com, cando en realidade a web de AGAI e .org).
Saúdos.

J. disse...

Grazas por avisar, vouno a correxir agora mesmo. Apertas!