31 de dez. de 2008
Europa sempre chora cun só ollo. Nomeadamente, os nosos cutre-intelectuáis de medio pelo, tal e coma estamos a ver estos días. Por iso, lembrar coma fai Albiac, a nosa inhibición colectiva aquí ao lado, nos Balcáns, é un exercicio de memoria que a cantos estos días van a xogar a ser solidarios debería provocarlles algo semellante á vegoña.
Por Gabriel Albiac
En tres minutos e trinta e seis segundos, a aviación israelí aniquilou a práctica totalidade dos cuarteis de Hamas en Gaza. Deu morte a un número non menor de trescentos milicianos de uniforme. Eliminou a varios xefes militares inimigos. Sen apenas producir baixas civís. Nun espazo mínimo, como é a franxa de Gaza, demográficamente ateigado e no cal a continuidade entre edificios civís e militares é absoluta e o uso da poboación como escudo humano práctica estable, a operación era de dificultade extrema. Non hai no mundo un exército, que non sexa o israelí, disposto a asumir os custos dunha acción selectiva tan complicada. Cando as forzas da Unión Europea e dos Estados Unidos apostaron por intervir militarmente na antiga Iugoslavia, tomaron a solución máis rápida, máis económica e de maior eficacia: aniquilar indiferenciadamente á máis alta cifra posible de poboación serbia. Sen distincións. Non houbo obxectivos especificamente militares. Do que se trataba era de forzar unha reacción de pánico na cidadanía que levase ao derrocamento do réxime de Belgrado. Canto máis alta fora a conciencia de indefensión dos habitantes das cidades e máis infalible a certeza de ser branco seguro das bombas, máis rápido sería o envorco político.
Aos gobernos europeos -sen excepción- pareceulles estupendo. Tanto máis, canto que o custo en combustible e proxectís corría a cargo exclusivo dos americanos. E nin un só soldado da Unión Europea ía correr un átomo de risco. Beneficio puro. Non hai humanitarismo que sobreviva a un tal sentido do rendible. O que fai diferente ao exército israelí de calquera outro exército do mundo é precisamente a primacía, no cálculo de custos, de certos principios fundacionais do Estado de Israel: a neta distinción entre combatentes e non combatentes no campo inimigo. É a súa máis alta forza moral. E a súa debilidade máis alta. Algo que os seus inimigos souberon -é lóxico que así sexa- utilizar sempre. Os arsenais palestinos almacénanse nos sotos de escolas e hospitais. Os cuarteis de mando terroristas están instalados en bloques de vivendas saturados de habitantes. Os caudillos militares islamitas desprázanse rodeados das súas proles infantís como dunha inviolable garantía. Os ben armados milicianos que disparan contra o exército israelí se pertrechan sistematicamente tras os críos que lanzan épicas pedras contra os tanques.É a lóxica terrible dun conflito desigual: o que enfronta ao exército dun dos países máis democráticos do planeta coa guerrilla teocrática máis refractaria, non xa á democracia, a calquera forma de sociedade moderna. En tres minutos e trinta e seis segundos, a aviación israelí aniquilou a práctica totalidade dos cuarteis de Hamas en Gaza, deu morte a un número non menor de trescentos milicianos de uniforme, eliminou a varios xefes militares inimigos. A alguén se lle pasa pola cabeza como terían sido as cousas se Israel expuxera unha estratexia similar á europea en Iugoslavia?
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 comentários:
Canto veneno hai que ter dentro para xustificar este tipo de crimes !!!
Terroristas/sionistas, parade xa!!!
Chapeau Sr.Albiac!!
Postar um comentário