5 de abr. de 2009

60º aniversario da OTAN

Onte, catro de abril do 2009, cumpríuse o 60 aniversario da firma do Tratado de Washington (documento) que estableceu a Organización do Tratado do Atlántico Norte. Coincidindo co aniversario, celebrouse o cumio do que sairá a nova estratexia da organización para Afganistán, plasmada en 5.000 efectivos e 100 millóns de dólares. Na mesma xornada nomeouse ó primeiro ministro danés Anders Fogh Rasmussen coma novo secretario xeral (BBCWSJ, e JP).


O Real Instituto Elcano adícalle unha serie de artigos nos que analiza a evolución e retos de futuro que aborda a OTAN:
  • La cumbre de la OTAN en Estrasburgo-Kehl: ¿revisar sus fundamentos tras 60 años?, de Félix Arteaga. Resumo: Agora que con Obama parece que a OTAN pode recuperar o papel que tivo noutro tempo, Arteaga sinala en catro grandes bloques as mudanzas estruturais  que deberá abordar para que recobre a operatividade perdida.
  • Hacia una nueva alianza atlántica, de J. Enrique de Ayala. Resumo: O artigo sinala que a OTAN aínda mantén unha estructura que deixou de ser útil logo da Guerra Fría, ó tempo que sinala a necesidade de que Europa dependa menos desta institución no plano militar. 
  • La Alianza Atlántica en su 60 cumpleaños, de Florentino Portero. Resumo: a crise da OTAN débese á perda do elemento cohesionador, a ameaza soviética, ó tempo que sinala que "hoxe a Alianza é unha excelente axencia de servizos de seguranza, pero carece dunha estratexia común", e o que é máis importante: "Non é unha cuestión de europeos contra norteamericanos, senón dunha profunda crise intereuropea". 
  • 1949-2009: la OTAN ante su futuro, de Fernando del Pozo. Resumo: Dous factores diferenzan á OTAN actual da fundacional; o seu obxetivo fundamental xa non é defender o propio territorio, e o gran aumento de países membros ó tempo que se mantén a adopción de acordos por consenso. Apunta, tamén, as direccións ás que cada corrente dentro da Alianza quere orientar á organización. 
  • La Asociación para la Paz; pasado, presente y futuro tras la cumbre del 60 aniversario, de Federico Yaniz Velasco. Resumo: Análise da historia da Asociación para a Paz, logo de cumplirse en xaneiro quince anos dende a súa constitución.
[Máis: páxina da OTAN; conclusións do Cumio de Bucarest (pdf. 8 páx.); fotogalería coa historia da organizaciónPortal NATO na wk.en]

Nenhum comentário: