A alongada man de Antón Losada
É a bomba mediática do momento. Nos foros, nos blogs, e na prensa. Todo o mundo se fai eco. ¿Todo? Todo non. Parece que hai medios que non se enteraron todavía.
Qué difícil é quedarse quedo, indiferente, mentres todo entorno fai ruído.
É a bomba mediática do momento. Nos foros, nos blogs, e na prensa. Todo o mundo se fai eco. ¿Todo? Todo non. Parece que hai medios que non se enteraron todavía.
4 comentários:
Estimado Julicheiro moi desinformado está sobre as relacións entre A.L. e Vieiros...
É posible. Por outra banda, recolleron vostedes a nova? Se é así, pedireille desculpas.
Eu non son da redacción de vieiros, e vostede ten todo o dereito a criticar a non-publicación de información sobre esa lamentábel e delirante persecución... Non ten razón ningunha na súa especulación sobre o control da man longa de losada, aspecto que é o único sobre o que me interesa chamar a súa atención porque corre o perigo de se entregar ao sectarismo e a «caza de meigas» que con tanta xustiza critica vostede noutros casos. Déixese de mans longas... e non crea que os conflictos nos que está son o embigo informativo do mundo nin que Vieiros é El País en medios e recursos. Hai moitas razóns, á parte da censura, para non publicar ou atender informativamente algo. A vostede ningunha ha de valerlle e con razón debe criticar o silencio de vieiros. A trama conspiratoria son só ganas de amolar... e así se cre que axuda a xustiza e dereitos de Pedro Gómez-Valades vai errado... pero todos somos libres de equivocarnos e de mesturas churras con merinas, e non vaia crer que por iso vai diminuír o meu aprezo polas súas opinións. Saúdos.
Se vostede di iso eu non teño motivos para dubidar da súa palabra. Así pois, retiro o de que o feito de que a nova non aparecer en Vieiros, xornal que leo e me gusta, se deva ningunha man longa. No de que non é o embrigo do mundo, só faltaría, hai millóns de cousas máis importantes no mundo ás que facerlles caso. A miña crítica, que manteño, é que sendo Vieiros o xornal de referencia do nacionalismo galego, e non só desta parte da sociedade, paréceme inconcebile que non sacasen a máis mínima nota ó respecto, máis tendo en conta a súa interactividade coa blogosfera.
Agradézolle que se pase por aquí a puntualizar ou a dar a súa opinión cantas veces queira. O certo é que o seu blog é un dos meus favoritos da blogsfera galega, e sen dúbida o mellor no tocante á análise política, inda cando un non concorda co moitas das súas opinións. Saúdos.
Postar um comentário