Cando ruxe a marabunta
Na tarde de onte a Asamblea Comarcal de Vigo acordou solicitar (de novo) ó Consello Comarcal a expulsión de Pedro Gómez-Valadés por 75 votos a favor, 30 en contra, e 19 abstencións. A razón de que o proceso entrase en bucle débese ós seguintes motivos:
1) No Consello Comarcal, celebrado esa mesma tarde antes da Asamblea, decidiuse dar por válida a resolución da Executiva Nacional, que toleraba a permanencia de Valadés en ambas asociacións, sempre e cando non as vinculase. Así, e tomándoa coma un mal menor, a proposta foi aceptada, e acordouse trasladala á Asamblea para a súa votación.
2) Unha vez comenzada a Asamblea, a proposta que acababa de aproba-lo Consello foi votada e aprobada por 110 votos a favor, 6 en contra, e 10 abstencións; ata aquí todo normal.
3) Acto seguido, un grupo de militantes interviu para propoñer unha nova votación que, segundo o seu punto de vista, non incidía na anterior. A votación en cuestión consitía en pedirlle por favor a Valadés que dimitise da Executiva. Non invento nada, foi así. Esta proposta someteuse a votación e saíu aprobada.
4) Acto seguido, e conforme se ía caldeando o ambiente, outro grupo de militantes solicitou que se votase a expulsión de Valadés. Algúen tratou en van de facer ver que iso xa fora tratado na primeira votación, pero o tumulto estaba demasiado exhaltado para entrar en razón. Acto seguido votouse solicitar (outra vez) ó Consello Comarcal que procedese á súa expulsión, e de volta ó principio.
No canto de aproveitar para por punto e final a este despropósito, a Asamblea Comarcal, que se prolongou ata preto das 12 da noite, convirtiuse nunha sesión longa e sistemática de duro ataque persoal contra Pedro Gómez-Valadés. Foi, en primeiro lugar, repetidamente insultado pola súa postura sobre o conflicto árabe-israelí. Foi, asemesmo, acusado de traidor por ter acudido ós medios de comunicación para denuncia-la súa situación. Foi atacado no plano persoal por antigos compañeiros de Esquerda Nacionalista que agora se sumaron á xauría dende outras siglas (e así, de paso, distanciarse de EN, agora que xa non é útil para medrar). Incluso nun momento dado, cando a turba estaba totalmente desatada, algúen berrou que habería que cachealo, por se acaso levaba micrófonos agochados debaixo da roupa...
Coma rotwailers que morden e non soltan, destacáronse na cacería os membros da UPG, do Movemento Pola Base e do Encontro Irmandiño, mentres que os quintanistas gardaron un discreto silenzo cómplice. Todos contra un, unidos pola causa común de odiar ó mesmo home, de despedazalo diante de todos e celebrar ruidosamente a súa caída.
So engadirei que, para que as persoas que están lendo isto se fagan unha idea do ambiente no que se desenrolou a xuntanza, abonda con anotar que a intervención máis aplaudida foi a dun militante que defendeu que a solución ó conflicto árabe-israelí chegaría o día no que Irán atacase a Israel empregando a bomba atómica.
Despois do de onte, as cousas están así: agora o Consello Comarcal terá que aproba-la expulsión, para volver de novo á Asamblea Comarcal para a súa ratificación. Despois diso, o implicado ten un prazo de quince días a acudir en amparo ó Consello Nacional. No caso de que este órgano ratifique a decisión da Asamblea Comarcal, Valadés xa ten anunciado que recurrirá á xustiza ordinaria por vulneración dos seus dereitos estatutarios. Polo tanto, máis que rematar, isto acaba de comenzar de novo.
Comunicado da AGAI.
7 comentários:
Caro compañeiro, imaxino que estiveches nesa xuntanza, polo que estendo que eres militante do BNG. Sen entrar a avaliar o conflito político Palestina-Israel. Entendo que a falla de respeto cara o SR. Valadés queda de manifesto e é inadmisible. Agora ben, que todo o que acontece dentro dunha asemblea non pode sair nos medios ou mesmo neste blog. Se algo amosou o Sr. Valadés e que os seus asesores están a converterlo nunha estrela mediatica, e iso ao mundo do BNG non lles gosta.
Como non van facer bromas sobre os micrófonos (sempre de mal gosto e irrespetuosas) se filtra todo a prensa incluso citando nomes.
Entendo que o Sr. Valades debe reflesionar, recapacitar e abandonar ese vitimismo que tanto gosta a prensa sempre disposta a falar mal de todo o que cheira a BNG ou nacionalismo.
Comprendo e respeto a súa opinión, e eu mesmo son partidario de non andar a divulgar todo o que pasa nas Asambleas, e non porque crea que haxa que avergoñarse de nada, senón porque o que a cidadanía debe perciber é o traballo feito polo BNG, e non as deliberacións previas ó mesmo. Ese é o cometido que normalmente cumpren as asambleas Pero coincidirá comigo en que todo este proceso pode ser definido de calquera xeito menos de normal.
Por outra banda, ten razón en que ao mundo do BNG non lle está a gustar a difusión que esto acadou, pero, e dígollelo con absoluto respeto, creo que é un problema do BNG, e non e Valadés nin dos compañeiros que o nos posicionamos dende o principio ó seu carón. O recelo co que dende o BNG se olla para os medios de comunicación é algo que non ten paragón en ningunha outra formación política e, sen desbotar os intereses económicos que hai detrás dos medios, e que si que os hai que teñen unha atitude hostil de cara ó nacionalismo, o certo é que deberíamos comenzar a ter unha relacción máis natural e fluída con eles. Non en vano, vivimos na era da información; o que antes se comentaba no bar diante dos amigos, agora escríbese nun blogue e, se interesa, pode acabar divulgándose por todo o mundo. Neste contexto, a falta de información sobre o noso funcionamento non está xustificado.
Son consciente que isto está irritando a parte da militancia, pero creo que a atitude coa que os órganos de dirección do BNG trataron este asunto foi (está sendo) moi contraproducente. Esta teima en leva-lo todo en segredo, o único que consegueu foi aumenta-las suspicacias por parte da sociedade e, a opacidade do BNG, lonxe de acalar o debate, avivouno máis alá do imaxinable.
Se realmente hai motivos claros é obxetivos para expulsar a alguén, o lóxico é que, coma mínimo, se publique un comunicado explicando as circunstancias. Se está xustificado, pasará desapercibido. O problema xurde cando se pretende gobernar á sociedade e non se lle informa das nosas dinámicas internas, e eu entendo que, na medida en que o BNG é unha forza de goberno, o noso deber coma organización é ser transparentes coa sociedade á que queremos representar. Saúdos, e grazas pola súa valoración.
Noutros casos semellantes a este, en canto ao seu pretedido fin,nos que non se utilizou a prensa ou non se sacaron informacións ao "mundo exterior", o resultado foi a manipulación continua e completa do "proceso".Véxase o caso XMLP en Ferrolterra.Ánimo e adiante.
:-) Se facemo-las cousas ben non temos porqué temerlle á prensa. O problema é cando se fan ó estilo U (e non me refiro a Adolfo Domínguez).
Pois tendo en conta que a UPG recuara co asunto de expulsar a PGV (e saiulle mal), agora ides ter que cambiar o voso discurso, non?
Quen van ser os malísimos agora? Os do MpB?
A U quixo xogar ás dúas bandas; por un lado recuou en petit comité, pero mantivo o discurso en público para que ninguén o vira coma unha mostra de debilidade.
Chegados a este punto, o único que queda é un pronunciamento claro e inequívoco de que non van tomar medidas contra PGV nin contra os outros 50 membros do BNG que participan na AGAI. O demáis é andar a marear.
Pobriño que pena me dá...
Postar um comentário