8 de mar. de 2007

O antisemitismo despois do antisemitismo

Cando, hai unhas semanas, Abraham Yeosúa estivo en Compostela, un dos asistentes á súa conferencia "Xudeu, Sionista e Israel: aclarando conceptos", preguntoulle se notaba máis ou menos rexeitamento cara os xudeos, logo de varias décadas visitando Europa. A súa resposta non puido ser máis lapidaria: "O antisemitismo é unha enfermidade crónica".

Nestes momentos nos que a cólera dalgúns impide un debate sosegado, boto man dun artigo de Tiago Barbosa que incide no feito de que, para que haxa un debate racional, é imprescindible deixar de lado clichés e prexuízos. Liberarnos, e non só de cara á galería, do eterno antisemitismo occidental.

2 comentários:

Anônimo disse...

Disculpa que no escriba en gallego. Prometo lo antes posible aprender vuestro idioma. En relación a este post decir que esa percepción también la tengo yo. ¿Por que la izquierda en España y en toda Europa no afronta el toro por los cuernos?. En los años 30-40 era la derecha la protagonista del antisemitismo más visceral, ahora guarda silencio, es la izquierda (yo soy socialista) la que le hace el trabajo sucio.

J. disse...

Efectivamente, o antisemitismo foi mudando dun espectro ideolóxico ó outro, pero seguiu mantendo os mesmos mitos sen que ningúen fixera por iso a menor autocrítica. E iso, para os que nos cosideramos de esquerdas, é índa unha asignatura pendente.