6 de mai. de 2007

Eurofobia

A próxima vez que alguén me diga que está en contra da Unión Europea, porque apoiala é ir en contra dos principios do nacionalismo, comentareille isto.

4 comentários:

Anônimo disse...

Nom tem sentido nengum o que dis.

Acaso a Unión Europea (com maiúsculas, a instituiçom que hoje existe, bem diferente da sonhada por Castelao) é umha "federaçom das naçons de europa"? Ao contrario, é umha uniom de Estados e que serve fundamentalmente interesses económicos muito concretos.

Oxalá algum dia exista essa uniom de povos europeios livres que defendia Castelao, mas será algo bem diferente da actual U.E.

J. disse...

Coma ben dí, a federación de nacións europeas coa que soñaba Castelao era distinto da actual Unión Europea, pero lémbrolle que Castelao propugnaba un Estado que incluíse ás diferentes nacións ibéricas, incluíndo Porgual, e que, coma di o artigo, a creación dos Estados Unidos de Europa. Polo tanto, non sería Galiza en Europa, senón Galiza nun Estado ("Estado Ibérico?"), e ese Estado en Europa.

Máis o que eu quería sinalar (se quedou ambiguo, aquí o aclaro), é que a idea dunha unificación política a nivel europeo era algo que xa estaba en mente nunha xeración de galegos moito máis cosmopolita do que ás veces se da a entender.

A Xeración Nós, coma afortunadamente redescubre unha exposición que está a punto de comenzar en Compostela (http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=5776006) entendía a Galiza coma unha célula da universalidade, e ese prantexamento penso que, por desgraza, perdeu vixencia no nacionalismo galego actual.

Son dos que pensan que a nación non se constrúe só cara adentro, senón que Galiza debe ter unha proxección internacional coma membro de pleno dereito das institucións que agora constrúen Europa, e por iso creo que, por imperfectas que sean esas institucións, Galiza non debe quedarse ó marxe alegando certos déficits de lexitimidade que sí que existen pero que, ó meu entender, non invalidan o proceso.

Anônimo disse...

No nacionalismo ninguén ou case ninguén discute o conceito Europa, o que se debate, a "formulación" e o contido desa "formulación".

J. disse...

Si e non. Hai unha gran parte do nacionalismo que se queixa da Europa actual, pero tampouco presenta un proxecto alternativo e viable. Se cren na idea de Europa, non o demostran en positivo, e eu entendo que, se non gusta o que hai, será porque creen que se pode facer mellor. Ben, daquela o normal sería que o defenderan o seu proxecto, e así poderíamos comparalos.

A min, a Unión Europea tampouco me parece ningunha panacea, pero creo que é o menos malo que podemos facer os europeos. E xa que saca o tema, cara onde cre vostede que debería dirixirse o proceso de unificación europeo?

Adiántolle que eu tamén prefiro a idea da Europa dos Pobos á que aludía o anónimo anterior pero, para desgraza dos europeístas, o noso nacionalismo parece querer obviar ese debate.