19 de jul. de 2007

Música Klezmer

Por se algúen ten interese en coñece-la música Klezmer, pode facerse unha idea con este vídeo. Vinno neste blogue, adicado a este xénero musical propio dos xudeos de Europa Oriental.



Celebrando un día de festa:



Música xudea ou música cíngara? O mellor é xuntalas e a ver que sae:



E, para rematar, unha mestura con música electrónica. Esta foi a que máis me gustou, ademáis de facerme ver de novo canta bóa música hai fora dos circuitos convencionais:

2 comentários:

miriño disse...

Moitas grazas pola acollida.

Varios blogues fan referencia ao blog de klezmer. A súa creación ven dada por unha lista de correo que hai uns anos fixen para o intercambio de información sobre este tipo de música. Por iso está en castelán. Mais a miña idea é replicalo en galego en http://klezmer.blogaliza.org

Está todo comezando, pero gracias a estos ánimos, retomo a miña idea con forzas anovadas.

O blog trata de ser colectivo. Calquera pode contribuir se así o quere. Tan só ten que dicirmo e o añado como usuario. Anímaste?

Graciñas, de verdade.

J. disse...

Pois moitas grazas pola invitación. Anque non sei se poderei aportar moito, estarei encantado de colaborar no blogue. A miña dirección é julicheiro@gmail.com; se me manda un correo xa falamos máis polo miúdo. Apertas