24 de jul. de 2007

Véspera do Día da Patria


Se hai un día e un lugar para xuntarnos os galegos, ese é mañá en Compostela. Para moitos de nós, o Día da Patria é o máis cercano que temos a un día santo, e o certo é que non está exento dos seus rituáis. A manifestación dende a Alameda, o silenzo tenso cando pasamos xunta ós de FPG no Toural, a busqueda desesperada dun bar logo do discurso na Quintana (gustaríame saber canto gañan os bares do Franco ese día) e logo, tal vez, a comida na Carballeira.

E pola tarde, a dar unha volta polo Festigal, que cada ano está mellor, anque non sei se quedarei a oír a Kroke. Maila que ás veces é algo agobiante, o vintecinco de xullo segue sento o meu festivo favorito. Por iso, tanto ós que veñen aquí porque lles gusta o que hai, coma ós que veñen só a indignarse, desexolles a todos os leitores un feliz Dia da Patria.

6 comentários:

Anônimo disse...

Certamente, a praza hoxe lucía distinto a como na foto. Non sei se nos cruzamos, pero, en todo caso e a posteriori, que tivese bo Día da Patria.

Por certo, gustoume o ambiente: plural, coa crítica grupal e puntual tan característica do movemento nacionalista galego, pero con notoria unidade arredor do fundamental. Así imos ben.

J. disse...

Si, ten razón, había un bó ambiente. Eu estiven xantando nos toldos do Campus Sur e tamén me pareceu moi cordial. E o que me encantou foi o Festigal, hai que recoñecer que os organizadores fan un bó traballo. Saúdos.

Anônimo disse...

Pois eu teño a impresión de que o día pouco a pouco vai perdendo contido ainda que certamente mellora no continente.

J. disse...

Eu que sei.. máis que perder contido, se cadra é que, conforme o movemento nacionalista foi gañando aceptación social, tamén se perdeu un pouco aquela contundencia inicial; as cargas da policía, os helicópteros sobrevoando a Quintana... Sen embargo, creo que o Día da Patria segue sendo a data de reafirmación por antonomasia.

Anônimo disse...

Resulta difícil non botar de menos as descargas de adrenalina; sobre todo se eramos máis novos cando se daban. Ora ben, eu hai algo que realmente boto de menos: unha mocidade nacionalista que sexa capaz de darlle unha volta de orixinalidade a todo: as políticas, as estéticas, as mobilizacións...

Iso si que hai tempo que falta.

J. disse...

A min xa non me pillou a época dura, pero concordo no de "xente nova con ideas vellas". Ás veces parece que pesa máis a estética que o debate: kufiya ó pescozo, un par de chapas reivindicativas, e xa está. E se alguén che leva a contraria en calquera tema, chámaslle "facha" ou "aburguesado" e punto. É coma se, no canto de adaptarnos á situación actual, analisando honestamente ata onde podemos chegar e onde índa non, pesara máis o folclorismo. Penso que índa seguiramos acomodados nas análises válidas nos setenta, por inercia. É con isto non digo que sexa fácil adaptarse.

Decía o outro día Marcos Valcarcel no seu blogue, a raíz das palabras de Quintana no Día da Patria nas que aludía á autodeterminación coma un proceso dinámico (co que me resulta dificil discrepar): "Agardo que o Bloque siga adiante nesas teses: as mesmas que defendían os militantes do PSG-EG nos 80. Daquela, por dicir iso, algúns alcumábanos como reformistas, liquidacionistas e traidores".

Pero dame que é un fenómeno global na esquerda, e non só na esquerda nacionalista.