5 de jan. de 2008

Beber coa lingua

A Asociación de Funcionarios para a Noralización Lingüística está a levar a cabo unha campaña de promoción do etiquetado do viño na nosa lingua. A iniciativa, auspiciada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Consellería de Medio Rural, busca darlle un empurrón a unha dinámica moi positiva de galeguización dun dos sectores máis característicos do País. Coma dende a propia asociación sinalan:

"No ano 2003 eran 12 as adegas que etiquetaban en galego. No 2006, chegamos ás 59. En 2007, xa son 115 de 440, coa promesa de 14 adegas de etiquetaren a colleita do 2008 na nosa lingua."
.
Ben seguro que van a ter éxito coa campaña. Cada vez máis xente está a superar ese prexuízo de que o galego non vale para os negocios. É máis, creo que nun ámbito coma este, no que a competencia doutros mercados é cada vez maior, apostar por unha identidade que o especifique é a atitude máis intelixente que se pode ter. Sobre todo, tendo en conta que hai viños galegos, caso do albariño ou do rosal, que contan con tan boa sona a nivel mundial. Coido que sería un erro que, por unha visión miope, se enfocara a produción só pensando no consumo dentro do Estado.

Nenhum comentário: