11 de jan. de 2008

I kill you

Seguramente porqué é un humor moi bruto, o vídeo que amoso a continuación me fixo tanta graza. Bruto, si, máis tamén irreverente, punzante, sorprendente,... Non chabacano, senón moi orixinal e divertido, ou así mo pareceu a min. Do mesmo modo, dado que o tema é atroz, sería natural que a alguns dos leitores lles resultara de dubidoso gusto bromear sobre algo tan tétrico coma o terrorismo suicída. Para quen se incardine neste segundo grupo, xa advirto que pode que a atuación en Washington do ventríluco Jeff Dunham e a súa esquelética marioneta non sexa do seu agrado.

Logo deste, creo eu, prudente aviso, con todos vostedes, as tribulacións do pobre Achmed que, despois da explosión comproba horrorizado coma o das setenta e dúas virxes agardadas non é coma llelo contaran ...



Vía Herut.

Nenhum comentário: