21 de jan de 2008

Irracionais

Por mor do corte de suministros á Franxa de Gaza, hoxe os xornáis veñen máis ramplóns do habitual. Mirando cara atrás, penso que foi o dereitista La Razón o que deu o pistoletazo de saída da progresiva tabloidización da nosa prensa. Creo que foi entón cando comenzou esta carreira entre os medios, cada un no seu sector ideolóxico, para ver quén é máis puro. Leo a prensa que se gaba de progresista e danme ganas de chorar. Os motivos de Israel non existen, ou son obxeto de mofa. Os mortos israelíes non existen, ou son minimizados, ou son comparados co número de mortos palestinos. Seguindo esa lóxica macabra, habería que agardar a que os rapaces de Hamás maten máis israelíes para atacar? Ata que o marcador estea igualado, debería o Tsáhal cruzarse de brazos?

Hai algo sobre todo que me preocupa destas reacións, alegremente alentadas pola prensa: o modo no que os sentimentos ocupan o lugar da razón. Paréceme tremendo que se pretenda dar por válido un punto de vista baseándose en argumentos irracionáis. Que se ensalce o sentimento coma un motivo político válido, por riba do raciocinio, non é máis que fascismo. Estou seguro de que os mozos que se afiliaban ás SS estaban convencidos de que o seu sano sentimento de odio aos xudeus non podía estar errado. Os seus herdeiros tamén cren que a vontade está por riba da razón; mudaron totalmente a estética, máis a súa falta de ética segue a ser a de entón. Se renuciamos a debatir ideas para pasar a contrapoñer sentimentos a propia idea de sociedade civil salta polos aires.

Do corte de suministros xa dixen o que pensaba, polo que non ten sentido repetirse.

2 comentários:

Anônimo disse...

Claro, claro todo o mundo está errado, manipulado e son demagóxicos. Só vos tedes razón.
Os auténticos progresistas son os sionistas, os posuedores da verdade do que acontece.
¡ Patetico! este último análise.

Xoán Salgado disse...

o amigo "anónimo" si que és patético. información versus propaganda. esa é a clave. lamentábel que algún reivindiquen nonseique progresismo altermundista con bos, moi bos e malos. ou sexa, un western