3 de fev. de 2007

Abraham Yehosúa

Furioso. Furioso e combativo, así estaba onte Abraham Yehoshúa na súa coferencia en Compostela. Furioso contra a demonización do seu Estado por parte da Europa que orixinou a súa necesidade. E combativo, contra todo aquel que quixera regateárlle ó seu país a posibilidade de existir. “Fun paracaidísta”, alegaba, “e os meus fillos estiveron na última guerra do Líbano”. Non estaba disposto a deixar que unha Europa allea á súa problemática puidera xulgalos con lixeireza. A súa aposta pola polo cese das hostilidades era firme. “Pero se me atacan, eu voume a defender, xa sexa de Palestina ou de calquera outro país”. Un home que propugna alto e claro a retirada dos asentamentos dos colonos, pero que non está disposto a pedir nin permiso nin perdón por algo que debería ser normal para calquera nación. Algo que, e el que o defendeu coas armas saberáo mellor ca ninguén, nunca sae gratis, nin é fácil, nin se mantén só.

3 comentários:

Colectivo GZ-Israel disse...

Magoa que actos como este só uns pucos poidan asistir. Seguro que moitos abrirían os ollos se tiveran a valentía de... pensar.
A esquerda sempre se definiu como "científica" na súa análise da realidade. Pois ben, a análise (e un dicir) que gran parte da esquerda fai do conflito árabe-israelí amosa que non está a empregar ningún método científico, só deixase levar pola propaganda antisemita de sempre disfrazada agora de antisionismo. En fin, a seguir furando.

Anônimo disse...

¿Se non avisan como imos poder ir! Eu lin o último libro de Yahoshúa e sabía que andaba por Santiago por un premio pero non me enterei de que daba unha conferencia. Unha magoa.

J. disse...

Recoméndo, para quen queira estar informado desta clase de actos acerca de Israel e o xudaísmo, a visita á páxina da AGAI, onde xa están colgadas as fotografías da conferencia de Yehosúa (http://agai-galicia-israel.blogspot.com/).