3 de mai. de 2009
1 de mai. de 2009
Allan Poe
Se algúen non quere durmir esta noite, que probe a ler a innenarrable tortura que tivo que afrontar este paiaso (literalmente) na antesala do inferno.
30 de abr. de 2009
Xunto á tumba dun soldado
28 de abr. de 2009
Orgullo sionista
26 de abr. de 2009
Interrumpir no camiño
O xornal exipcio El Aosbora informou de que a semana pasada un cargueiro iraní que transportaba armanento cara Gaza foi torpedeado no Mar Vermello, en fronte da costa de Sudán. Un barco de guerra non identificado disparou sobre o mesmo antes de que puidera atracar, segundo advertiu unha fonte anónima. Polo pronto, o Goberno israelí nin afirma nin desminte a información, anque o exército dos EUA ó parecer deixou entrever que na operación estiveran involucrada a Forza Aérea de Israel.
24 de abr. de 2009
Hesbulá en Nova Iorque
23 de abr. de 2009
As tácticas de Hamás
22 de abr. de 2009
Hamás abre o seu primeiro banco en Gaza
O Banco Islámico Nacional abriu onte as súas portas o público, cun capital inicial de vinte millóns de dólares. As súas oficinas ocupan catro plantas dun céntrico edificio na capital, e a partires dagora alí será onde teñan depositadas as súa nóminas os empregados de Hamás. A Autoridade Nacional alegou que non autorizara a súa creación, e fixo un chamamento ó seu boicot.
21 de abr. de 2009
Hesbulá en Exipto (4)
Dúas novas sobre a célula de Hesbulá desmantelada en Exipto:
- Nunha subida de tono fora do habitual, Exipto protestou a Irán polo seu apoio a Hesbulá. Logo da que fontes gubernamentais da República Islámica acusaran a Exipto de inventalo todo para alterar as vindeiras elecións libanesas, o goberno do Cairo contraatacou hoxe cunhas declaracións infrecuentes de puro francas (Jerusalem Post).
- Os detidos afirmaron que eles pensaban que estaban traballando dacordo co Fatá, a través das brigadas de Al-Aqsa. Tanto se o din para incriminalos coma se é certo, a organización reaccionou airadamente a estas incendiaras declaracións por boca de Barakat al-Farra, delegado do Fatá en Exipto. Éste lembroulle á Hesbulá "favores pendentes" e aconselloulle que non se entrometera "nos asuntos palestinos", aludindo tamén ó contrabando de armas a Hamás en Gaza (Ashark al-Awsat).
Contradictio in terminis
Un dos membros da comitiva da República Islámica de Irán na conferencia contra o racismo (sic) chamoulle ó supervivinte da Shoá e Premio Nobel de Literatura Elie Wiesel "sionazi" (via Guysen).
19 de abr. de 2009
Desbandada de Durban II
Logo de que onte os EUA despexaran que non participaran na Conferencia contra o Racismo (a.k.a., Durban II, en recordo do aquelarre da primeira edición), tampouco Italia nin Alemaña van a acudir. Hai que sumarlle a ausencia de Israel, Canadá, Australia, e os Países Baixos. A República Checa, coma presidenta de turno da UE, está a ver se logra un apaño de última hora, gran mostra da boiante política exterior comunitaria.
El documento de Diène contiene una denuncia expresa del fenómeno creciente de la islamofobia, es decir, de la discriminación, prejuicios y trato desigual de que son víctimas, en Occidente, los musulmanes, tanto a título individual como colectivo. La llamada de atención de Diène está plenamente justificada, porque es evidente que, a raíz del 11-S, se somete a los musulmanes a una sospecha generalizada y que se tiende a percibirlos, en bloque y de manera irracional, como enemigos de los valores de la democracia y los derechos humanos.
" They (the Zionists) plunder nations' wealth by dominating the world power centers and have created a condition that nothing can be said about this evil phenomenon whose effects loom over nations' lives "
18 de abr. de 2009
Morderse a cola
Durante unha das pacíficas manifestacións árabes en Bilín contra o Valado de Seguridade, os antidisturbios cargaron para dispersar ós congregados. Durante o lanzamento de botes lacrimóxenos, un deles impactou no bandullo dun dos presentes, provocándolle a morte. Cómo se denomina isto?
Ya no sorprende nada del ejercito judio-nazi israelíParece que a este paso al final el tiempo acabará dando la razon al fürher
16 de abr. de 2009
Hesbulá en Exipto (3)
As fontes din que as forzas de seguridade arrestaro a dous membros do Fata unhas poucas semanas despóis de que entraran no Sinaí dende Gaza a través dun tunel na fronteira entre Exipto e Palestina.
Durante as investigacións, os acusados admitiron que pensaban viaxar a Sudán e despóis a Siria e ó Líbano para ser adestrados en operacións suicidas. Dixeron tamén que planearan levar a cabo unha operacón suicida en Tel Aviv (Israel).Dixeron que se uniran á célula de Hesbulá logo de coñecer a Sami Shehab a comenzos do ano pasado, logo de cruzar a Exipto dende a Faixa de Gaza. A continuación afirmou que voltaran á Faixa de Gaza que algúns membros do Fatá lles axudaran a pasar clandestinamente ó Sinaí para unirse á célula de Hesbulá.
13 de abr. de 2009
Hesbulá en Exipto (2)
Segundo cantou o libanés Samil Shihab, principal sospeitoso do operativo de Hesbulá desmantelado en Exipto, cando foron detidos atopábanse preparando a vinganza pola morte de Imad Moughnieh. As declaraciós apareceron no xornal panarabe Al Hayyat. Pola súa banda, o Asharq al-Awsat publicou que a célula se constituíra no 2005, e estivera recabando información sobre os lugares turísticos Taba, Sharm el-Sheikh, Dahab e Nuweibeh, na península do Sinaí, onde tiñan previsto atacar a turistas israelíes.
O último en Afganistán
O último xudeu que queda en Afganistán da conta neste vídeo da súa situación en Kabul, coma último membro do seu pobo que continúa no país.
12 de abr. de 2009
Palabras suxas
Arabia Saudí ven de prohibir para as matrículas dos coches aquelas combinacións de tres letras que, traducidas ó alfabeto latino, produciran palabras malsonantes. Isto tamén acontece en España, onde se omiten combinacions coma ETA ou PIS. O curioso é unha das palabras escollidas; ASS (cú), BAD (malo), NUT (tolo), SEX (ornitoloxía), BAR (idem; presumiblemente, pola prohibición taxante de beber alcohol) e... USA.
11 de abr. de 2009
Centenario
Esta semana a cosmopolita Tel Aviv cumpriu os seus cen primeiro anos. Abaixo, imaxes da celebración na Praza Rabin, tiradas do arquivo de Life.com.
10 de abr. de 2009
Hesbulá en Exipto
Exipto detivo a quince persoas acusadas de fabricar cohetes qassam para contrabandear a Gaza. Dende o Líbano, Nasrallah desmentiu que Hesbulá estivera intentando desestabilizar Exipto, logo de que esta semana se desmantelara un operativo da organización xií que presumiblemente tería coma obxetivo atacar zonas turísticas do Sinaí, algunhas destinos habituais de israelies.
8 de abr. de 2009
A condición de Siria
Walid al-Moallem, Ministro de Asuntos Exteriores sirio, declarou que, para que o seu Goberno retomara as negociacións de paz con Israel, como condición previa éste debería cederlle os Altos do Golán ata as fronteiras de antes de que Siria o atacara no 67.
5 de abr. de 2009
60º aniversario da OTAN
Onte, catro de abril do 2009, cumpríuse o 60 aniversario da firma do Tratado de Washington (documento) que estableceu a Organización do Tratado do Atlántico Norte. Coincidindo co aniversario, celebrouse o cumio do que sairá a nova estratexia da organización para Afganistán, plasmada en 5.000 efectivos e 100 millóns de dólares. Na mesma xornada nomeouse ó primeiro ministro danés Anders Fogh Rasmussen coma novo secretario xeral (BBC, WSJ, e JP).
- La cumbre de la OTAN en Estrasburgo-Kehl: ¿revisar sus fundamentos tras 60 años?, de Félix Arteaga. Resumo: Agora que con Obama parece que a OTAN pode recuperar o papel que tivo noutro tempo, Arteaga sinala en catro grandes bloques as mudanzas estruturais que deberá abordar para que recobre a operatividade perdida.
- Hacia una nueva alianza atlántica, de J. Enrique de Ayala. Resumo: O artigo sinala que a OTAN aínda mantén unha estructura que deixou de ser útil logo da Guerra Fría, ó tempo que sinala a necesidade de que Europa dependa menos desta institución no plano militar.
- La Alianza Atlántica en su 60 cumpleaños, de Florentino Portero. Resumo: a crise da OTAN débese á perda do elemento cohesionador, a ameaza soviética, ó tempo que sinala que "hoxe a Alianza é unha excelente axencia de servizos de seguranza, pero carece dunha estratexia común", e o que é máis importante: "Non é unha cuestión de europeos contra norteamericanos, senón dunha profunda crise intereuropea".
- 1949-2009: la OTAN ante su futuro, de Fernando del Pozo. Resumo: Dous factores diferenzan á OTAN actual da fundacional; o seu obxetivo fundamental xa non é defender o propio territorio, e o gran aumento de países membros ó tempo que se mantén a adopción de acordos por consenso. Apunta, tamén, as direccións ás que cada corrente dentro da Alianza quere orientar á organización.
- La Asociación para la Paz; pasado, presente y futuro tras la cumbre del 60 aniversario, de Federico Yaniz Velasco. Resumo: Análise da historia da Asociación para a Paz, logo de cumplirse en xaneiro quince anos dende a súa constitución.
2 de abr. de 2009
Palestino mata a machetazos a un adolescente xudeu
Um milheiro de israelis têm sido assassinados desde setembro de 2.000, em restaurantes, em discotecas, em autobuses, disparados pela rua, acoitelados. O 90 % de eles eram civis, na sua maioria mulheres e crianças. Temos visto todos e cada um dos sepélios. Um por um. Acompanhamos perto de mil funerais, com os discursos, com mães que querem arrojar-se nas tumbas dos seus filhos, com as fotos de rapazes cujas vidas se viram truncadas pelo facto de serem israelis.À minha esposa Rut, um dos centos de atentados sacudiu-na especialmente. Foi o 9 de Agosto de 2001 numa pizzeria do centro da nossa cidade, Jerusalém. Um terrorista entrou ao local com 10 kgs. De explossivos mesclados com cravos, parafusos e pernos, que fez detonar entre a gente, assassinando a umas vinte pessoas e ferindo a mais de cem. Entre os mortos achava-se a família Schijveschuurder, parentes de Rut. Os pais Zira e Mardoqueu morreram com três dos seus filhos, Raia de 14 anos, Abraham de 4 e Hemda de 2. Haia, a de 8 anos, sobreviveu ao ataque.Menciono os nomes porque os meios espanhois nunca os mencionam. Na sua televisão amosam as imagens dum autobus feito pedaços e dos padioleiros, e a continuação o vídeo sobre o assassino. De ele sim transmitem o seu nome e dados. As vítimas não têm nome. A televisão espanhola relata a vida do terrorista, a causalidade da sua acção, e a continuação, as câmaras trasladam-se ao seu fogar, onde vemos como os familiares sacam os enseres antes de que a sua casa seja eventualmente derrubada. De eles compadecem-se.
1 de abr. de 2009
Declaracións de Netaniahu
Nunha entrevista en The Atlantic, o dende o martes novo Primeiro Ministro de Israel, Beniamin Netaniahu, declarou ó xornalista Jeffrey Goldberg que está decidido a impedir que Irán acade armamento nuclear. Cita Goldberg: "O presidente americano, dixo, debe deter a adquisición por parte de Irán de armamento nuclear (e rápidamente), ou un Israel en perigo pode que se vexa obrigado a atacar as instalacións nucleares iranís por si mesmo".
"O erro da desconexión de Gaza foi que eles pensaron coma occidentais, que o compromiso difuminaría o problema, pero iso xusto avivou o problema. Os xihadistas viron a retirada coma unha derrota de Occidente... Agora, que lle estarás a decir se estás listo para dividir Xerusalén, ou se estás listo para retroceder ás liñas de 1967? Nesta clase de conflictos, a túa habilidade de defender e ser determinante é máis importante que a túa capacidade armada".
30 de mar. de 2009
Chantado no Medio
O xornalista Shmuel Rosner, colaborador habitual do Jerusalem Post, publica en The New Republic o artigo Stuck In The Middle no que especula sobre a incorporación do Partido Laborista ó goberno liderado polo Likud. Dende que Barak convencera ós delegados do seu partido, por un escaso marxe, para dar este paso, moito se ten escrito sobre os motivos que o levaron a unirse ao executivo encabezado por Netaniahu.
"(...) O destino do Partido Laborista é a cuestión fundamental na comprensión do futuro da política israelí. Unha minoría significativa do Partido votou a semana pasada contra a decisión do lider Ehud Barak de unirse á coalición; eles querían que el seguira o exemplo do propio Netaniahu, que durante años agardou marxinado na oposición antes de regresar triunfalmente ó poder o mes pasado. O erro deste razonamento é que cando Netaniahu estaba na oposición, foi o líder da oposición. Barak non ten tal luxo, posto que Kadima xa tomara a decisión de permanecer na oposición, relegando a Barak a un papel secundario. Barak tiña que escoller entre ser o segundo ó mando na oposición, ou ser segundo ó mando na coalición; un dilema moi diferente ó que se enfrentou Netaniahu hai tres anos. (...)
Sen embargo, a reorganización que se iniciou co movemento de Sharon continúa ahora co turno de Barak. De súpeto, non está moi claro quén é o centro e quen é a esquerda. Conseguiu o Mapais, uníndose ó Likud, trasladarse á dereita, deixando a Kadima na esquerda, e ocupando o terreno ideal centrista que Sharon preverao para o seu partido? Neste caso, a xogada de Barak será considerada como unha das súas máis brillantes manobras políticas (nunha carreira chea delas), quizáis salvándose a si mesmo e ó seu partido ó mesmo tempo. Tanto Netaniahu coma Barak parecen asumir que Kadima (coa súa corta historia, lider relativamente inexperta, e cunha ideoloxía non detectable, distinguible) non sobrevirirá anos na oposición. Cando eles pensaron na idea de unir fuerzas, moito antes das últimas eleccións, parecía que ambos estaban agardando para deixar que Kadima se derrumbase e, a continuación, volver á época do Likud e do Laborista coma cabezas da xeraquía política de Israel."
27 de mar. de 2009
A orquestra de Xenín
Co obxetivo de fomentar o entendemento entre dous mundos antitéticos, a empresaria e mecenas Shari Arison (a súa ficha en Forbes) promoveu a celebración na cidade de Xolón dun concerto interpretado pola orquestra Cadeas da Liberdade, formada por mozos e mozas cisxordanos, para un pequeno grupo de sobrevivintes da Shoá. A parte negativa é que parece querer establecer unha simetría imposible, pero sobre iso correremos un tupido velo. Non son moitas as inciativas de entendemento que fructiferan, co que é preferible non poñerse escrupulosos.
26 de mar. de 2009
O principio do fin de Avodá?
Logo de que os delegados de Avodá permitiran a Barak acceder ó Goberno liderado por Netaniahu por só cento e pico votos de vantaxe, a división no que dende a independencia e durante décadas foi pilar fudamental do Estado é máis patente que nunca. Segundo informa o Yediot, parece ser que dende o Kadima estarían intentando captar a aquel seitor dos laboristas que se opuxo á inclusión no novo Goberno.
Trinta anos de relacións entre Israel e Exipto
23 de mar. de 2009
Dispersos entre as nacións
Vals con Sísifo
Jonatan Yudelman expresa no seu artigo Walz with Sisyphus a súa opinión sobre a efectividade real da hasbará. Segundo o seu xuízo, intentar explicar a situación de Israel en toda a súa complexidade é mesmo contraproducente:
(...) Fora de América, poucos países occidentais se identifican con Israel. Para eles, ser occidental é, ante todo, non ser acusado de infrinxir sufrimentos. Israel parte da repulsa de Occidente cara o sufrimento. Tal vez pensa por esta razón que coas súas bágoas se gaña a súa simpatía. De feito, elas alentan ós seus enemigos e confunde ós partidarios. A amarga verdade é que a hasbará non é en absoluto propaganda, senón unha necesidade moral particular da psique israelí. E a necesidade de Israel de ser coñecido, coas súas verrugas e todo, non convence ós occidentais da xustiza da súa causa. (...)
Hamás e os medios
Un artigo de Miguel Bóo no Xornal de Galicia. Dende que Israel decretou o alto o fogo, o 17 de xaneiro, Hamás lanzou 81 misís e 49 bombas de morteiro contra os israelíes. Os medios de comunicación españois non deron a noticia nin nun solto, nin nunha cola de telexornal. Moitos deles están á espera de que Israel resposte para demonizar aos xudeos. Os ataques de Hamás, lonxe de tratarse de accións militares, concrétanse en 13 misís Kassam e dous Grad (estes cun alcance superior a 40 km) contra o exército israelí ¡e 68 contra a poboación civil! Do mesmo xeito, dos 49 morteiros guindados contra os xudeos, 9 o foron contra os seus uniformados ¡e 40 contra vivendas e escolas! Ademáis, nestes dous meses, os terroristas de Hamás continuaron traficando armas polos túneles gazatíes e tentaron sin éxito recepcionar un barco iraní cargado de armas. Como a opinión pública non sabe que Hamás nada respecta, ha considerar que os 5.000 millóns de dólares recadados para reconstruir Gaza (200 de España) deben irse afloxando. Con eles Hamás surtiráse de armas e habilitará máis túneles. E Israel defenderáse.