12 de jul. de 2007

Quietude

Acabo de ver en Cuatro un espeluznante documental sobre Corea do Norte. O rexime totalitario aparece nel amosado con tódalas súas contradiccións: privada a xente da súa condición de persoa, truncado o libre albedrío pola vontade do pobo (por non decir: de quenes interpretan esa vontade), nada lles queda ós coreanos máis que agardar novas ordes.

Por moito que saibamos que tódolos reximes comunistas acabaran por convertir á súa población en monicreques, o marxismo-leninismo mantén en certos ámbitos da esquerda un prestixio intelectual equiparable ó que o fascismo (non chamándolle así, claro, máis si o que iso era) mantén entre tanta xente que, dito dun xeito tosco e algo abusivo, poderían considerarse de dereitas. Tra-lo fracaso do socialismo real e o desgaste dos autoritarismos de corte falanxista, as actuáis democracias parlamentarias dos sistemas capitalistas conseguiron disgustar por igual ós acérrimos dunha e doutra postura (o que, en parte, axuda a sinala-la súa simetría), deixando só un carril no medio no que coexisten a social-democracia e o neoconservadurismo.

Sendo os neocons herdeiros, coas innegables reformulacións, da vella autoritas, non supuxo para eles un gran trauma adapta-los seus esquemas ás loterías eleitorais e márqueting político. Pero para a esquerda (por fortuna, non toda), que apostou duro por sistemas que opuñan o obxetivo da Xustiza Social fronte á iniciativa privada, estes novos sitemas políticos nos que se entroniza, e cada vez máis, ó libre albedrío, pódese decir que a pillaron co pe cambiado.

Ó marxe da xa crónica discusión de se a estas alturas do capitalismo aínda é válida a dicotomía esquerda/dereita, ou se a experiencia confirma a hipótese orteguiana, sempre me considerei de esquerdas. Sen embargo, debo decir que hai veces que non entendo cómo dende esa postura política se poden defender certas cousas que moitos asumen coma axiomas: a lista é algo longa, ademáis de previsible. Dame que se en tantos sitios non hai unha esquerda de futuro, non é porque non haxa causas nin medios, senón porque constuír un futuro supón deixar polo camiño parte do pasado. E hai medo porque, a diferencia deles, o noso porvir non é previsible.

E os días pasan sen tomar unha determinación. Collidos da man dos vellos herois apolillados, e sen máis expectativas que seguir agardando ata que o capitalismo se esnafre, a esquerda (na Galiza sabémolo ben) dilapida caudáis inmensos de enerxía, malgastadas á intemperie coma ese faraónico hotel valdeiro que nunca chegará a inaugurarse en Pyongyang.

6 comentários:

Colectivo GZ-Israel disse...

Pois ben simple. Esa esquerda que desculpa cando non defende a reximes delirantes como o coreano, o cubano ou o iraniano, simplemente non é esquerda. Esquerda e liberdade deben ser inseparábeis. Sen liberdade non hai democracia e sen democracia ninguén pode autocualificarse de esquerda.

Anônimo disse...

"o marxismo-leninismo mantén en certos ámbitos da esquerda un prestixio intelectual equiparable ó que o fascismo."

"Pero para a esquerda (por fortuna, non toda), que apostou duro por sistemas que opuñan o obxetivo da Xustiza Social fronte á iniciativa privada."

"sempre me considerei de esquerdas."

Pero a verdade é que vostede é moi de dereitas.

J. disse...

Entendo que a esquerda se desviou no momento no que apoiou reximes totalitarios. O marxismo-leninismo, na medida na lle nega ás persoas a súa condición de individuos dotados dunha esfera de dereitos e liberdades, é, para min, incompatible con prantexamentos denominados coma esquerda.

Outra cousa é que sempre me identifiquei máis coa vea libertaria da esquerda, a día de hoxe desatendida pola mesma, e que iso faga que en certas cousas concorde co que dun xeito moi xenérico se denomina coma "dereita liberal".

Anônimo disse...

Entendo que a esquerda se desviou no momento no que apoiou reximes totalitarios.
Claro, o liberal-capitalismo nunca apoiou reximes totalitarios.

"e que iso faga que en certas cousas concorde co que dun xeito moi xenérico se denomina coma "dereita liberal"."
Polo que levo lido aquí, eu diría que en todo.

J. disse...

Unha cousa non xustifica a outra. E as miñas concordancias con posturas políticas de dereita cínguense ó meu apoio a Israel. Nos demáis ámbitos idéntifícome co discurso e a praxe da esquerda, máis concretamente da social-democracia. Máis, para desgraza dos que nos ubicamos nesa posición ideolóxica, parece que no "lote" vai un antiisraelismo militante do cal eu me desmarco.

Anônimo disse...

Mais o apoio da dereita a Israel é moi recente na españa. So a esquerda herdeira do stalinismo alimentou o antisemitismo. Seria por aquilo da ascendencia xuda de Trosky. O sionismo forma parte da internacional socialista de sempre. Hoxe forzas que se din de esquerdas como o bng, polo que nos toca de perto, vese que na súa acción de governo tiran mais á defensa dos intereses pequeno-capitalistas do terruño ou á reedición das políticas fraguistas no plano social, que a unha auténtica política de esquerdas compromotida cas liberdades e a transformación da realidade. Facendo unha analise do reparto do pastel entre as familias do bloque atopamos moitas claves. O seu antisionismo e un deterxente para as súas insufribeis contradicións.