Siria invade o Líbano (outra vez)
E non pasa nada. De feito, os medios de comunicación nin sequera consideran oportuno mencionalo. É normal. Qué pode importanos unha nova que non serve para criminalizar a Israel? Pola contra, os libaneses, para os cales o conflicto árabe-israelí non é unha pantomima intelectual senón unha enorme putada, esta enésima inxerencia parece que si que lles preocupa. Así o recolle o xornal libanés Naharnet:
"Tropas sirias han penetrado tres kilómetros en el interior del territorio libanés, tomando posiciones en las montañas cerca de Yanta en el este del Valle de la Bekaa. Las fuentes dijeron que tropas sirias, apoyadas por bulldozers, fortificaban posiciones en más de un área a lo largo de la frontera libanesa, erigiendo montones de tierra y cavando cientos de trincheras y bunkers individuales." (...)
"¿Es posible que un país árabe pueda ser invadido por otro país árabe y no encontremos mención alguna en nigún medio de comunicación ni medio diplomático, ni queja alguna por parte del siempre antiisraelí Consejo de Seguridad de las Naciones Unidas? ¿Qué hubiera ocurrido si Israel hubiera enviado al Tzahal tres kilómetros dentro de El Líbano y hubiera construido trincheras y bunkers?" (...)
O Líbano é probablemente o país árabe que peor parado sae do conflicto árabe-israelí, e a máis das veces sen vir a conto. A súa estratéxica situación e a febleza do seu aparello estatal condéanno a se-la plataforma do islamismo contra Israel, para terror da súa población. Crónicamente ocupado por Siria, parasitado ata a médula por Irán, o Líbano non é quén de facerse respetar polos seus veciños. O intento á desesperada por rematar cos viveiros de terroristas do sur é o última medida tendente a poñer orde dentro das súas fronteiras, pero índa de saír vitoriosos non terían máis que comenzado o camiño.
Para tódolos que só se acordan dos países árabes cando poden imputarlle as súas desgrazas a Israel, ésta é unha ocasión inmellorable para demostrar a súa solidaridade cun país que realmente o necesita. E sen embargo, o único que se escoita é silenzo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário