O momento de marca-la liña
A continuación reproduzo a traducción ó galego dun artigo de Shlomo Ben Ami sobre os retos defensivos de Israel, publicado en Ynetnews. A aposta decidida de Ben Ami polos medios diplomáticos, e a destacada relevancia social que ten no seu país, fan del unha peza importante para acadar acordos cos países árabes moderados, prácticamente imprescindibles para axudar a supera-los atrancos que impiden a creación do Estado palestino. Xa na conferencia de Compostela incidira na idea de que Israel debería fomentar alianzas con ditos Estados, por teren todos eles o islamismo coma enemigo común e prioritario.
.
Aclarar que, onde fala de "home front" optei pola expresión "fronte doméstica" que, se ben resulta pouco natural, penso que reflicte ben a idea dunha fronte de batalla desdibuxada e en terreo israelí á cal alude. En caso de que algún fragmento resulte pouco claro, pode consultarse o orixinal aquí.
O momento de marca-la liña
A Segunda Guerra de Líbano, que comezou máis coma un acto reflexo que coma resultado dunha estratexia racional con obxectivos realizables, deixounos con varias conclusións importantes de cara ó futuro. Nunha guerra iniciada por un mesmo, coma no caso da Segunda Guerra do Líbano, a parte que comenza pode perde-la posición vantaxosa se o inimigo non é un exército regular que opere de acordo coas regras da guerra clásica. Isto é tamén o que lle aconteceu ao exército dos E.U.A. en Iraq. O ataque do choque e temor contra o exército de Saddam Hussein terminou nunha victoria concluínte, pero entón abríronse as portas do inferno, e o exército que ocupaba viuse atrapado nuha guerra asimétrica contra as milicias terroristas e suicidas.
Israel e as superpotencias máis fortes tamén fallaron igualmente en campañas asimétricas. Unha dura lección que aprender, que os israelís experimentaron persoalmente, son os límites difusos entre a fronte e a fronte doméstica.
Unha organización que non é un Estado tivo éxito ao usar a forza militar contra Israel coa forza dun exército, e ao obrar así redefiniu o campo de batalla futuro. Calquera inimigo, aínda que sexa un exército cunha enerxía inferior á das FDI, e cuxa cultura careza de calquera rastro da moralidade, non dubidará en usa-la súa capacidade balística para golpearnos na nosa fronte caseiro da maneira que fixo Hezbolá.
Un país pequeno e mesto coma é Israel non pode permitirse ser testemuña de novo das escenas do desamparo do pasado verán. O fortalecemento da fronte doméstica, sen prexuízo da importancia que pode ter, non pode se-la única resposta.
As vidas de residentes do norte non son menos valiosas cás dos residentes do centro de Israel. Sen embargo, un ataque de mísiles sobre Tel Aviv - e os sirios son capaces disto - terá implicacións de gran envergadura, posto que esta non é só a área máis densamente poboada, senón que tamén representa a cerna da economía de Israel.
Se Israel non pode prever tal ataque ou evitalo, éste tamén terá graves implicacións na economía israelí a nivel global.
Consenso internacional
A Segunda Guerra de Líbano foi a máis longa de tódalas guerras israelíes, a excepción da de Independencia. Se as FDI non gañaron a guerra non foi porque o mundo non lle dera tempo dabondo.
A paciencia da comunidade internacional fraqueou en varios puntos: En primeiro lugar, en determinado forcexeo dos réximes moderados do mundo árabe contra as forzas islámicas radicais, onde existe unha alianza secreta con Israel. A guerra de Israel contra Hezbolá foi tamén a guerra dos nosos veciños árabes.
Obviamente, Israel non debe asumir que esta alianza é incondicional. A resolución do conflito cos palestinos é vital para alentar esta alianza. EN Sharm-el Sheik comprobamos como, contrariamente á posición de Israel e dos E.U.A., Xordania e Exipto impulsaron un proceso diplomático que incluiría Hamas e non o aillaría. De feito, intentaron a renovación do goberno de unidade palestino entendendo que non habería armisticio, por non falar dun acordo, sen Hamas.
A separación entre Gaza e Cisxordania, que parece tan favorable a Israel, de ningunha maneira ata as políticas dos nosos aliados no mundo árabe.
A segunda razón da prolongada Guerra do Líbano foi o consenso internacional de que cada nación ten o dereito de protexe-las súas fronteiras, con tal de que se recoñezan e as fronteiras acordadas. Este é o caso entre Israel e Líbano. Non é o caso en relación a Siria e os palestinos.
Polo tanto, o establecemento dun muro invisible que marque as fronteiras internacionalmente acordadas de Israel debe ser unha compoñente vital na doutrina defensiva de Israel. Isto require unha estratexia que busque acordos diplomáticos e sexa consciente dos seus costes.
Para que ese muro se estableza, a enerxía disuasiva de Israel (que revelou defectos perigosos durante a Segunda Guerra do Líbano) debe ser restaurada sen arriscarse a unha guerra con Siria.

Nenhum comentário:
Postar um comentário