Agora vexo a luz
"Para os ilustrados occidentais a liberdade de expresión é sagrada e, polo mesmo, hai que respetala. Pois ben, para as persoas de relixión islámica Mahoma é sagrado… ¿Non hai que respetalo? Caricaturizar a Mahoma como un terrorista, cubrindo o seu rostro cun turbante en forma de bomba coa mecha acesa ou cunha daga amenazadora destinada a matar mozas virxes, é una insensata provocación desfiguradora, por máis que determinados fanáticos islamistas lancen bombas ou avións-bomba invocando o nome do Profeta e o nome de Alá."
"A provocación das VIÑETAS recórdame a práctica do DOBRE RASEIRO. Un debuxante fai un chiste groseiro sobre un negro. Iso é racismo. Un político nega o holocausto. Iso é antisemitismo . Un profesor afirma a superioridade dos varóns sobre as femias. Iso é machismo. Un debuxante insulta a Mahoma. Iso é liberdade de expresión."
Xa sei que o tema das caricaturas pilla un pouco lonxe pero, ó toparme por casualidade con esta alfaia, non me resistin a publicala aquí. Non é que esta xente estea a favor da censura, eh?, senón que están a favor da PAZ (musiquiña de Imagine incluída). Daquela xa mudo o conto. Fala ben ás claras de como algunha xente entende o mundo: para qué buscarnos problemas se podemos ser felices obedecendo?
Por outra banda, quero crer que o de equiparar a negación da Shoá coa parodia dunha relixión é froito da profunda ignorancia de quen escribe tal cousa, e non, coma me temo, do odio á liberdade que, no noso tempo, se agocha tra-la túnica da solidaridade.
Nenhum comentário:
Postar um comentário