7 de mar. de 2009

Cambio de rumbo

Con relación ó novo rexime de comentarios, anque de entrada estaba previsto para evitar a publicación daqueles que contiveran inxurias, e que polo tanto puideran acarrexarme, en canto mantedor, algún problema legal, a día de hoxe non tan improbable, logo de levar varios días operativo reparei noutra vantaxe que tal medida reportaba.


Dende que abrin o blog, nunca metín man nos comentarios. Esa situación facilitou que se verqueran opinións con total liberdade, se ben tivo a contrapartida de que, en (moitas) ocasións, houbera quen se escudara no anonimato para ser faltón. Tampouco me importou moito, porque non é comigo con quen se ensañan, senón con este alter ego ás veces tan falabarato que é o Julicheiro. Se eu non dou a cara, qué podía pedir? É máis; sendo sincero, moitas veces as pataletas dos super-revolucionarios fixeron que me pegara unha boa panzada de rir ... porque son coma nenos pequenos que se ofenden se non os tomas en serio :) ... e canto máis rabudos se poñen máis graza me fan :D 

Pero ocurreu que, ó levar a bitácora xa máis de dous anos aberta, acabaron por vir de cando en vez unhas cantas persoas, ás veces máis dacordo co contido, outras menos, pero que falan con educación e cordialidade, e cuxa presenza agradezo. E, sendo esta a xente que de verdade é enriquecedora e, polo tanto, estando eu interesado en que se poida sentir o máis cómoda posible, decidín censurar non só aqueles que conteñan insultos, senón todas as tonterías que, de cando en vez, algúen deixa na caixa de comentarios e só serven para engadir ruído. Por exemplo, o dese valente anónimo que exaltaba a determinación de Irán de facerlle un favor á Humanidade. Canseime. Aburriume. Un tempo ten o seu chiste, e claro que é divertido escarallarte de cando en vez destes analfabetos, pero cando intentas razonar en serio con xente que se alimenta só a base de Boltxes e Kaos en la red, resulta desesperante ver ata que niveis de inanición leva esa clase de dieta. Dígoo de todo corazón; a súa estupidez (sobre todo cando se cubre dun barniz cultureta e pretencioso) resúltame deprimente. E ademáis isto ten un efecto perverso; por contraste con eles, ás veces é un mesmo o que acaba por botar man da consigna, resolvendo con un par de lugares comúns, e quedándose, ó final, coa sensación de estar xusto onde eles se moven. No Pensamento Cero. 

Ollo; non se trata de censurar as críticas, senón de censurar as chorradas. As consignas, as nimiedades, as tonterías a granel. As paridas do estilo "Palestina vencerá!", "Sionismo=Racismo", ou "Israel terrorista" son estúpidas, aburridas e engordan. Os ciber-guerrilleiros que purgan a súa mala conciencia de clase vociferando o seu amor incondicional pola Revolución teñen xa sitios dabondo na rede, sen contar cos que parasitan, coma para cederlles aínda máis espazo e permitirlles que nos fagan perder o tempo. Seguirei permitindo anónimos, pero só se teñen algo interesante que decir, e sempre e cando o fagan con educación. Os demáis, para o caldeiro.

Espero que así se animen a falar ós leitores máis calados, sen medo a que algúen se lle bote ó pescozo, e este lugar resulte algo máis hospitalario para quenes asumen a responsabilidade das súas palabras.

6 comentários:

Anônimo disse...

Los blogs sin libre comentario no viven mucho tiempo.

J. disse...

Si, pero os blogs onde se poden publicar calquera cousa, anque non teña que ver co contido, só con ánimo de molestar, tampouco se fan agradables de ler.

Anônimo disse...

Para eso se pueden eliminar por el administrador. No hace falta la censura previa.

J. disse...

Esa é a outra maneira de facelo, pero descarteino porque requeriría estar todo o tempo pendente do correo.

Preguntón disse...

Está é a súa casa, e como casa súa fai o que lle peta. Faltaría máis. Libre somos todos de vir ou non vir. Eu seguirei paseando de vez en cando pola súa veciñanza. Aínda que teño que dicir que non estou de acordo con moito do que vostede defende. Pero sempre está ben ver distintos pareceres, outras formas de razoar.

Por moi mal que nos parezan certas actitudes do Estado de Israel, tampouco estou dacordo coas cousas dos amigos de Hamas (ou os ladróns de Al-Fatah). E sempre está ver argumentos que non saen habitualmente na prensa oficial e aínda por riba na nosa lingua que sempre resulta máis agradable de ler. :)

J. disse...

Veña cando queira e síntase libre de retrucar todo canto non lle guste :) Mesmo ás veces, cando volvo logo dun tempo a ler o que escribín, tampouco eu estou dacordo co dito (e moitas veces, co modo de decilo).

Saúdos.