16 de mar. de 2009

Likud e Israel Beitenu asinan un acordo de Goberno

Onte á noite Israel Beitenu asinou co Likud un acordo de Goberno, polo cal Avigdor Lieberman pasará a ostentar a carteiras de Asuntos Exteriores. Outros políticos do partido con responsabilidades ministeriais serán Yitzhaz Aharonovitch en Seguridade Nacional, Uzi Landu en Infraestructuras, Stas Meseznikov (tamén escrito Miseznikov) en Turismo, e Sofa Landver en Absorción de inmigrantes.


No campo do laicismo, o acordo contempla o recoñecemento do matrimonio civil para os cidadáns non xudeus. Asi mesmo, o texto é susceptible de ser revisado se finalmente Kadima aceita integrarse nun Goberno de unidade nacional. (Jerusalem Post)

10 comentários:

SIMON BAR KOCHBA disse...

E dado que já estám adjudicadas, que possa lembrar agora, as carteiras de Exteriores, Justiça, Infraestruturas, Defesa, Economia (que semelha que ostentaria o próprio Netanyahu, para além do cárrego de 1º Ministro),... Pergunto-me: que carteira lhe endosariam a Tzipi "Ganhei!" Livni? A de Agricultura? A de Transports quizá?

Anônimo disse...

O senhor julicheiro gosta de basura esquerdista.

Por certo, non debería preocuparse tanto cos comentarios e si coas ligazóns esas da dereita.

Im-Pulso disse...

Non e unha boa nova.

J. disse...

Félix:

A min Lieberman tampouco me gusta nada. Non é extrema-dereita coma se di por doquier, máis si un populista e un demagogo. As opcións de tender a man foron fracasando unha tras outra, e nese contexto é normal que xurdan persoaxes coma este, malos, ao meu ver. E que conste que creo que o seu auxe debeuse moito ó zigzagueo de raposo vello de Netaniahu.

Cossimo:

Gostei, e moito, desa basura esquerdista. Oviamente, nese punto coma en outros, as miñas opinións son diferentes das de Simón, maila que non lle vou negar un coñemento da situación bastante máis por riba do que se estila nestos lares (inclúome).

E, se non é moito preguntar, pódese saber cales son eses enlaces da dereita que deberían preocuparme?

Anônimo disse...

Averigueo vostede mesmo que eu non teño nin tempo nin estómago para explicarllo.

J. disse...

Non fai falla poñerse faltón.

Xoán Salgado disse...

Eu gustaría dun goberno con Kadima e Avodá. Pero o que sexa, será. Respecto como non podía ser doutro xeito o que os israelís decidan. E gustoume Vals con Bashir.

J. disse...

A min atraíame máis a idea da unidade nacional, para encarar os retos que se aveciñan co maior respaldo social posible, pero isto é o que hai.

Un saúdo, e grazas a todos polos seus comentarios.

Im-Pulso disse...

J.,
Eu tampouco falaría de extrema dereita para describir a Lieberman. É conservador e populista, pero non é fascista ou cousa semellante.
O que preocupa dese político -ao marxe de que teño coincidencias coa súa concepción da vida social- é a súa convición de que a solución antepón a solución militar e só militar á inevitabilidade de construir un Estado palestino é normnaliza-las relacións israelo-árabes. Obxectivo que hoxe parece lonxano pero que debería ser, ¡sen dúbida!, o facho cara o que navegar.
Falar de bombas atómicas e de botar aos palestinos ao mar -como ten feito Lieberman- equipara aos ollos do mundo a un sector de Israel aos fanáticos de Hamás, que, pro certo, seguen a lanzar coetes coa finalidade de reaviva-la guerra, que é a "normalidade" que necesitan.
Un goberno no que Lieberman ten carteira é motivo de preocupación, confíemos en que o raposo (Netaniahu) saiba controlar as paixóns.

Im-Pulso disse...

No meu comentario anterior, escribín "teño coincidencias coa súa concepción da vida social", cando en realidade quixen dicir que "NON TEÑO..."
Coido que a puntualización é necesaria. Grazas.